inicio


Asociación Folclórico-Cultural A Subela
A Subela nace en Foz no ano 1998 cos obxectivos de impartir cursos de baile e canto galegos, promover festivais, recuperar tradicións folclóricas e difundir a nosa cultura por aqueles lugares aos que somos convidados

CONTACTAR
asubelafoz@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERIA de FOTOS HISTÓRICAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A Subela en Montserrat e Pallejá


O pasado 12 de outubro invitados pola Asociación Pau Casals de Pallejá estivemos actuando no santuario de Montserrat e máis na vila homónima. Foi unha experiencia moi enriquecedora e reveladora ao mesmo tempo, por que nos amosou un pobo volcado positivamente coa súa cultura, a súa lingua e as súas tradicións. Tamén foi unha viaxe moi bonita e satisfactoria polo acollemento e o trato que nos deron os pallejanos en xeral e especialmente os directivos da Pau Casals. Unha viaxe para non esquecer.

Dende aquí queremos agradecerlles ao presidente da Asociación Pau Casals, Jordi Carbonell, e á súa xente o trato e a atención continuada que tiveron con todos nós.

Tamén queremos agradecerlles a Flor e a Jordi Valldeperas a súa colaboración con nós e o seu empeño en vernos actuar en Barcelona.

A todos eles esperamos velos por Foz en próximas datas.

Grazas por todo amig@s de Pallejá.
Comentarios (0) - Categoría: 2.- Novas - Publicado o 27-10-2013 13:27
# Ligazón permanente a este artigo
50 aniversario do CEIP nº1 de Foz
O pasado 27 de setembro alumn@s e exalumn@s do CEIP nº1 que forman parte de A Subela participaron nos actos de conmemoración do 50 aniversario deste centro. Sempre é motivo de celebración que un centro de ensino cumpra anos por que quere dicir que ainda está a cumprir a función para a que foi proxectado: axudar a educar e a formar aos futuros cidadáns.

Noraboa á dirección e a tod@s @s docentes do centro pola organización deste evento. E parabéns a tod@s os participantes nos actos polo ben que o fixeron.
Comentarios (0) - Categoría: 2.- Novas - Publicado o 27-10-2013 13:26
# Ligazón permanente a este artigo
A Subela coa Santina 2013
Os nos@s amig@s asturian@s quixeron contar con nós nesta nova edición de A Santina. Estivemos con eles facendo pasarrúas e amenizando os entremeses da cea de confraternidade. Porén o momento máis especial, por emotivo, foi cando @s nos@s gaiteir@s tocaron o inmo asturiano na igrexa parroquial. As nosas gaitas acompañaban á perfección aos cantores e coa sonoridade que ten a nosa basílica era irrremediable sentir unha fonda e sentida emoción.

Grazas ao Marqués e a súa xente por querer contar con nós. Foron uns momentos moi entrañables.
Comentarios (0) - Categoría: 2.- Novas - Publicado o 27-10-2013 13:26
# Ligazón permanente a este artigo
A Subela na III Festa Wikinga
Despois do éxito na pasada edición do Grupo Os Lambós, a organización da III Festa Wikinga dicidiu este ano contar oficialmente co Grupo de Gaiteiros de A Subela para amenizar con pasarrúas os momentos máis efusivos do desembarco. A verdade é que esta festa pedía a gritos un empurrón de música tradicional galega. Agora xa podemos afirmar que cos pasarrúas de A Subela e do grupo amigo Os Lambós, non hai festa temática que lle gane ao desembarco wikingo de Foz.

Amig@s viking@s: a por outro desembarco gaiteiro¡¡

Se clicas abaixo no enlace poderás ver un pequeno colage
Enlace Festa Wikinga
Comentarios (0) - Categoría: 2.- Novas - Publicado o 27-10-2013 13:25
# Ligazón permanente a este artigo
XXVI Mostra Folclórica de Ferreira do Valadouro



O pasado 7 de setembro participamos na XXVI Mostra Folclórica de Ferreira do Valadouro. Estivemos acompañando aos anfitrios, a Asociación Amado Lar, e ao grupo A Lingua Dereita de O Corgo. A mostra celebrouse no marco incomparable da Praza de Sta María de Ferreira e alí deuse cita numeroso público para disfrutar das músicas e das danzas tradicionais que os tres grupos puxemos en escea. Un momento especial foi cando actuaron @s mais pequen@os. Arrancaron numerosos aplausos e sorrisas de cariño polo simpatic@s que se amosaron sobre o escenario.

Vaia dende aquí un agarimoso agradecemento a Marco e á súa xente polo seu bo facer e polo recebemento que nos fixeron.
Comentarios (0) - Categoría: 2.- Novas - Publicado o 27-10-2013 13:25
# Ligazón permanente a este artigo
A Subela en Laracha



O pasado 23 de agosto estivemos devolvendo o intercambio que establecimos c@s nos@s amig@s de Laracha. A mala sorte climatolóxica fixo que chovese a mares, pero aquela xente desviviuse por atopar unha alternativa para que puidesemos actuar. Ao final foi unha experiencia moi bonita e dende aquí queremos agradecerlle a Silvia e a súa xente o esforzo que fixeron para sacar adiante as actuacións. De feito, no salón de actos no que se celebrou xuntouse unha morea de xente -incluso algúns de pé- que, co seu entusiasmo,nos fixeron esquecer a todos a noite desapacible que había fora.

Un emotivo saúdo dende de Foz @s nos@s amig@s de Laracha.

Comentarios (0) - Categoría: 2.- Novas - Publicado o 27-10-2013 13:25
# Ligazón permanente a este artigo
Festas de Cangas 2013
Un ano máis fomos invitados pola Asociación Os Castros para amenizar os actos matutinos na honra da patroa da súa parroquia. Alí estivemos para facerlles pasar un bó rato na procesión e na sesión vermout aos veciños e veciñas de Cangas, que coma sempre nos recibiron con moito agarimo.
Comentarios (0) - Categoría: 2.- Novas - Publicado o 27-10-2013 13:24
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Tf 645 485 956