|
|
|
|
| Seis meses despois... |
|
A pesar de que pasou moito tempo dende que se meteu a última noticia pasaron moitas cousas na Asociación.
Fixemos un gran número de actividades, entre elas excursións a O Porto (Portugal), Pazo de Oca (A Estrada), O Mosteiro de Oseira (Cea). Nesta excursión aproveitamos para ver a iglesia da Veracruz en O Carballiño que aínda que non é comparable co Mosteiro que deixamos descrito anteriormente, tamén mereceu dedicarlle unha tarde a sua contemplación.
A nosa seguinta parada foi no Mosteiro de San Rosendo en Celanova onde había pinturas antigas,o conxunta arquitectónico é moi importante.
Como podedes comprobar somos moi católicos e deixamos alí unha morea de Padrenuestros por certo moi ben rezados.
A parte de todo isto, levaronse a cabo outras actividades, que foron ben recibidas por todos os asociados e asociadas como Ximnasia de mantemento, xerontoximnasia, tute, brisca, dominó, bolos....
|
|
|
|
|
| Excursión a O Grove |
|
O dia 15 de xullo pola mañanciña un autocar TITO Y GIL de Monforte levaranos a O Grove en excursión . Ali viaxaremos en catamarán pola Ria e degustaremos os mexillóns que serán cociñados aínda vivos. |
|
|
|
|
| Novo grupo e novos obradoiros |
|

Dende o día 27 de abril e durante todo o mes de maio estanse levando a cabo no local da asociación novos obradoiros coa Rede de Dinamización cun novo grupo de socios e socias interesados/as en descubrir o mundo da informática e de Internet. |
|
|
|
|
| Entrega de premios |
|
O pasado martes día 10 de febreiro as doce da mañá tivo lugar no centro comarcal o acto de entrega de premios do II concurso de iniciativas da Rede de Dinamización na categoría de asociacións do cal fomos os gañadores.
O acto acudiu o Delegado da Consellería de Innovación e Industria, Xosé Antón Jardón Dacal e a Xefa do proxecto da Rede da Dinamización, Carmen Suárez Nieto.
Os premiados e premiadas recibiron un diploma e un mp3.
O rematar houbo unha degustación de productos da terra. |
|
|
|
|
| Novo obradoiro na asociación |
|

Iniciamos con moita ilusión un novo obradoiro de informática, iniciación ao Word, baixo a atenta mirada e dirección da ben querida profesora Déborah,faremos esforzos para que saia polo menos regular, se conseguimos que nos quede na dura cabeza algo, xa será moito. |
|
|
|
|
| SOMOS OS GAÑADORES!!! |
|
A actividade "Recordos de Caldelas" levada a cabo por esta asociación con motivo das celebracións do dia 17 de maio, participaba no "II Concurso de Iniciativas" da Rede de Dinamización, na categoría de asociacións.
O fallo do xurado saiu hoxe publicado e..... SOMOS OS GAÑADORES!!!
O traballo ben feito deu o seu resultado.
Noraboa aos socios que participaron e a dinamizadora que grazas a esa labor conxunta a iniciativa saiu adiante e tivo a súa recompensa. |
|
|
|
|
| Ximnasia de mantemento |
|
| Dende o mes de xullo deste ano ata abril do 2009, no local da asociación estase levando a cabo exercicios de ximnasia de mantemento impartidos polo monitor Luis Ángel,profesor de Educación Física, os martes de 10 a 11 horas. |
|
|
|
|
| Servizo de podólogo |
|
Tratando de facer cos nosos humildes fondos cousas beneficiosas, organizouse o servizo dun podólogo que foi acollido con moita ilusión pola maioria dos socios e os resultados están sendo inmellorables .
Esta actividade estase realizando os sábados pola mañá e pola tarde. |
|
|
|
|
| Inauguración da exposición "Recordos de Caldelas" |
|
O pasado 20 de maio inaugurouse con éxito no Centro Comarcal "Terra de Caldelas" a exposición fotográfica "Recordos de Caldelas", froito dunha iniciativa levada a cabo pola Rede de Dinamización da Sociedade da Información e a Asociación de Xubilados e Pensionistas co gallo da triple celebración o día 17 de maio, do día das Letras Galegas, o día de Internet e o día mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información.
O traballo laborioso e desinteresado por parte dos socios deu o seu froito. Tralo proceso de recompilación de fotos antigas, despois de escanealas e de subilas a este blogue, todas esas imaxes formaron unha soa nunha fermosa exposición chea de lembranzas e sentimentos, da cal pode disfrutar todo aquel que se achegue até o Centro Comarcal do 20 ao 31 de maio.
|
|
|
|
|
| Novo obradoiro de alfabetización dixital |
|
Actualmente estase levando a cabo un novo obradoiro de alfabetización dixital no local da asociación, organizado pola Rede de Dinamización e o Centro Comarcal "Terra de Caldelas".
Os luns, mércores e venres de 15 a 16:30 horas, dende o 22 de abril até o 19 de maio. |
|
|
|
|
|
|
|