|
|
|
|
| Orixe e istoria da asociacion |
|
Empezou a súa andaina esta asociación no ano 2002. Un grupo de veciños de Castro Caldelas, entre os que se encontraba D. José Rodríguez Blanco, párroco de Castro Caldelas, impulsaron a creación desta asociación. Organizaron unha reunión a que asistiu un nutrido grupo de veciños xubilados e pensionistas, tamén foi invitado o Sr. Alcalde D. Eladio Osorio Castro. Tódolos asistentes estiveron de acordo na necesidade de crear a asociación.
Nesta mesma reunión, celebrada o 17 de febreiro de 2002 foi elixida a xunta directiva formada por sete membros :
Presidenta: Josefa Carballo
Vicepresidenta: Juana López
Secretario: Don José Rodríguez
Tesoreiro: Emilio Martínez
Vocal: Manuel Da Silva
Vocal: Antonio Rodríguez
Vocal: Pilar Ruibal
Levantouse acta de constitución da Asociación e nela acordaron aprobar os Estatutos de acordo coa normativa vixente e cumprir cos fins expresados nos mesmos:
1. A promoción, formación, integración social e o desenvolvemento Comunitario da Comarca.
2. A realización e promoción de actividades socioculturais , recreativas ,asistenciais, ou de calquera outra índole que favorezan o colectivo de xubilados e pensionistas.
3. Estudo e resolución dos problemas en común dos asociados especialmente dos referentes a terceira idade , así como cantos outros poidan ser de interese para os asociados.
4. Cantas outras actividades lícitas sexan da conveniencia e de interese común dos asociados ( deportivas, sociais, aire libre ,culturais.......).
A asociación non ten fins lucrativos.
Dende o principio contamos co apoio do Sr Alcalde do Concello de Castro Caldelas que solicitou o SERGAS os locais desocupados no baixo do Centro de Saúde, e dotou de sillas e meses suficientes para os corenta socios cos que empezou a asociación, hoxe xa oitenta, a pesares de que temos que recordar que algúns foron os socios que xa faleceron nestes anos.
Tamén contamos dende primeiro instante coa colaboración da xerente da Fundación Comarcal Terra de Caldelas, Josefina Carballo Blanco, que foi a que asesorou a directiva e axudou a realizar tódolos trámites para a constitución da Asociación, e sigue colaborando na búsqueda de financiación a través da tramitación de subvencións.
Pasaron por esta Asociación grandes profesionais que non esqueceremos nunca, así pois temos que recordar a Eva Torres, licenciada en Belas Artes, e Luisa, que nos ensinaron manualidades e ximnasia. Jose Luís de Monforte. Luis Angel, profesor de educación física e deportes, Victoria Canosa, psicóloga e profesora de estimulación cognitiva e Déborah Táboas que actualmente nos imparte obradoiros de iniciación a informática.
Grazas a Déborah, persoas de case ostenta anos, pasamos case de pouco máis que saber escribir a vernos neste tinglado do ordenador, pero con ela sae adiante ata o máis torpe.
Tamén dende fai dous anos temos un servizo de masaxes para favorecer a mobilidade das persoas maiores e un servizo de podólogo.
Entre as actividades culturais temos que destacar as excursions que organiza D. José e grazas as cales coñecemos unha gran parte de Galicia.
Grazas a asociación, que e unha gran familia para todos, e con todas estas actividades axudanos a levar os nosos anos mellor .
|
|
|
|
|
| Xa estamos no facebook |
|
|
|
|
|
|
| Seis meses despois... |
|
A pesar de que pasou moito tempo dende que se meteu a última noticia pasaron moitas cousas na Asociación.
Fixemos un gran número de actividades, entre elas excursións a O Porto (Portugal), Pazo de Oca (A Estrada), O Mosteiro de Oseira (Cea). Nesta excursión aproveitamos para ver a iglesia da Veracruz en O Carballiño que aínda que non é comparable co Mosteiro que deixamos descrito anteriormente, tamén mereceu dedicarlle unha tarde a sua contemplación.
A nosa seguinta parada foi no Mosteiro de San Rosendo en Celanova onde había pinturas antigas,o conxunta arquitectónico é moi importante.
Como podedes comprobar somos moi católicos e deixamos alí unha morea de Padrenuestros por certo moi ben rezados.
A parte de todo isto, levaronse a cabo outras actividades, que foron ben recibidas por todos os asociados e asociadas como Ximnasia de mantemento, xerontoximnasia, tute, brisca, dominó, bolos....
|
|
|
|
|
| Excursión a O Grove |
|
O dia 15 de xullo pola mañanciña un autocar TITO Y GIL de Monforte levaranos a O Grove en excursión . Ali viaxaremos en catamarán pola Ria e degustaremos os mexillóns que serán cociñados aínda vivos. |
|
|
|
|
| Novo grupo e novos obradoiros |
|

Dende o día 27 de abril e durante todo o mes de maio estanse levando a cabo no local da asociación novos obradoiros coa Rede de Dinamización cun novo grupo de socios e socias interesados/as en descubrir o mundo da informática e de Internet. |
|
|
|
|
| Entrega de premios |
|
O pasado martes día 10 de febreiro as doce da mañá tivo lugar no centro comarcal o acto de entrega de premios do II concurso de iniciativas da Rede de Dinamización na categoría de asociacións do cal fomos os gañadores.
O acto acudiu o Delegado da Consellería de Innovación e Industria, Xosé Antón Jardón Dacal e a Xefa do proxecto da Rede da Dinamización, Carmen Suárez Nieto.
Os premiados e premiadas recibiron un diploma e un mp3.
O rematar houbo unha degustación de productos da terra. |
|
|
|
|
| Novo obradoiro na asociación |
|

Iniciamos con moita ilusión un novo obradoiro de informática, iniciación ao Word, baixo a atenta mirada e dirección da ben querida profesora Déborah,faremos esforzos para que saia polo menos regular, se conseguimos que nos quede na dura cabeza algo, xa será moito. |
|
|
|
|
| SOMOS OS GAÑADORES!!! |
|
A actividade "Recordos de Caldelas" levada a cabo por esta asociación con motivo das celebracións do dia 17 de maio, participaba no "II Concurso de Iniciativas" da Rede de Dinamización, na categoría de asociacións.
O fallo do xurado saiu hoxe publicado e..... SOMOS OS GAÑADORES!!!
O traballo ben feito deu o seu resultado.
Noraboa aos socios que participaron e a dinamizadora que grazas a esa labor conxunta a iniciativa saiu adiante e tivo a súa recompensa. |
|
|
|
|
| Ximnasia de mantemento |
|
| Dende o mes de xullo deste ano ata abril do 2009, no local da asociación estase levando a cabo exercicios de ximnasia de mantemento impartidos polo monitor Luis Ángel,profesor de Educación Física, os martes de 10 a 11 horas. |
|
|
|
|
| Servizo de podólogo |
|
Tratando de facer cos nosos humildes fondos cousas beneficiosas, organizouse o servizo dun podólogo que foi acollido con moita ilusión pola maioria dos socios e os resultados están sendo inmellorables .
Esta actividade estase realizando os sábados pola mañá e pola tarde. |
|
|
|
|
|
|
|