inicio


Asociación Folclórico-Cultural A Subela
A Subela nace en Foz no ano 1998 cos obxectivos de impartir cursos de baile e canto galegos, promover festivais, recuperar tradicións folclóricas e difundir a nosa cultura por aqueles lugares aos que somos convidados

CONTACTAR
asubelafoz@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERIA de FOTOS HISTÓRICAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

DIA DE ANDALUCÍA: IV ENCUENTRO NACIONAL DE DANZAS
Invitados polo grupo Al-Saraf de Benacazón (Sevilla), e compartindo cartel co grupo Xinglar de Zaragoza vimos de participar no IV Encuentro Nacional de Danzas celebrado para conmemorar o Día de Andalucía. Foron as seccións Senior e Xuvenil de A Subela as que deleitaron co seu bo facer ao público andaluz. A nosa asociación está moi agradecida polo trato e acollemento recibidos tanto polas autoridades como polos nosos amigos de Al-Saraf. Alí levamos unha replica moi bonita do porto de Foz elaborada en cerámica que foi donada polo Concello de Foz; e tamén, xa que se trataba do Día de Andalucía, unha edición especial ilustrada dos 6 Poemas Galegos de Federico Garcia Lorca, poeta andaluz universal que soupo e quixo cantar a alma de Galicia no noso propio idioma.

Aquí tedes unha pequena reseña videográfica do que foron as actuacións e a festa posterior.



Tamén temos fotos:



Categoría: 2.- Novas - Publicado o 05-02-2010 22:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal
Tf 645 485 956