inicio


Asociación Folclórico-Cultural A Subela
A Subela nace en Foz no ano 1998 cos obxectivos de impartir cursos de baile e canto galegos, promover festivais, recuperar tradicións folclóricas e difundir a nosa cultura por aqueles lugares aos que somos convidados

CONTACTAR
asubelafoz@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERIA de FOTOS HISTÓRICAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

As fotos da V Foliada Infantil

Aquí están as fotos da V Foliada Infantil que celebramos con grande éxito de público este pasado sábado 21 de decembro. Con nós estivo a Asociación Osorio Gutiérrez de Vilanova de Lourenza, a quen lles queremos agradecer a súa presencia neste evento, que xa se consolida como un dos actos centrais do nadal focense.
Tamén queremos agradecer a inestimable colaboración do Concello de Foz, que un ano máis puxo á nosa disposición os recursos humanos e materiais necesarios para facer a foliada.

Finalmente queremos felicitar a tod@s os nen@s bailador@s, músicos e presentadores polo ben que o fixeron no escenario. A súa actuación foi un agasallo de nadal moi especial para os familiares e público en xeral que acudimos a velos.


Comentarios (1) - Categoría: 2.- Novas - Publicado o 22-12-2013 22:19
# Ligazón permanente a este artigo
V Foliada Infantil de Nadal

Outro aniño máis, A Subela convídavos a tod@s a pasar unha tarde de música e baile tradicional, da man dos máis novos (que veñen pisando forte).

Este ano contamos coa presencia do grupo Osorio Gutiérrez, de Lourenzá, e como non, cos da nosa propia canteira.

Animádevos a vir, que con este frío ainda presta botar unha peza.

Ao remate haberá chocalatada.
Comentarios (0) - Categoría: 2.- Novas - Publicado o 16-12-2013 20:31
# Ligazón permanente a este artigo
Estivemos na romeria Fontao

Unha edición máis o grupo de gaiteir@s estivemos amenizando a romaría de Fontao. A pesares de ser un día de inverno, o sol quixo acompañarnos e esta circunstancia fixo que a nosa actuación quedase moi lucida.

Grazas a todos os romeiros pola acollida e polos parabéns que lle adicastes ao grupo.
Comentarios (0) - Categoría: 2.- Novas - Publicado o 05-12-2013 10:11
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Tf 645 485 956