inicio


Asociación Folclórico-Cultural A Subela
A Subela nace en Foz no ano 1998 cos obxectivos de impartir cursos de baile e canto galegos, promover festivais, recuperar tradicións folclóricas e difundir a nosa cultura por aqueles lugares aos que somos convidados

CONTACTAR
asubelafoz@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERIA de FOTOS HISTÓRICAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

3º Xuntanza de Asociacións de Mulleres da Mariña
O noso grupo musical estivo a mañá do sábado dia 24 no Santo amenizando o 3º Encontro de Asociacións de mulleres da Mariña, organizado pola Asociación de Amas de Casa Virxe do Carme, en colaboración coa Delegación da Muller do Concello de Foz. O paraxe xa é ideal para a sonoridade das gaitas, porén o día radiante aínda axudou máis a que as nosas gaitas fixesen a ledicia das xentes alí congregadas. Incluso algunhas delas se amimaron a botar un baile: foi o caso de Nelli e Ana a quen poderedes ver disfrutando das nosas interpretacións neste video-clip.
Un saúdo para elas e para todas as persoas alí reunidas que tanto nos aplaudiron, e un agradecemento especial á presidenta da Asociación de Amas de Casa Tere Chao por ternos invitado un ano máis a acompañalas neste acto tan entrañable.

Comentarios (0) - Categoría: 2.- Novas - Publicado o 26-04-2010 14:08
# Ligazón permanente a este artigo
Festival da Primavera (Burela)
O pasado 19 de Marzo participamos no I Festival de Primavera organizado pola Asociación Folclórica Ledicia de Burela. Veredes, neste video-clip, como progresaron @s nos@s bailador@s máis pequenos. Incluso catro delas xa marcaron os seus primeiros pasos cos medianos, e de xeito maxistral ¡¡¡
Noraboa aos nosos mestres de baile e de música por manter o interese dos nosos pequenos pola música e danza popular e por facer posible eses progresos que pouco a pouco se van facendo realidade.
Tamén queremos agradecer a adicación desinteresada de Xusta que nos fornece das gravacións integras das actuacións e eventos da Asociación. Se algúns socio ou socia quere ter algunha destas gravacións, non ten máis que comunicarllo a calquera dos membros da Xunta Directiva.

Categoría: 2.- Novas - Publicado o 22-04-2010 11:58
# Ligazón permanente a este artigo
ALGÚNS MOMENTOS da CEA de A SUBELA 2010
O pasado 10 de abril celebramos a Cea Anual de Confraternidade. A cea estivo amenizada por Juán y su Guitarra, e tamén pol@s nos@s músic@s noveles dirixidos polo noso afamado director musical, Xorxe.

Contamos con numerosos soci@s, simpatizantes e amig@s da asociación, e entre todos pasamos un rato ameno e de irmandade.


Se clicas aquí verás algún deses momentos








Categoría: 2.- Novas - Publicado o 01-04-2010 18:00
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Tf 645 485 956