inicio


Asociación Folclórico-Cultural A Subela
A Subela nace en Foz no ano 1998 cos obxectivos de impartir cursos de baile e canto galegos, promover festivais, recuperar tradicións folclóricas e difundir a nosa cultura por aqueles lugares aos que somos convidados

CONTACTAR
asubelafoz@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERIA de FOTOS HISTÓRICAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XXII FESTIVAL de FOLCLORE de REBOREDA
O pasado 22 de agosto estivemos en Vilanova de Cerveira (Portugal) para participar no XXII Festival de Folclore de Reboreda. Tivemos a honra de ser invitados a un dos festivais máis relevantes do norte de Portugal polo número de grupos participantes. Nesta ocasión sete grupos deleitamos ao númeroso público asistente. O festival desenvolveuse nunha carballeira que acollía unha romería tradicional minhota con numerosas comidas campestres e bo ambiente de camaradería. Tamén aprobeitamos a viaxe para levar @s nos@s bailador@s máis pequen@s a Bracalandia, que segundo nos veñen comentando lles gustou un montón¡¡



Comentarios (0) - Categoría: 2.- Novas - Publicado o 22-07-2010 00:11
# Ligazón permanente a este artigo
XI FESTIVAL AIRES do MASMA
O pasado 17 de xullo celebrouse a XI edición do FESTIVAL AIRES do MASMA. Este ano acompañáronos o grupo Coros y Danzas del Real Grupo Cultural Covadonga de Gijón e a Asociación Música y Folclore de Magallón (Zaragoza).

Desde aquí queremos agradecer a colaboración do comercio focense e das institucións patrocinadoras, pois sen a súa implicación non sería posible levar adiante o festival.

Tamén queremos felicitar a todos os grupos participantes polo excelente nivel artístico que amosaron, así como pola complicidade que axiña estableceron co numeroso público que se congregou nas Ramblas para velos. Neste sentido, agradecemos os calurosos aplausos con que os asistentes ovacionaron @os bailador@s e artistas.






Comentarios (0) - Categoría: 2.- Novas - Publicado o 21-07-2010 23:55
# Ligazón permanente a este artigo
XVIII Mostra Infantil do Arco da Vella
O pasado 26 de xuño fomos invitados pola Asociación Foclórico-Cultural Arco da Vella de San Miguel de Reinante á sua XVIII mostra infantil. Nesta mostra estrenouse Uxio como gaiteiro.

Aquí temos algúns dos momentos máis representativos.


Comentarios (0) - Categoría: 2.- Novas - Publicado o 21-07-2010 23:47
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Tf 645 485 956