inicio


Asociación Folclórico-Cultural A Subela
A Subela nace en Foz no ano 1998 cos obxectivos de impartir cursos de baile e canto galegos, promover festivais, recuperar tradicións folclóricas e difundir a nosa cultura por aqueles lugares aos que somos convidados

CONTACTAR
asubelafoz@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERIA de FOTOS HISTÓRICAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XI FESTIVAL AIRES do MASMA
O pasado 17 de xullo celebrouse a XI edición do FESTIVAL AIRES do MASMA. Este ano acompañáronos o grupo Coros y Danzas del Real Grupo Cultural Covadonga de Gijón e a Asociación Música y Folclore de Magallón (Zaragoza).

Desde aquí queremos agradecer a colaboración do comercio focense e das institucións patrocinadoras, pois sen a súa implicación non sería posible levar adiante o festival.

Tamén queremos felicitar a todos os grupos participantes polo excelente nivel artístico que amosaron, así como pola complicidade que axiña estableceron co numeroso público que se congregou nas Ramblas para velos. Neste sentido, agradecemos os calurosos aplausos con que os asistentes ovacionaron @os bailador@s e artistas.






Comentarios (0) - Categoría: 2.- Novas - Publicado o 21-07-2010 23:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Tf 645 485 956