inicio


Asociación Folclórico-Cultural A Subela
A Subela nace en Foz no ano 1998 cos obxectivos de impartir cursos de baile e canto galegos, promover festivais, recuperar tradicións folclóricas e difundir a nosa cultura por aqueles lugares aos que somos convidados

CONTACTAR
asubelafoz@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERIA de FOTOS HISTÓRICAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Magosto de AA.VV O Castro

Un ano máis a Asociación de Veciños de Foz O Castro, quixo contar con nós para poñerlle unha nota musical e festeira ao seu magosto.

Nesta edición quixemos aprobeitar para presentar en público ao noso grupo de gaiteiras. E foi un exito total,pois bordaron a actuación. Parabéns a todas elas, e por suposto a Xorxe que tanto empeño puxo para crear este grupo femenino, que seguro colleitará un sinfín de aplausos.

Grazas unha vez máis a asociación de Veciños o Castro por contar con nós para este evento que cada ano se consolida máis como un lugar de encontro dos veciños de Foz.
Comentarios (0) - Categoría: 2.- Novas - Publicado o 18-11-2012 19:03
# Ligazón permanente a este artigo
V encontro Os Sendeiros

O noso grupo benxamín de bailador@s, as nosas padereiteiras máis xoves e o noso grupo de gaiteiros amenizaron o pasado 22 de setembro o V encontro de Os Sendeiros. Foi unha xornada festiva na que os afeccionados ao sendeirismo, ademáis de disfrutar dunha preciosa camiñata pola ruta das praias focegas, poideron apreciar o bo facer musical e danzarín d@s nos@s mozas e mozos.
Comentarios (0) - Categoría: 2.- Novas - Publicado o 18-11-2012 18:54
# Ligazón permanente a este artigo
San Campio 2012
O grupo de gaitas da nosa asoación estivo o pasado domingo 16 de setembro amenizando a romeria do San Campio en Fazouro. O son das gaitas fixo que o día fose ainda máis bonito e alegre e que os comensais disfrutasen dos sons máxicos das gaitas, das panderetas e do tamboril.

Dende este pequeno recuncho queremos agradecerlle á comisión o convite que nos fixeron e o trato exquisito que nos deron na romería ao facernos a honra de ser uns comensais máis.

Con esta actuación do San Campio e coa anterior de San Adriano, o grupo de Gaitas de A Subela, un dos máis xoves do pais, leva xa camiño de convertirse nun dos referentes das romerias da mariña. Parabéns aos nos@s músic@s e ao seu mestre¡¡
Comentarios (0) - Categoría: 2.- Novas - Publicado o 23-09-2012 18:00
# Ligazón permanente a este artigo
Intercambio Sta. María del Páramo
O pasado día 8 de setembro A Subela estivo en Sta María del Páramo invitada pola Asociación Virgen de la Guia para participar no festival que por estas datas organiza a asociación anfitriona. Alí estemos acompañando ao grupo local e ao grupo murciano Nonduermas.

O ambiente festivo de Sta. María, así como a maravillosa tarde-noite de verán, fixo que o festival fose un agasallo para todos os espectadores que se deron cita na praza da vila para ver as bailadoras e músicos dos tres grupos.

Foi un intercambio entrañable e memorable onde a nosa asociación realizou unha das mellores actuacións dos últimos tempos. Dende aquí queremos agradecerlles @s nos@s amig@s de Sta.María o trato e a atención recibidas. Gracias¡¡

Tamén dende aquí queremos felicitar a todas as comparsas do pobo de Sta. María que pola noite animan as rúas da vila e fan a festa máis popular e participativa. Nós sumámonos cunha comparsa improvisada de gaitas...que seica foi o furor da noite.

Comentarios (0) - Categoría: 2.- Novas - Publicado o 23-09-2012 17:59
# Ligazón permanente a este artigo
Pasarrúas San Lourenzo 2012
Un ano máis, dentro da programación do San Lourenzo, as asociacións irmáns O Feitizo e A Subela amenizaron as rúas de Foz acompañando aos xigantes e cabezudos. O pasarrúas rematou na Praza Conde de Fontao onde as @s nen@s de ambalasdúas agrupacións deleitaron ao público acompañante con preciosos bailes. Ademáis as cantareiras/pandereiteras de A Subela interpretaron algunhas das súas mellores melodías.
Noraboa @s nen@s de ambalasdúas asociacións polo ben que o fixeron e polo moito que nos fixeron disfrutar¡¡



Comentarios (0) - Categoría: 2.- Novas - Publicado o 21-08-2012 20:36
# Ligazón permanente a este artigo
XXXIV Mostra Folclórica Internacional de Viveiro

Invitado pola Agrupación Bagoas da Terra, o grupo infantil de A Subela participou por primeira vez na Mostra Folclórica Internacional de Viveiro. @s mais pequeniñ@s da nosa agrupación tiveron a acasión de amosar o seu bo facer nun dos festivais máis prestixiosos do pais.
Os numerosos aplausos recibidos foron a proba de que @s nos@s benxamíns teñen un nivel moi digno e que fan as delicias do público máis entendido.

