inicio


Asociación Folclórico-Cultural A Subela
A Subela nace en Foz no ano 1998 cos obxectivos de impartir cursos de baile e canto galegos, promover festivais, recuperar tradicións folclóricas e difundir a nosa cultura por aqueles lugares aos que somos convidados

CONTACTAR
asubelafoz@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERIA de FOTOS HISTÓRICAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XIV Festival Aires do Masma
Onte celebramos a XIV edición do Festival Aires do Masma en compañía de dous grupos amigos que nos fixeron pasar unha noite máxica e moi entretida: as Cantareiras Mestura de Meirás e a Asociación Folclórica Sta María de Torás. A calidade de ambolos dous grupos, así como o esforzo d@s nos@s bailador@s e músic@s por amosar o seu talento artístico foi un agasallo para os nosos ouvidos e para nosa vista e arrancau numerosos aplausos do público asistente.

Dende aquí queremos agradecerlles aos grupos invitados a súa presencia no noso festival e felicitar aos tres grupos pola sua posta en escena e o seu bo facer danzarina e musicamente.

Tamén queremos agradecer un ano máis o patrocinio e colaboración da Asociación Sempre Foz, da Area de Cultura da Dep. Provincial e do Concello de Foz, así como do comercio local.

Finalmente un agradecemento especial ao publico asistente polo seu acollemento e calor para cos grupos participantes e polas súas críticas constructivas para coa duración do festival. Dende aquí prometémoslles que na vindeira edición intentaremos axustar mellor os tempos das actuacións.


Comentarios (0) - Categoría: 2.- Novas - Publicado o 21-07-2013 23:33
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Tf 645 485 956