Asubío Baile Galego
Gala "Lume nos pés" o domingo 27 de abril no Caixanova
O vindeiro domingo 27 de abril ás 17.30 horas no Centro Cultural Caixanova de Vigo(entrada rúa Rosalía de Castro) terá lugar a Gala "Lume nos pés".
Diferentes agrupacións de asociacións veciñais, que durante todo o ano cultivan as manifestacións artísticas tradicionais participarán nesta gala conxunta para amosar o seu traballo a todas as persoas que queran achegarse a gozar da música e do baile tradicional galego.
Serán 7 agrupacións, de gaitas, baile e pandeiretas procedentes 3 asociacións veciñais
as que darán mostra do seu repertorio:
- Grupos de baile, gaitas e pandeireteiras da S.V.C.D. Nautilius de S. Andrés de Comesaña.
- Grupo de baile "Avelurio", grupo de gaitas "Do Val do Fragoso" e o grupo de pandeireteiras
"Cantaruxas" da A.V.C.U.-C.S.C.D.R. "Val do Fragoso".
- "Pandeireteiras do Freixeiro" da A.V. Pontenova - Freixeiro.
Festa da boa ao estilo tradicional na II Noite de Fiadeiro en Ramirás
Desde a Escola de Baile e Música Tradicional Rebulir convídannos a participar na II Noite de Fiadeiro.
Será vindeiro sábado 26 de abril, a partir das 20:30 h. cando se abrirá o torreiro da festa.
O lugar elexido é a Praza de San Andrés, no pobo de Vilavidal do Concello de Ramirás (Ourense). A Praza que estará cuberta cunha boa carpa ( así que non se suspenderán os actos inda que chova ). Haberá pulpeira e unha taberna para ir repoñendo forzas segundo a noite avance, para chegada a media noite podamos facer o brinde cunha cunca de queimada que se repartirá gratuitamente entre os presentes.
As persoas iniciadas tamén terán oportunidade de aprender uns puntos e unhas coplas que botar na festa ás 16.30 horas, no obradoiro de iniciación á música e baile galegos.
Para a ocasión colaboran 10 colectivos do eido da música tradicional polo que música e troula non van faltar:
- Escola Provincial de Danza – Castro Floxo ( Ourense )
- Aula de Música Tradicional Gomes Mouro ( Ourense )
- Grupo Coanhadeira – Música en galego ( Ourense
- Grupo Folk Vichelocrego ( Ourense
- Grupo de baile Solpor ( Celanova )
- Grupo de música tradicional Airiños do Arnoia ( Arnoia )
- Grupo de pandereteiras Debanadoira ( Maceda )
- Grupo de Música Tradicional MaÇaeda da Limia ( Maceda )
- Grupo de Gaitas do Concello de Paderne de Allariz
- Grupo de Pandereteiras Alicornia ( Soutomaior – Pontevedra )
Os fiadeiros son a adaptación dos seráns a realidade da Provincia de Ourense, onde os fiadeiros eran máis habituais, sobretodo nas Terras de Celanova.
* Para chegar desde Vigo pódese coller a autovía A-52, ata a saída de A Cañiza - Crecente, vindo despois pola carretera que une A Cañiza con Celanova, pasando por Cortegada ate chegar a Vilavidal (Ramirás). Tárdase aproximadamente unha hora desde Vigo (Tamén se pode vir pasando por Crecente).
Denuncia con música e festa en baiona: 1º serán á beira do mar
A recentemente constituida Asociación Cultural Ximbaleu, está a organizar un gran acto reivindicativo en contra de Feira de Abril organizada polo Concello de Baiona.
O acto consistirá na realización dunha gran concentración de Gaiteiros, pandereteiras, regueifeiros,.... esta sábado 26 de abril dende as 12h. ata as 24 h. O punto de encontro será no parque da Palma ás 12h.
Dende Baiona convidan a todos e todas a participar deste acto reivindicativo e acudir con gaitas, pandeiretas e moitas ganas de Festa.
Manifesto:
SOBRE A IMPROCEDENCIA DA FEIRA DE ABRIL EN BAIONA
Os días 25, 26 e 27 de abril de 2.008 a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona (ACEBA), o Concello de Baiona e Escola de Flamenco de Baiona están a preparar a 1ª Feira de Abril en Baiona remedando a aquela de Sevilla. Segundo se fala por aí, o pouco que se sabe, o venres 25 sairán as carrozas de cabalos do Castelo cara a praza do concello. Sábado 26 desde as 11h. da mañá ate as 12h. da noite queren poñer música ambiental, xa sabedes de cal, todo o día e actuacións nun gran toldo instalado na dita praza con casetas, incluídas. O domingo 27 máis do mesmo pero até as 9h. do serán.
Está ben que a Escola de Flamenco de Baiona mostre os seus bailes como fan outras escolas de baile de Baiona, ou alumnos de tai-chi ou as magníficas costureiras que fan traxes para a Arribada. O que parece non estar ben e que se lle dediquen tres días a esta festa cos cartos do orzamento da cultura do concello e dos que aportan comerciantes e empresarios á súa asociación.
