inicio


Asociación Folclórico-Cultural A Subela
A Subela nace en Foz no ano 1998 cos obxectivos de impartir cursos de baile e canto galegos, promover festivais, recuperar tradicións folclóricas e difundir a nosa cultura por aqueles lugares aos que somos convidados

CONTACTAR
asubelafoz@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERIA de FOTOS HISTÓRICAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Comida campestre de soci@s e amig@s de A Subela

O pasado 30 de xuño celebramos a tradicional comida de confraternidade de soci@s e amig@s de A Subela. Este ano quixemos facela campestre na area recreativa de Malates, un dos paraxes máis espectaculares da Ría de Foz, pero o tempo non nos acompañou. De todos xeitos seguro que @s maís nov@s da Subela lembrarán no futuro este día como unha xornada divertida e entrañable polos continuos chaparróns que lles aguaban o churrasco aos maiores.

Para o ano, se dicidimos volver a ese lugar, prometémosvos que intentaremos ser máis previsores.
Comentarios (0) - Categoría: 2.- Novas - Publicado o 04-08-2012 19:27
# Ligazón permanente a este artigo
V xuntanza de mulleres da Mariña
Invitados pola Asociación de Amas de Casa de Foz, organizadora da V xuntanza de mulleres da Mariña, estivemos deleitando os momentos previos á comida de confraternidade que celebraron na area recreativa do Bispo Santo.
Foi un momento entrañable, de amizade e ledicia, amenizado polas gaitas do noso grupo.

Dende aquí queremos agradecer o interese que amosaron por nós en todo momento as responsables da Asociación de Amas de Casa de Foz -Carmen Moreda e Carmen Cagigal-, quen entre outras cousas conseguiron que esta actuación se incluise no programa Musiqueando da Area de Cultura da Deputación Provincial.

Moitos parabéns as organizadoras e participantes deste acto que con el, recoñecen e dignifican o papel das mulleres que desenvolven o traballo diario no seu domicilio particular.
Comentarios (0) - Categoría: 2.- Novas - Publicado o 12-05-2012 10:56
# Ligazón permanente a este artigo
ASEMBLEA ORDINARIA de SOCIOS 2012
O vindeiro sábado 14 de Abril de 2012 celebraremos a Asemblea Xeral Ordinaria ás 19:00h. en primeira convocatoria no salón de actos do CENIMA (Av. Da Ribeira).

Pola importancia dos temas a tratar, rógase a asistencia d@s soci@s.
Comentarios (0) - Categoría: 2.- Novas - Publicado o 29-03-2012 15:57
# Ligazón permanente a este artigo
DIA do CHICARO 2012

A nosa Asociación participou na IX edición da Festa do Chicaro que, organizada polo Concello, se celebrou en Foz os dias 21 e 22 de xaneiro. A primeira xornada tivemos a honra de desfilar e protagonizar os bailes do acto de inauguración. Numeroso público acudiu para escoitar o pregón do focense Chingla e ver ás nosas bailador@s e ao noso grupo de música.

Tamén o noso grupo musical (gaiteiros e pandereiteiras) amanizou con grande exito a campaña do chicaro polas rúas da vila e locais participantes.
Comentarios (0) - Categoría: 2.- Novas - Publicado o 29-03-2012 15:07
# Ligazón permanente a este artigo
3ª FOLIADA INFANTIL de NADAL

O pasado venres, 23 de decembro, na Sala Bahia, A Subela de Foz organizou a 3ª Foliada Infantil de Nadal. Como ven sendo habitual dende a súa posta en marcha, A Subela invitou ás seccións infantís de grupos da comarca. Nesta edición ademais do noso grupo, participaron os grupos Bagoas da Terra de Viveiro e Amigos da Gaita de Ribadeo. Tod@s os amantes do baile e da música que acudiron a esta foliada disfrutaron dunha velada entrañable e especial onde os máis pequeniñ@s amosaron as súas habilidades artísticas.
Este ano contamos unha vez máis coa colaboración do Concello de Foz para levar adiante este evento, e dende aquí agradecemos este apoio.

