inicio


Asociación Folclórico-Cultural A Subela
A Subela nace en Foz no ano 1998 cos obxectivos de impartir cursos de baile e canto galegos, promover festivais, recuperar tradicións folclóricas e difundir a nosa cultura por aqueles lugares aos que somos convidados

CONTACTAR
asubelafoz@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERIA de FOTOS HISTÓRICAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A Subela na 1ª Festa do Chicharrón

A Subela non para¡¡ participamos na inauguración da 1ª Festa do Chicharrón celebrada no Campo da Cabana de Foz o pasado sábado 10 de maio. @s nos@s bailador@s pequech@s amosaron ao público asistente o seu entusiasmo polo baile tradicional e o seu bo facer co punta-tacón. Insuperables¡¡ Noraboa mociñas e mociños¡¡

E moitas grazas á organización por contar con nós nunha festa que reivindica un producto tan noso e popular coma o chicharrón.
Comentarios (0) - Categoría: 2.- Novas - Publicado o 11-11-2014 19:58
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Infantil de Lourenza

O pasado 23 de abril @s nos@s peques participaron no Festival Infantil de Lourenzá, conxuntamente coa Asociación Amigos da Gaita de Ribadeo e a asociación organizadora Osorio Gutiérrez. Parabéns a tod@s el@s polo ben que o fixeron e grazas @s amig@s de Lourenzá por invitarnos a este evento, que nos fixo pasar un momento moi agradable
Comentarios (0) - Categoría: 2.- Novas - Publicado o 11-11-2014 19:57
# Ligazón permanente a este artigo
VII Feira da Artesanía do Ferro

As nosas pandereiteiras amenizaron coas súas aquilatadas voces a VII Feira de Artesanía do Ferro celebrada en Rio Torto.

Foi moitísimo o público que lles aplaudío e que as felicitou polo nivel que amosaron. Parabéns para todas elas, pois estiveron a altura de calquera grupo profesional.

Grazas ao Concello de Riotorto polo trato concedido e por querer contar coas nosas míticas pandereiteiras
Comentarios (0) - Categoría: 2.- Novas - Publicado o 14-04-2014 13:32
# Ligazón permanente a este artigo
Domingo de Ramos en San Martiño

@s gaiteri@s de A Subela estivemos musicando a ofrenda de ramos en San Martiño. O son das nosas gaitas acompañou á procesión por unha paraxe única, e entrou na basílica onde o Inno do Antigo Reino de Galicia adquiriu unha sonoridade moi evocadora. Dende aquí queremos agradecer o acollemento do numeroso público asistente, así como o interese da organización para contar con nós na xa recoñecida Semana Santa de San Martiño.
Comentarios (0) - Categoría: 2.- Novas - Publicado o 14-04-2014 13:28
# Ligazón permanente a este artigo
ASEMBLEA DE SOCI@S 2014
O vindeiro sábado día 22 de marzo ás 19,30h terá lugar no CENIMA a Asemblea Xeral de Soci@s.

Pola importancia dos temas a tratar rógase a asistencia de tod@s @s soci@s.
Comentarios (0) - Categoría: 2.- Novas - Publicado o 13-03-2014 19:20
# Ligazón permanente a este artigo
A Subela na residencia da 3ª Idade

O sábado 25 de xaneiro, invitados pola Asociación O Caidado, estivemos deleilanto aos nos@s maiores na Residencia da 3ª Idade de Foz. Foi un momento moi entrañable, sobre todo cando escoitaron ás nosas cantareiras, pois algunhas das cancións que interpretaron foron recollidas a persoas da sua mesma idade, que cantaban nas súas tarefas agrícolas ou mariñeiras, ou nos días de feira e festa. Para el@s foi un momento moi evocador que chegou a emocional@s. Grazas polos vosos aplausos e noraboa ao Caiado por esta inciativa solidaria para con el@s.
Comentarios (0) - Categoría: 2.- Novas - Publicado o 20-02-2014 11:22
# Ligazón permanente a este artigo
O Pasarrúas da XI Festa do Chícaro

Tamén, coma en edicións anteriores realizamos o pasarrúas central. E coma era de esperar os máis pequech@s déronlle moita vistosidade, pois é unha ledicia velos desfilar diante de todo abrindo o pasarrúas.
Comentarios (0) - Categoría: 2.- Novas - Publicado o 20-02-2014 11:18
# Ligazón permanente a este artigo
A Subela na XI Festa do Chícaro

O numeroso público que se congregou na carpa da Festa do Chicaro como nos arredores, así como os organizadores do evento felicitaron @s nos@s artistas polo seu bo facer danzarín e musical e pola alegría que irradiaban a todos os alí presentes. Parabéns polo traballo feito¡¡

Comentarios (0) - Categoría: 2.- Novas - Publicado o 20-02-2014 11:18
# Ligazón permanente a este artigo
A Subela na Galiña Azul

Este nadal estivemos por dúas veces na gardería A Galiña Azul amosándolles @s máis pequech@s os sons dos nosos instrumentos e os pasos da muiñeria. Foi unha experiencia moi gratificante porque @s nen@s da gardería quixeron participar activamente tocando e bailando. Dende aquí queremos agradecerlle a AMPA deste centro a invitación que nos fixeron para deleitar musicalmente aos seus fill@s.
Comentarios (0) - Categoría: 2.- Novas - Publicado o 20-02-2014 11:17
# Ligazón permanente a este artigo
As fotos da V Foliada Infantil

Aquí están as fotos da V Foliada Infantil que celebramos con grande éxito de público este pasado sábado 21 de decembro. Con nós estivo a Asociación Osorio Gutiérrez de Vilanova de Lourenza, a quen lles queremos agradecer a súa presencia neste evento, que xa se consolida como un dos actos centrais do nadal focense.
Tamén queremos agradecer a inestimable colaboración do Concello de Foz, que un ano máis puxo á nosa disposición os recursos humanos e materiais necesarios para facer a foliada.

Finalmente queremos felicitar a tod@s os nen@s bailador@s, músicos e presentadores polo ben que o fixeron no escenario. A súa actuación foi un agasallo de nadal moi especial para os familiares e público en xeral que acudimos a velos.


Comentarios (1) - Categoría: 2.- Novas - Publicado o 22-12-2013 22:19
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Tf 645 485 956