inicio


Asociación Folclórico-Cultural A Subela
A Subela nace en Foz no ano 1998 cos obxectivos de impartir cursos de baile e canto galegos, promover festivais, recuperar tradicións folclóricas e difundir a nosa cultura por aqueles lugares aos que somos convidados

CONTACTAR
asubelafoz@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERIA de FOTOS HISTÓRICAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

ESTIVEMOS NO III FESTIVAL INFANTIL DE XOVE

Este pasado sábado -día 16- estivemos actuando no III Festival Infantil de Xove. No Centro Cívico de Xove deronse cita catro asociacións folclóricas que contan con bailadores e bailadoras infantiles: o grupo anfítrión Saiñas, Farangullas de Teixeiro, Los Castros de Columbrianos (Ponferrada) e máis A Subela. Todos os grupos amosaron un grande nivel na posta en escea, na coreagrafía e nos arranxos musicais. Nós tivemos ocasión de amosar os bailes que veñen ensaiando @s nos@s nen@s, así como as cantigas populares que tan ben soan na voz das nosas cantareiras. A verdade é que o empeño do noso mestre de baile -Miguel- por incorporar á Subela un grupo de pandereiteiras e cantareiras está a dar os seus primeiros froitos. Parabéns a tod@s (canatareiras, bailadoras/es e músicos) polo ben que o fixeron no Centro Cívico de Xove, que, por certo, estaba a rebosar.

Dende aquí, queremos agradecer a invitación e bo trato do grupo anfitrión: Saiñas.
Comentarios (0) - Categoría: 2.- Novas - Publicado o 17-04-2011 18:48
# Ligazón permanente a este artigo
ASEMBLEA XERAL de SOCI@S e CEA ANUAL DA SUBELA O VINDEIRO 30 de ABRIL
O vindeiro sábado 30 de abril, ás 19h., celebramos no Salón de Actos do CENIMA a Asemblea Xeral Ordinaria de soci@s e ás 10h. dese mesmo día terá lugar a cea anual da asociación no restaurante A Xoiña, amenizada desta vez polo D.J EVENTEC
O menú consta de:
- Bacallau á rioxana.
- Carrileiras de terneira.
- Postre caseiro variado.
- Godello e mencía
- Café e chopito.

O prezo é de 30 €

Tamén haberá menú infantil-xuvenil por 10 €

Gostarianos contar coa presencia de tod@s @s soci@s en compañia dos amig@s que consideredes oportuno.

Para reservar chamade ao teléfono da asociación: 628 439 398



Comentarios (0) - Categoría: 2.- Novas - Publicado o 15-04-2011 10:06
# Ligazón permanente a este artigo
BAILAMOS, TOCAMOS E... DELEITAMOS EN CANGAS¡¡
O pasado domingo 27 de febreiro bailamos, tocamos e...deleitamos en Cangas¡¡

Invitados pola Asociación de Veciños Os Castros de Cangas de Foz acudimos todas as seccións da Subela ao Centro Cívico do lugar para actuar.

Numeroso público da parroquía e familares das bailadoras/es e músicos acudiron para disfrutar dunha velada de domingo, que foi especialmente entrañable por que se estrenaban algúns dos bailadores e bailadoras máis pequeniños fora da nosa localidade.

É de destacar os numerosos aplausos que arrancaron do público asistente, polo seu bó facer, o grupo senior, o grupo de gaitas e o grupo das cantareiras e pandereiteiras.

Dende aquí queremos agradecer a invitación que nos fixo a Directiva da Asociación os Castros, e tamén o acollemento que recibimos no Centro Cívico por parte do público asistente.

Na foto podedes ver un momento do baile dos máis pequeniños.
Comentarios (0) - Categoría: 2.- Novas - Publicado o 10-03-2011 11:36
# Ligazón permanente a este artigo
2ª FOLIADA INFANTIL DE NADAL
Marcos agradecendolle a presencia aos grupos invitados
O pasado xoves, 23 de decembro, A Subela de Foz organizou a 2ª Foliada Infantil de Nadal, na que participaron ademais do grupo anfitrión, os grupos Saiñas de Xove e Airiños do Xunco de Cervo. A pesar de ser día laborable e da climatoloxía adversa numeroso público acudiu a disfrutar dunha velada na que os máis pequenos foron os protagonistas. A Subela quere felicitar a tod@s os nen@s participantes polo seu bo facer e agradecer ao público a súa asistencia a este acto tan entrañable, que na súa segunda edición xa se está a consolidar dentro dos actos navideños que se celebran en Foz.
Comentarios (0) - Categoría: 2.- Novas - Publicado o 19-12-2010 22:24
# Ligazón permanente a este artigo
FIESTA de la CRUZ. MAGALLÓN
O pasado mes de setembro fomos invitados ás festas patronais de Magallón (Zaragoza), pola Asociación Música y Folclores de Magallón. Pasamos con eles uns momentos inolvidables e disfrutamos inmensamente dunhas festas entrañables e moi marchosas.Desde aquí queremos agradecerlles a atención que nos adicaron, así como a hospitalidade da que fomos obxecto.
Un cordial saúdo para os nos@s amig@s de Magallón¡¡



