inicio


Asociación Folclórico-Cultural A Subela
A Subela nace en Foz no ano 1998 cos obxectivos de impartir cursos de baile e canto galegos, promover festivais, recuperar tradicións folclóricas e difundir a nosa cultura por aqueles lugares aos que somos convidados

CONTACTAR
asubelafoz@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERIA de FOTOS HISTÓRICAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

BAILAMOS, TOCAMOS E... DELEITAMOS EN CANGAS¡¡
O pasado domingo 27 de febreiro bailamos, tocamos e...deleitamos en Cangas¡¡

Invitados pola Asociación de Veciños Os Castros de Cangas de Foz acudimos todas as seccións da Subela ao Centro Cívico do lugar para actuar.

Numeroso público da parroquía e familares das bailadoras/es e músicos acudiron para disfrutar dunha velada de domingo, que foi especialmente entrañable por que se estrenaban algúns dos bailadores e bailadoras máis pequeniños fora da nosa localidade.

É de destacar os numerosos aplausos que arrancaron do público asistente, polo seu bó facer, o grupo senior, o grupo de gaitas e o grupo das cantareiras e pandereiteiras.

Dende aquí queremos agradecer a invitación que nos fixo a Directiva da Asociación os Castros, e tamén o acollemento que recibimos no Centro Cívico por parte do público asistente.

Na foto podedes ver un momento do baile dos máis pequeniños.
Comentarios (0) - Categoría: 2.- Novas - Publicado o 10-03-2011 11:36
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Tf 645 485 956