Asociación de Mulleres Rurais "Fraga das Saímas"
MUDÁMONOS...SEGUÍDENOS !!!
RUTA POLA RIBEIRA SACRA
As mulleres da Asociación  “Fraga das Saímas” e a súas familias descubriron os segredos do cultivo dos famosos viños de Amandi e gozaron dunhas espectaculares paisaxes, navegando polos Canóns do Sil, onde foron testemuñas das obras que Roma levou a cabo en Galicia contemplando as incribles terrazas de viñedos nas paredes dos Canóns.
O sábado 30 de maio as mulleres da Asociación Fraga das Saímas desprazáronse ata a Ribeira Sacra, terra singular de paisaxes espectaculares, para descubrir e admirar a súa riqueza monumental e paisaxística. A visita comezou no embarcadoiro de Doade (concello de Sober), onde navegaron durante dúas horas polos Canóns do Sil, atravesando vales dun  verde impresionante e onde contemplaron os espectaculares bancales de viñedos “colgados” das paredes dos canóns e albiscaron o que foi o 2º  mosteiro máis importante de toda a Ribeira Sacra, o mosteiro de Sta. Cristina. De volta a Doade visitaron unha das adegas máis importantes da zona, onde tiveron ocasión, da man dunha guía, de descubrir o proceso de elaboración dos viños de Amandi da adega  Regina viarum situada no corazón da Ribeira Sacra. Durante o xantar (Restaurante A Cantina) puideron comprobar porque esta terra é coñecida pola súa gastronomía. Tampouco deixaron de visitar un dos moitos miradoiros cos que conta esta zona, achegándose ata o Miradoiro do Duque desde onde puideron admirar a beleza dos canóns e divisar o Castelo de Castro Caldelas. Por último e como non podía ser doutro xeito fixeron unha parada na capital da Ribeira Sacra (Monforte) para visitar o chamado Escorial Galego, é dicir o Colexio da nosa Señora da Antiga, onde un dos padres escolapios explicoulles a historia do conxunto monumental e onde tiveron a ocasión de admirar as obras do Greco e de Andréa del Sarto que alberga a súa pinacoteca.
Nesta viaxe pola Ribeira Sacra, onde participaron 55 socias e familiares, acompañounas tamén Alexis Amigo, o neno gañador do 1º premio do Concurso de debuxo e pintura “Descubre a nosa Fraga das Saímas” que fora organizado por esta Asociación con motivo do Día Internacional da árbore.
RUTA POLA RIBEIRA SACRA
FESTA DO MEDIO NATURAL E FAMILIA
O sábado 25 de abril celebrouse, no Centro Socio-Cultural de San Andrés de Boimente, a Festa do Medio Natural e Familia organizada pola Asociación de Mulleres Rurais “ Fraga das Saímas”, tendo como acto central a Gala de entrega de premios do Iº Concurso de debuxo e pintura “Descubre a nosa Fraga das Saímas”.
Os nenos gañadores e finalistas do Concurso de debuxo e pintura (Brais, Diego, David, Erika, Alexis, Martín e Yanira) acudiron a esta Gala acompañados polos seus familiares e as profesoras dos CEIP Santa Rita de Galdo e Antonio Pedrosa Latas de Celeiro.
A Asociación de MMRR “Fraga das Saímas” tamén contou, durante esta celebración, coa presencia da Concelleira de Turismo e Medio Ambiente do Concello de Viveiro, Olga Méndez e a propietaria da firma especializada en material de belas artes (Catá), Josefina Casas.
Os actos desta celebración comezaron as 12:30 h. coa intervención da presidenta, Flor Chao, que según as súas propias palabras Coa celebración da “Festa do Medio Natural e Família” e a Iª Gala de  entrega de Premios “ Descubre a nosa Fraga das Saímas”  a Asociación de Mulleres  quixo poñer un broche de ouro ás actividades que, con motivo da conmemoración do Día Mundial da Árbore, organizara para as nenas e nenos do Concello de Viveiro co obxectivo común de promover o seu achegamento á natureza e ao medio rural e para posibilitar, ao mesmo tempo, a participación de todos os veciños do concello no enriquecemento do patrimonio natural da nosa parroquia. A presidenta durante a súa intervención aproveitou para facer a presentación do vídeo da asociación de mulleres “momentos para recordar”, onde explicou que se trataba dun documento sonoro feito co fin de preservar na memoria das socias e veciños os mellores momentos vividos durante as actividades desenvoltas pola asociación ao longo dos anos 2007-2008.
Despois da proxección deste vídeo, as membros da Directiva da Asociación, a concelleira de Medio Ambiente e a propietaria de Catá fixeron entrega dos premios aos nenos gañadores do Concurso de debuxo e pintura. Os finalistas foron agasallados cunha mochila donada polo Plan de dinamización turística das Terras do Ulla e Tambre e un diploma. Pola súa parte, a Presidenta entregoulle aos colexios colaboradores un diploma e 35 unidades didactivas, para cada un deles, do proxecto “non queimes o futuro” e agradeceulles a súa implicación e colaboración neste concurso e alabou a calidade dos traballos presentados polos nenos. Asimesmo animou a todos os nenos a coñecer a Fraga das Saímas e a coidala.
Rematados os dous actos centrais da Festa do Medio Natural  os máis de 100 invitados  puideron disfrutar dun xantar, servido polo Restaurante “O Val do Naseiro” e dunha sesión de baile amenizado polo grupo musical “Dúo+Suso”, onde maiores e nenos cantaron, bailaron e se divertiron ata as oito e media da tarde.