Abondaría, si, dedicarlle unhas horas á Escola de Flamenco para que os seus membros, dirixidos por esa grande profesional que é Tatiana, a neta de señora Amelia A Curuxeira, mostren as súas habilidades bailaoras.
Ademais entenderíamos esta festa no medio dun maremágnum de expresións de distintas culturas pero sempre prevalecendo a nosa e non organizando o propio Día das Letras Galegas a Festa da Bicicleta facendo fuxir á xente de Baiona no canto da organización ese día, esa semana e todo o ano de actos lembrando a figura, de Xosé María Álvarez Blázquez con vinculacións miñoranas e incluso baionesas. Ese día das letras era ben artellar unha Feira do Libro dentro da rede de Feiras Culturais ademais subvencionadas pola Xunta (ollar DOG 9/abril/2008).
Cremos polo tanto que é unha irresponsabilidade social e cultural a organización desta Feira. Non esquezades, gobernantes, comerciantes e empresarios que os mariñeiros de Baiona manteñen viva logo de máis de 500 anos a danza das espadas expresión gremial enorme, chea de forza e aproveitando isto organizar, por exemplo, unha xuntanza encontro ou se queredes chamádelle feira de danza de espadas da Península Ibérica. Acordádevos do noso que o tedes esquecido e abondo traballo custou manter vivo este baile orgullo dos que nos sentimos baioneses e temos claro a Baiona e O Val Miñor que queremos.
Ruada - serán en Catoira organizado polas amas de casa do lugar
Desde a Asociación Cultural Retrouso informan que este sábado 26 de abril celébrase a primeira ruada-serán en Catoira, no edificio Aragunde, a partir das 9 da noite.
Organízano as amas de casa do lugar, entre as cales hai unhas cantas señoras maiores que cantan ben fermoso, incluso teñen un blog, onde podedes saber un chisco máis destas señoras.
IV Foliada de Melide, domingo 27 de abril
Desde a Asociación Cultural e Musical O Castelo convídannos a vivir unha xornada festeira cun completísimo programa de actividades. O vindeiro 27 de abril no Pazo de Congresos e Exposicións de Melide.
Programa
11:00 Apertura exposicións e mostra de artesanía
A Galicia enxebre: visión xeral
Organiza: Agrupación Folclórica Castelo
Os xogos populares (Obradoiro)
Organiza: Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional
Mostra biblio-discográfica da música tradicional galega. Organiza: Escola de gaita e percusión galegas Axóuxere
Exposición fotográfica sobre o desastre no río Catasol e as xornadas de limpeza. Organiza: Asociación de troiteiros Río Furelos
Instrumentos antigos.Organiza: Pepe temprano
Conferencia no Edificio Multiusos: III Seminario de palletas e pallóns para gaita galega
(Organiza: Asociación Gaiteiros Galegos
12:00 Títeres Tres Globos de Melide presenta a obra "O Sapo encantado"
13:00 Actuación da Banda de gaitas Estivada de Calo
13:30 Mostra de baile tradicional
Asociación Cultural Deportiva A Meda do Castro (Sada)
14:00 Obradoiro tradicional "A Forxa"
15:00 Xantar Popular
17:00 Contos e historias de tradición oral. Celso F. Sanmartín
17:00 Obradoiro: Construcción de xoguetes sonoros. Luciano Pérez
18:00 Actuación: Tino Baz, Cantor de música tradicional e poesía galega
19:00 Marcha Gaiteira, na que desfilarán:
-Agrupación Folclórica CASTELO (Melide)
-Esc. de gaita e percusións galegas AXOÚXERE (Melide)
-Gaiteiros FROITO NOVO (Melide)
-OS MELIDAOS Gaiteiros (Melide)
-Grupo de gaitas A MARISTELA (Sobrado)
-Grupo de gaitas BICO DA BALOUTA (Agolada)
-Grupo de gaitas CHARAMELA (Antas de Ulla)
-Grupo de gaitas PAO DE BUXO de Saídres (Silleda)
21:00 Serán
23:30 Actuación:Pablo Seoane
A media noite QUEIMADA de balde para tod@s @s asistentes
ORGANIZA: Asociación Cultural e Musical O Castelo
COLABORA: Concello de Melide
PATROCINAN:Consellería de Cultura e Deporte
Consellería de Innovación e Industria
Deputación da Coruña
Algo se quece xa en torno á "II Noite de Fiadeiro" en Ramirás
Xa está aquí, xa está ao caer... A menos dun mes poderemos gozar da II Noite de Fiadeiro organizada polos nosos amig@s da  Escola de Baile e Música Tradicional "Rebulir", e para a que están ultimados xa os derradeiros detalles.
Lembramos que a data na que van a celebrala é o derradeiro sábado do mes de Abril, sábado 26.
Adianto do programa:
Comezaremos arredor das 8:30 da tarde na Praza de San Andrés que estará cuberta cunha carpa e adornada con luces.