Na foto vemos ás promesas da Subela agradecéndolle ao público asistente os seus cálidos e numerosos aplausos.
Comentarios (0) - Categoría: 2.- Novas - Publicado o 09-12-2011 13:18
# Ligazón permanente a este artigo
XIX CERTAME de FOLKLORE VILLA de FUENSALIDA





O grupo de Coros y Danzas Sherezade, que estivo con nós no XII Festival Aires do Masma invitounos a participar na 19ª edición del Certamen de Folclore “Villa de Fuensalida”. Nesta edición ademáis do grupo anfitrión e da Subela, actuou tamén a Agrupación Brot de Taperera de Campos (Mallorca). Os tres grupos compartiron a súa querencia pola música e a danza tradicionais e o seu interese en preservar o legado dos mosos maiores.

Dende aquí queremos saúdar aos amigos de Fuensalida e agradecer o trato e a atención recibidas, que en todo momento foi excelente. Quedará en nós un grato recordo dos días que pasamos conxuntamente con eles, primeiro en Foz e despois en Fuensalida.


Comentarios (0) - Categoría: 2.- Novas - Publicado o 05-09-2011 15:10
# Ligazón permanente a este artigo
A TVG quixo contar con nós¡
O programa A Solaina do Verán da TVG invitounos a participar no programa que emitiron en directo o pasado 17 de agosto dende a monumental praza da Catedral de Mondoñedo. Foi a primeira vez que a sección infantil da Subela, tanto de baile como de música, participaban en riguroso directo para unha TV. Parabéns para @s nos@s nen@s, pois estiveron en todo momento a altura das circunstancias.

Se clikades no enlace podedes ver o video da actuación.
CLIKA AQUÍ: A Solaina do Verán en Mondoñedo
Comentarios (0) - Categoría: 2.- Novas - Publicado o 05-09-2011 13:32
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Folclórico Airiños do Xunco
O domingo 14 de agosto fomos invitados pola asocociación veciña e amiga Airiños do Xunco a participar no Festival Folclórico de Cervo. despois do pasarrúas, o tempo non axudou, pero, para que as nosas bailadoras puideran botar un baile, abrigamos aos gaiteiros con parauguas. Son, pois, unhas fotos extrañas e certamente simpáticas: é a primeira vez que vemos aos nosos gaiteiros con parauguas e as nosas bailadoras bailando orballando.



Comentarios (0) - Categoría: 2.- Novas - Publicado o 05-09-2011 13:18
# Ligazón permanente a este artigo
Xira Santa Cruz 2011
Invitados polos Amigos da Gaita de Ribadeo participamos o pasado 7 de agosto na Xira a Santa Cruz, evento que foi recoñecida de interese turística no ano 1980. Ademáis dos afitrións, estivemos acompañando a Brisas do Croa de Ladrido e a sección infantil do Arco da Vella



Comentarios (0) - Categoría: 2.- Novas - Publicado o 04-09-2011 20:35
# Ligazón permanente a este artigo
XII FESTIVAL AIRES do MASMA
O pasado domingo 17 de xullo celebrouse a XII edición do FESTIVAL AIRES do MASMA. Este ano estiveron con nós os grupos Coros y Danzas Sherezade de Fuensalida (Toledo)e a Agrupación Folclórica Arco da Vella de San Miguel de Reinante.

Unha vez máis queremos agradecer a colaboración do comercio focense e da Area de Cultura da Deputación Provincial, así como do Concello de Foz, pois sen estas axudas non sería posible levar adiante o festival.

Tamén queremos felicitar a todos os grupos participantes, nomeadamente aos grupos invitados, pola posta en escena e polo ben que lle lo fixeron pasar ao numeroso público que asistiu a esta XII edición do Festival Aires do Masma.



Comentarios (0) - Categoría: 2.- Novas - Publicado o 13-07-2011 21:51
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Tf 645 485 956