inicio


Asociación Folclórico-Cultural A Subela
A Subela nace en Foz no ano 1998 cos obxectivos de impartir cursos de baile e canto galegos, promover festivais, recuperar tradicións folclóricas e difundir a nosa cultura por aqueles lugares aos que somos convidados

CONTACTAR
asubelafoz@gmail.com
 CATEGORÍAS
 GALERIA de FOTOS HISTÓRICAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O GRUPO
A Asociación Folclórico-cultural A Subela ten a súa orixe no ano 1989 a partir da iniciativa dun grupo de persoas interesadas en conservar e difundir o folclore galego en todas as súas manifestacións (baile, canto, musica e tradicións).

Actualmente pódense diferenciar tres grupos dentro da asociación: o grupo de baile tradicional, o grupo de pandereteras e o grupo instrumental.

O grupo de baile está formado por unhas 30 persoas, agrupadas basicamente en tres seccións: o grupo das crías, o grupo xuvenil e o grupo sénior. Este último nútrese tamén de algunh@s de l@s bailador@s do grupo xuvenil.

O grupo de pandereteras está formado por integrantes tanto do grupo sénior como xuvenil de baile que tocan este instrumento interpretando antigas coplas galegas.

O grupo instrumental fórmano de 8 a 10 gaiteiros e percusionistas (bombo, tamboril, panderetera, cunchas)

O noso repertorio inclúe muiñeiras, iotas, pasodobres e fandangos bailados en diferentes zonas de Galicia, así como cantos tradicionais e antiquísimos lalalas.

O obxectivo primordial da nosa asociación é impartir cursos de baile e canto galegos, promover festivais folclóricos, recuperar tradicións, músicas, cantos e bailes xa esquecidos e difundir a nosa cultura por aqueles lugares aos que somos invitados.

A cultura popular galega mantívose ao longo dos séculos grazas a unha importante tradición oral que chega aos nosos días da man dos nosos maiores e de xente con inquietudes por preservar o patrimonio inmaterial de carácter cultural. Neste sentido, a nosa Asociación caracterízase por presentar un repertorio, tanto de pezas de baile coma de canto ou panderetera, que son recollidas en zonas onde aínda se xunta xente para tocar, cantar e bailar como se facía antano. De feito, algúns dos membros da asociación desprazámonos a diferentes lugares da xeografía galega para recoller esas pezas ao máis puro estilo.

A Agrupación participa en numerosas festas, romerias e procesións que se fan tanto no Concello de Foz coma na bisbarra e arredores.

Tamén participa en intercambios e saídas que conseguen outros grupos de Galicia, España e de Portugal. Algúns dos intercambios fora da xeografía galega foron en Eivissa e Formentera (Baleares), Guijüelo (Salamanca),Valladolid,el Pinós (Alacant), Sevilla, Magallón (Zaragoza), Fuensalida (Toledo), San Martiño do Campo, Güimaraes, Valpaços e Vilanova de Cerveira en Portugal. O último foi con Pallejá (Barcelona)

A asociación ven organizando dende o ano 2000 o Festival folclórico e cultural Aires do Masma, que se celebra no mes de xullo coincidindo coas festas patronais en honor da Virxe do Carmen. Ao noso festival invitamos, ademais de asociacións de Galicia, a grupos de toda a xeografía española e portuguesa cos que adoitamos establecer os oportunos intercambios.
Comentarios (0) - Categoría: 1.- O grupo - Publicado o 20-02-2014 11:26
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Tf 645 485 956