inicio


Asociación Folclórico-Cultural A Subela
A Subela nace en Foz no ano 1998 cos obxectivos de impartir cursos de baile e canto galegos, promover festivais, recuperar tradicións folclóricas e difundir a nosa cultura por aqueles lugares aos que somos convidados

CONTACTAR
asubelafoz@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERIA de FOTOS HISTÓRICAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XXI Mostra folclórica Arco da Vella
Este pasado 29 de xuño fomos invitados pola Asociación Folclórico-Cultural Arco da Vella a participar no XXI Mostra Folclórica de San Miguel de Reinante. @s nos@s pequeneir@s disfrutaron dunha velada moi intensa e entrañable en compañia do grupo anfitrión e da Asociación Folclórica de Lugones (Asturias). Os tres grupos arrancaron numerosos aplausos do pública asistente, sobre todo @s pequen@s que están dando os seus primeiros pases de baile pola gracia con que o fan. Parabéns a todos eles.

Dende aquí queremos agradecer a invitación realizada polo noso amigo Enrique Penabade, un grande amante e promotor do folclore tradicional galego e que sempre está disposto a colaborar con nós cando llo pedimos.


Comentarios (0) - Categoría: 2.- Novas - Publicado o 30-06-2013 16:36
# Ligazón permanente a este artigo
Celebramos as Letras Galegas en Monterroso
O pasado 19 de maio acudimos a Monterroso a celebrar as Letras Galegas co grupo Infantil e Xuvenil da Asocación Folclórica Falcatrueiros. Foi unha xornada moi emocionante para @s nos@s pequeniñ@s pois era a primeira vez que facían unha excursión todos xuntos como grupo da Subela en autobús.

Aprobeitamos a xornada para visitar a area recreativa da Peneda, un lugar moi bonito nas beiras do rio Ulla. Pena que non acompañase o tempo para disfrutar das piscinas e do lugar para comer alí. Outra vez será.

Felicitamos @s nos@s pequeniñ@s polo ben que o fixeron e agradecemos a invitación que nos fixeron dende Falcatrueiros para acudir a Monterroso.

Comentarios (0) - Categoría: 2.- Novas - Publicado o 30-06-2013 16:36
# Ligazón permanente a este artigo
Romaría do Bispo Santo 2013
O pasado sábado 18 de maio os nos@s gaiteir@s estiveron amenizando, ata onde a choiva lles deixou, a Romaría do Bispo Santo.

Dende aquí queremos agradecerlle á Comisión de Festas o interese en contar con nós nesta edición e a súa preocupación polos nos@s músic@s nun día tan desapacible. Se ese interese permanece vivo para vindeiras edicións, agardamos poder executar un pasarrúas menos mollado e máis vistoso, coma saben facer ben os nos@s mociñ@s.

Grazas tamén a eles polo esforzo realizado nun día que parecía máis de invernía e temporal ca non de primavera.
Comentarios (0) - Categoría: 2.- Novas - Publicado o 30-06-2013 16:36
# Ligazón permanente a este artigo
Estivemos nas festas de Obe
O grupo de gaiteir@ss de A Subela estivemos o pasado domingo 5 de maio amenizando a procesión e a sesión vermut das festas de Obe, en Ribadeo. A sona do noso grupo musical xa empeza a ser recoñecida na comarca e agardamos que axiña trascenda os limites da mesma, pois a calidade musical d@s nos@s gaiteir@s xoves é altísima.

Comentarios (0) - Categoría: 2.- Novas - Publicado o 30-06-2013 16:35
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Tf 645 485 956