Comentarios (2) - Categoría: 2.- Novas - Publicado o 10-10-2010 23:03
# Ligazón permanente a este artigo
XXII FESTIVAL de FOLCLORE de REBOREDA
O pasado 22 de agosto estivemos en Vilanova de Cerveira (Portugal) para participar no XXII Festival de Folclore de Reboreda. Tivemos a honra de ser invitados a un dos festivais máis relevantes do norte de Portugal polo número de grupos participantes. Nesta ocasión sete grupos deleitamos ao númeroso público asistente. O festival desenvolveuse nunha carballeira que acollía unha romería tradicional minhota con numerosas comidas campestres e bo ambiente de camaradería. Tamén aprobeitamos a viaxe para levar @s nos@s bailador@s máis pequen@s a Bracalandia, que segundo nos veñen comentando lles gustou un montón¡¡



Comentarios (0) - Categoría: 2.- Novas - Publicado o 22-07-2010 00:11
# Ligazón permanente a este artigo
XI FESTIVAL AIRES do MASMA
O pasado 17 de xullo celebrouse a XI edición do FESTIVAL AIRES do MASMA. Este ano acompañáronos o grupo Coros y Danzas del Real Grupo Cultural Covadonga de Gijón e a Asociación Música y Folclore de Magallón (Zaragoza).

Desde aquí queremos agradecer a colaboración do comercio focense e das institucións patrocinadoras, pois sen a súa implicación non sería posible levar adiante o festival.

Tamén queremos felicitar a todos os grupos participantes polo excelente nivel artístico que amosaron, así como pola complicidade que axiña estableceron co numeroso público que se congregou nas Ramblas para velos. Neste sentido, agradecemos os calurosos aplausos con que os asistentes ovacionaron @os bailador@s e artistas.






Comentarios (0) - Categoría: 2.- Novas - Publicado o 21-07-2010 23:55
# Ligazón permanente a este artigo
XVIII Mostra Infantil do Arco da Vella
O pasado 26 de xuño fomos invitados pola Asociación Foclórico-Cultural Arco da Vella de San Miguel de Reinante á sua XVIII mostra infantil. Nesta mostra estrenouse Uxio como gaiteiro.

Aquí temos algúns dos momentos máis representativos.


Comentarios (0) - Categoría: 2.- Novas - Publicado o 21-07-2010 23:47
# Ligazón permanente a este artigo
3º Xuntanza de Asociacións de Mulleres da Mariña
O noso grupo musical estivo a mañá do sábado dia 24 no Santo amenizando o 3º Encontro de Asociacións de mulleres da Mariña, organizado pola Asociación de Amas de Casa Virxe do Carme, en colaboración coa Delegación da Muller do Concello de Foz. O paraxe xa é ideal para a sonoridade das gaitas, porén o día radiante aínda axudou máis a que as nosas gaitas fixesen a ledicia das xentes alí congregadas. Incluso algunhas delas se amimaron a botar un baile: foi o caso de Nelli e Ana a quen poderedes ver disfrutando das nosas interpretacións neste video-clip.
Un saúdo para elas e para todas as persoas alí reunidas que tanto nos aplaudiron, e un agradecemento especial á presidenta da Asociación de Amas de Casa Tere Chao por ternos invitado un ano máis a acompañalas neste acto tan entrañable.

Comentarios (0) - Categoría: 2.- Novas - Publicado o 26-04-2010 14:08
# Ligazón permanente a este artigo
Festival da Primavera (Burela)
O pasado 19 de Marzo participamos no I Festival de Primavera organizado pola Asociación Folclórica Ledicia de Burela. Veredes, neste video-clip, como progresaron @s nos@s bailador@s máis pequenos. Incluso catro delas xa marcaron os seus primeiros pasos cos medianos, e de xeito maxistral ¡¡¡
Noraboa aos nosos mestres de baile e de música por manter o interese dos nosos pequenos pola música e danza popular e por facer posible eses progresos que pouco a pouco se van facendo realidade.
Tamén queremos agradecer a adicación desinteresada de Xusta que nos fornece das gravacións integras das actuacións e eventos da Asociación. Se algúns socio ou socia quere ter algunha destas gravacións, non ten máis que comunicarllo a calquera dos membros da Xunta Directiva.

Categoría: 2.- Novas - Publicado o 22-04-2010 11:58
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Tf 645 485 956