inicio


Asociación Folclórico-Cultural A Subela
A Subela nace en Foz no ano 1998 cos obxectivos de impartir cursos de baile e canto galegos, promover festivais, recuperar tradicións folclóricas e difundir a nosa cultura por aqueles lugares aos que somos convidados

CONTACTAR
asubelafoz@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERIA de FOTOS HISTÓRICAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

ESTIVEMOS NO III FESTIVAL INFANTIL DE XOVE

Este pasado sábado -día 16- estivemos actuando no III Festival Infantil de Xove. No Centro Cívico de Xove deronse cita catro asociacións folclóricas que contan con bailadores e bailadoras infantiles: o grupo anfítrión Saiñas, Farangullas de Teixeiro, Los Castros de Columbrianos (Ponferrada) e máis A Subela. Todos os grupos amosaron un grande nivel na posta en escea, na coreagrafía e nos arranxos musicais. Nós tivemos ocasión de amosar os bailes que veñen ensaiando @s nos@s nen@s, así como as cantigas populares que tan ben soan na voz das nosas cantareiras. A verdade é que o empeño do noso mestre de baile -Miguel- por incorporar á Subela un grupo de pandereiteiras e cantareiras está a dar os seus primeiros froitos. Parabéns a tod@s (canatareiras, bailadoras/es e músicos) polo ben que o fixeron no Centro Cívico de Xove, que, por certo, estaba a rebosar.

Dende aquí, queremos agradecer a invitación e bo trato do grupo anfitrión: Saiñas.
Comentarios (0) - Categoría: 2.- Novas - Publicado o 17-04-2011 18:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Tf 645 485 956