inicio


Asociación Folclórico-Cultural A Subela
A Subela nace en Foz no ano 1998 cos obxectivos de impartir cursos de baile e canto galegos, promover festivais, recuperar tradicións folclóricas e difundir a nosa cultura por aqueles lugares aos que somos convidados

CONTACTAR
asubelafoz@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERIA de FOTOS HISTÓRICAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

ALGÚNS MOMENTOS da CEA de A SUBELA 2010
O pasado 10 de abril celebramos a Cea Anual de Confraternidade. A cea estivo amenizada por Juán y su Guitarra, e tamén pol@s nos@s músic@s noveles dirixidos polo noso afamado director musical, Xorxe.

Contamos con numerosos soci@s, simpatizantes e amig@s da asociación, e entre todos pasamos un rato ameno e de irmandade.


Se clicas aquí verás algún deses momentos








Categoría: 2.- Novas - Publicado o 01-04-2010 18:00
# Ligazón permanente a este artigo
DIA DE ANDALUCÍA: IV ENCUENTRO NACIONAL DE DANZAS
Invitados polo grupo Al-Saraf de Benacazón (Sevilla), e compartindo cartel co grupo Xinglar de Zaragoza vimos de participar no IV Encuentro Nacional de Danzas celebrado para conmemorar o Día de Andalucía. Foron as seccións Senior e Xuvenil de A Subela as que deleitaron co seu bo facer ao público andaluz. A nosa asociación está moi agradecida polo trato e acollemento recibidos tanto polas autoridades como polos nosos amigos de Al-Saraf. Alí levamos unha replica moi bonita do porto de Foz elaborada en cerámica que foi donada polo Concello de Foz; e tamén, xa que se trataba do Día de Andalucía, unha edición especial ilustrada dos 6 Poemas Galegos de Federico Garcia Lorca, poeta andaluz universal que soupo e quixo cantar a alma de Galicia no noso propio idioma.

Aquí tedes unha pequena reseña videográfica do que foron as actuacións e a festa posterior.



Tamén temos fotos:



Categoría: 2.- Novas - Publicado o 05-02-2010 22:40
# Ligazón permanente a este artigo
FOLIADA INFANTIL DE NADAL
O pasado 2 de xaneiro de 2010 celebramos a Foliada Infantil de Nadal. Bailaron e tocaron cinco grupos con cerca de 80 nen@s en total. O bo acollemento da iniciativa e o grande éxito de público animounos a valorar a posibilidade de repetir vindeiras edicións nos próximos anos.

O noso agradecemento a todas as entidades que colaboraron para facer posible este evento e... Parabéns a todos os nen@s participantes¡¡





Temos as fotos, pero tamén temos un video...

Categoría: 2.- Novas - Publicado o 28-01-2010 18:27
# Ligazón permanente a este artigo
AS SAN LUCAS 09




SANTA CILLA O9


Clica aquí para ver máis fotos Free Image Hosting at www.picturetrail.com



FESTIVAL INTANTIL de LOURENZÁ 2009


Categoría: 2.- Novas - Publicado o 27-12-2009 22:37
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Tf 645 485 956