Na mesma Praza estará un posto de pulpo e unha taberna para poder mollar as gorxas segundo vaia avanzando a noite.
A organización lanza unha mensaxe clara:
"Esperamos vervos a tod@s o día 26 Bailando, Cantando, Tocando en definitiva Pasándoo ben. Xa vos avanzaremos mais detalles, porque ai que deixar algunha sorpresa no tinteiro.".
Os nosos amigos achégannos as claves para chegar de forma sinxela desde Vigo: basta con coller a saída da A-52 na Cañiza e vir por Cortegada ou por Crecente ata chegar a Vilavidal ( Ramirás )nun traxecto que dura 1hora aproximadamente.
Ata o momento e para empezar contan xa cun grande elenco de colectivos festeiros:
- Escola Provincial de Danza – Castro Floxo ( Ourense )
- AOFT Gomes Mouro ( Ourense )
- Grupo Coanhadeira – Música en Galego ( Ourense )
- Grupo Folk Vichelocrego ( Ourense )
- Grupo de Baile Tradicional Solpor ( Celanova )
- Grupo de Música Tradicional Airiños do Arnoia ( Arnoia )
- Grupo Pandereteiras Debanadoira ( Maceda )
- Grupo de Música Tradicional MaÇaeda da Limia ( Maceda )
- Grupo de Música Tradicional do Concello de Paderne de Allariz
- Grupo de Pandereteiras Alicornia ( Soutomaior – Pontevedra )
Xa temos gateir@sss!!
A pesar de que continúan as críticas por parte dalgúns sectores conservadores hacia o blog, aquelas persoas que entendemos internet como unha pequena ventá que nos abre cara ao mundo e tamén nos axuda a estar mellor comunicados coa nosa contorna máis próxima e compartir recursos:info, fotos, enlaces, vídeos... Continuaremos a informar de todas as novidades Asubieiras.
Nesta ocasión temos o pracer de poder contar que dende o pasado mes de xaneiro xa temos gaiter@s: son xoves, dinámicos e cheos de ilusión: Sarai e Jhoni (nome artístico), dúas promesas forxadas en diferentes escolas, festas e seráns. Ensairán connosco unha vez ao mes para ir aprendendo o noso repertorio e poñer son en cada unha das nosas actuacións.
Venres de música e baile itinerantes na cidade de Ourense
Comeza un novo ciclo de "Venrespirar" na cidade de Ourense. Un novo ciclo de festas itinerantes de música e baile en diferentes locais da cidade de Ourense coincidindo co primeiro venres de cada mes (salvo en maio que será o segundo), polas noites a partir das 22.00 h. e ata a 1.30 h. ou ata que dure a festa.
As datas e lugares son:
1 de febreiro......Liceo
7 de marzo.........Efémera
4 de abril.........Foula
9 de maio..........Don Gaetano
6 de xuño..........Ollo Ledo
As festas están abertas a toda a xente que se anime a vir e participar de calqueira xeito, xa sexa tocando, bailando, cantando ou simplimente tomándo algo e gozando do ambiente.
Quedades tod@s convidados a vir e participar!!!
Moxenas faise escoitar na Galicia sur esta fin de semana
Esta fin de semana o artista gaiteiro "Moxenas" é o protagonista na Galicia sur. O sábado 26 de xaneiro ás 18:00 horas celébrase no Centro Veciñal e Cultural de Valadares (Estrada Xeral de Valadares 233, Vigo) o primeiro concurso de gaitas co seu nome.
A entrada é de valde ata completar aforo. Estamos en condicións de asegurar que será un gustazo para os ouvidos, dado o nivel da maior parte dos concursantes presentados, o que porá moi difíciles as cousas ao xurado escollido.
Ao día seguinte, domingo 27 de xaneiro, ás 18 horas, no Centro Goianés (Avda. Ordoñez, Goián - Tomiño) "Moxenas Musical Galego" levará o seu espectáculo a esta pequena localidade a orillas do Miño, tras voltar estes mesmos días dun concerto en Aragón.
Ficades todos convidados a un paseo polo Lagares e máis o Miño montados en gaita con remos! ;)
Combo clases agarraos + cea + serán en Arbo
O sábado 26 de xaneiro a partir das 22.30 horas celébrase o xa tradicional serán de Arbo nunha ubicación moi peculiar: a casa cuartel da Garda Civil. Unha cita sempre moi animada nun lugar canda menos diferente...Todo organizado pola A.C. Barca de Loimil.
Previamente ao serán teremos a oportunidade de acudir ás 18 horas a un curso rápido de baile tradicional, nesta ocasión centrado nos agarraos: esa asignatura que moit@s temos aínda pendentes... Logo do cursiño teremos a oportunidade de gozar dunha cea ao asequible prezo de 15 € no restaurante "Os Pirús" na mesma localidade de Arbo.
As persoas interesadas xa poden anotarse á cea chamando ao tfno. 986 665 164. Animádevos a participar desta sesión sen tregua! Vémonos en Arbo!!