inicio


Asociación Folclórico-Cultural A Subela
A Subela nace en Foz no ano 1998 cos obxectivos de impartir cursos de baile e canto galegos, promover festivais, recuperar tradicións folclóricas e difundir a nosa cultura por aqueles lugares aos que somos convidados

CONTACTAR
asubelafoz@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERIA de FOTOS HISTÓRICAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

IV Foliada Infantil de Nadal

Este sábado día 22 tivo lugar a IV Foliada Infantil de Nadal. Nesta edición contamos coa presencia de Amado Lar de Ferreira e de Arco da Vella de Reinante. @s nen@s das tres asociacións amosaron a súa maestría e deleitaron aos familiares e numeroso público asistente coa súa gracia e espontaneidade. Parabens polo seu bo facer e grazas a Amado Lar e Arco da Vella por aceptar a nosa invitación. Grazas tamén ao Concello de Foz pola súa colaboración.

Comentarios (0) - Categoría: 2.- Novas - Publicado o 24-12-2012 15:44
# Ligazón permanente a este artigo
Festival do Asilo 2012
A Subela, acompañando a outros grupos musicais do noso Concello, participou no Festival do Asilo 2012. Foi unha velada moi entrañable, pois acudiron numeros anciáns do Asilo que, coma todos os anos, disfrutaron da velada e das mostras de solidaridade que tanto o público asistente coma os grupos actuantes lles adicaron.

Noraboa ao Concello de Foz por organizar un ano máis esta velada e os nosos mellores desexos para que os maiores do Asilo poidan pasar en compañía dos seus familiares estas festas de nadal.

Comentarios (0) - Categoría: 2.- Novas - Publicado o 24-12-2012 15:44
# Ligazón permanente a este artigo
A Subela en Fontao
O pasado 2 de decembro estivemos en Fontao acompañando aos veciñ@s do lugar que coma todos os anos por estas datas acuden alí para celebrar misa na capela do Pazo.
Comentarios (0) - Categoría: 2.- Novas - Publicado o 24-12-2012 15:44
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Tf 645 485 956