inicio


Asociación Folclórico-Cultural A Subela
A Subela nace en Foz no ano 1998 cos obxectivos de impartir cursos de baile e canto galegos, promover festivais, recuperar tradicións folclóricas e difundir a nosa cultura por aqueles lugares aos que somos convidados

CONTACTAR
asubelafoz@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERIA de FOTOS HISTÓRICAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Presentación das Gaiteiras de A Subela

O pasado sábado día 4 de maio presentouse "oficialmente" o Grupo de Gaiteiras de A Subela na VI Xuntanza de Asociacións que organiza a Asociación de Amas de Casa de Foz no Bispo Santo.

Un ano máis a Asociación de Amas de Casa quixo contar coa Subela para amenizar os actos que alí celebran, e nós quixemos aprobaitar esta excelente ocasión para dar a coñecer o noso grupo de gaiteiras. Este grupo está composto integramente por nenas e raparigas que van desde os 11 anos aos 16.

Xorxe, o noso mestre de gaita foi o encargado de entusiasmalas e animalas para que desen este importante paso.

Para elas foi un día moi especial que seguro recordarán cando sexan adultas e para á nosa asociación un motivo de satisfacción pola consecución deste grupo de gaiterias, que é o segundo que se constitue na Mariña despois do mítico grupo das Meniñas da Saudade de Ribadeo.

Parabéns para todas elas, e tamén para o noso mestre de Música polo seu empeño en sacar adiante este grupo femenino.

Finalmente grazas a Asociación de Amas de Casa pola súa atención cara o noso grupo.
Comentarios (0) - Categoría: 2.- Novas - Publicado o 11-05-2013 17:42
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Tf 645 485 956