Un dato a destacar da nosa presencia en Viveiro é que o noso grupo estivo constituido integramente por nen@s,incluidos os músicos.

Parabéns a tod@s eles/as¡¡



Comentarios (0) - Categoría: 2.- Novas - Publicado o 21-08-2012 20:36
# Ligazón permanente a este artigo
Festas de Nois 2012
O pasado 5 de agosto o grupo de gaitas de A Subela estivemos amenizando a procesión e a sesión vermut das festas de Nois. Na foto podemos ver o momento no que o grupo toca no campo da festa.
Un ano mais queremos agradecerlle á Comisión de Festas o seu interese por contar co noso grupo.
Comentarios (0) - Categoría: 2.- Novas - Publicado o 21-08-2012 20:35
# Ligazón permanente a este artigo
50 aniversario de O Lar

O restaurante O Lar, un referente da restauración local, quixo contar con nós para a celebración do seu 50 aniversario. Os seus actuais propietarios quixeron recoñecerlle á familia que o rexentou durante todo ese tempo a labor realizada para convertelo nese referente e ao mesmo tempo quixeron que esta celebración fose unha xornada festiva e animada para todos os clientes do restaurante.

Os nosos gaiteiros e pandereiteiras foron os encargados de poñer a nota musical folclórica, turnándose co grupo de voces e guitarra de Teodoro Moreda que, de xeito esporádico, amenizan as terrazas do local e lle dan un encanto especial ao entorno.

Parabéns a Humberto e a súa familia por esta iniciativa e que a súa andaina sexa próspera e lonxeva.
Comentarios (0) - Categoría: 2.- Novas - Publicado o 21-08-2012 20:34
# Ligazón permanente a este artigo
XIII Festival Aires do Masma
Un ano máis A Subela organizou o Festival Aires do Masma, que de xeito continuado se ven celebrando dende o ano 1998. Este ano foi a XIII edición, e nela estiveron con nós os grupos Virgen de la Guía de Sta. María del Páramo (León) e Falcatrueiros (Monterroso). Numeroso público se deu cita na Praza Conde de Fontao para velos bailar e tocar.

Os componentes de Virgen de la Guía amosáronnos o mellor do folclore leones. Ademais os seus membros vestían uns traxes moi vistosos e lucidos que resaltaron, ainda máis se cadra, os seus preciosos bailes.

Pola súa banda o grupo irmán de Falcatrueiros fixo unha posta en escea impecable, con traxes de gala e de faena, propia dun grupo que roza a profesionalidade.

Finalmente A Subela amosou todo o traballo feito durante todo o inverno para poñer no escenario a estes xoves bailador@s e músicos que que ano tras ano se van afianzando e perfecionando,e que a día de hoxe convertiron A Subela nun grupo de referencia na nosa comarca.

Parabens a todolos tre grupos polo ven que no lo fixeron pasar nas Ramblas¡¡ Certamente ambolos tres grupos fixeron as maravillas do público.

Un ano máis queremos agradecer a colaboración do comercio focense. Así como agradecer o patrocinio da Asociación Sempre Foz, da Area de Cultura da Dep.Provincial e do Concello de Foz. Sen axuda de todos eles non sería posible este evento.

Finalmente un agradecemento especial a Isa pola súa gracia e naturalidade á hora de presentar as actuacións.



Comentarios (0) - Categoría: 2.- Novas - Publicado o 21-08-2012 20:33
# Ligazón permanente a este artigo
Festas de Cangas 2012

Un ano máis acudimos a deleitar aos veciños da Parroquía de Cangas co noso Grupo de Gaitas. Como en ocasións anteriores fixemos o pasarrúas da Procesión e amenizamos a 1ª parte da Sesión vermut do sábado día 7, que nesta edición contou coa orquestra de xoves valores Fenix. Dende aquí queremos felicitalos polo seu bo facer e animalos a que sigan así.
Comentarios (0) - Categoría: 2.- Novas - Publicado o 21-08-2012 20:33
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Tf 645 485 956