OS DEBUXOS DE ALEXIS AMIGO FERNÁNDEZ, LUCÍA CHAVES EIJO, ERIKA TRASANCOS, BRAIS VÁZQUEZ YÁÑEZ, DIEGO BASANTA E DAVID GONZÁLEZ, GAÑADORES DO CONCURSO DE DEBUXO E PINTURA INFANTIL
Os traballos preseleccionados pólos Centros colaboradores e o Xurado, de acordo as bases do concurso, foron 31 na categoría A (alumnos entre 6 e 8 anos) e 33 na categoría B (alumnos entre 9 e 11 anos). Destacou a participación dos alumnos do CEIP de Lois Tobío con 144 traballos entre as dúas categorías.
O Xurado por unanimidade e de común acordo, resaltando o nivel dos traballos presentados, acordou conceder os seguintes premios:
CATEGORÍA A: NENAS E NENOS EN IDADES COMPRENDIDAS ENTRE OS 6 E 8 ANOS
Primeiro premio.- consistente en 100 euros en metálico + diploma, a BRAIS VÁZQUEZ YÁÑEZ, cuxo traballo presentou dentro da Modalidade de “Centros educativos colaboradores” e que cursa 3º PRIMARIA no CEIP SANTA RITA DE GALDO.
Neste traballo, o Xurado valorou fundamentalmente a vinculación co tema, a exposición gráfica da idea central do concurso e a  calidade técnica do traballo.
Concédese tamén un lote de 30 unidades didácticas do proxecto “Non queimes o futuro” realizado pola Consellería de Medio Rural e pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (co obxecto de traballar coas alumnas e alumnos do 3º ciclo de primaria na sensibilización sobre a catástrofe que supón o lume forestal e crear unha conciencia activa na defensa do medio rural e natural) para o Colexio Público CEIP SANTA RITA DE GALDO por ser o Centro Colaborador de onde procede a/o  galardonada/o co primeiro premio da Categoría A.
Segundo premio.- consistente en  60 euros en metálico + diploma, a DIEGO BASANTA, cuxo traballo presentou dentro da Modalidade de “Centros educativos colaboradores” e que cursa 3º PRIMARIA no CEIP SANTA RITA DE GALDO pola obra titulada “ CAMIÑO Á FRAGA”
Terceiro premio.-    consistente en 40 euros en metálico + diploma a DAVID GONZÁLEZ, cuxo traballo presentou dentro da Modalidade de “Centros educativos colaboradores” e que cursa 3º PRIMARIA no CEIP SANTA RITA DE GALDO pola obra titulada “A FRAGA DOS ANIMAIS”
CATEGORÍA B: NENAS E NENOS EN IDADES COMPRENDIDAS ENTRE OS 9 E 11 ANOS
Primeiro premio.- consistente en:
-  100 euros en metálico + diploma
- Unha visita á Ribeira Sacra no mes de maio (inclúe unha viaxe en catamarán polos Canóns do Sil) coa Asociación de Mulleres Fraga das Saímas, acompañada/o pola nai.
A ALEXIS AMIGO FERNÁNDEZ, cuxo traballo presentou dentro da Modalidade de “Centros educativos colaboradores” e que cursa 3º PRIMARIA no CEIP LOIS TOBÍO.
Neste traballo, o Xurado valorou fundamentalmente a orixinalidade da idea ,  a sensibilidade manifestada co medio natural e o resultado da execución que reflexa un debuxo con forza e personalidade propia.
Concédese tamén un lote de 30 unidades didácticas do proxecto “Non queimes o futuro” para o Colexio Público LOIS TOBÍO por ser o Centro Colaborador de onde procede a/o  galardonada/o co primeiro premio da Categoría B.
Segundo premio.- consistente en  60 euros en metálico + diploma, a LUCÍA CHAVES EIJO, cuxo traballo presentou dentro da Modalidade de “Centros educativos colaboradores” e que cursa 6º PRIMARIA no Colexio SANTA RITA DE GALDO pola obra titulada “A FRAGA DAS SAÍMAS”
Terceiro premio.-    consistente en 40 euros en metálico + diploma a ERIKA ÁLVAREZ TRANSANCOS, cuxo traballo presentou dentro da Modalidade de “Centros educativos colaboradores” e que cursa  6º PRIMARIA no Colexio LOIS TOBÍO pola obra titulada “ VIVIR NA FRAGA”
Os debuxos premiados así como todos o traballos preseleccionados para este concurso participarán nunha Exposición Itinerante no Centro Comarcal da Mariña Occidental, a partir do luns 23 de marzo e no Centro Socio-Cultural de San Andrés de Boimente, a primeira quincena de abril en horario de 16:00 a 20:00 horas.
A Directiva da AMMRR “Fraga das Saímas” quere expresar de forma pública o seu profundo agradecemento aos directores e profesores dos Centros de Ensino Público de Santa Rita de Galdo, Lois Tobío de Viveiro e Antonio Pedrosa Latas pola súa colaboración, sen a cal non sería posible levar adiante este proxecto novidoso para a nosa Asociación, así como tamén á Concelleira de Turismo  e Medio Ambiente, Olga Méndez Carro e a Josefina Casas Ferreiros, empresaria  e propietaria de CATÁ que de forma desinteresada aceptaron participar como membros do Xurado Calificador.
AS MULLERES DA ASOCIACIÓN “FRAGA DAS SAÍMAS”, DE SAN ANDRÉS DE BOIMENTE APOSTAN POLA MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA NO SECTOR TRANSPORTE SUMÁNDOSE A UNHA CONDUCIÓN EFICIENTE.
Durante as fins de semana do 4 e 11 de abril vinte alumnos, entre socias e veciños de San Andrés, tiveron a oportunidade de comprobar persoalmente e dun xeito práctico como a través dunha “Condución Eficiente” podemos aforrar unha media dun 15% de combustible, ao mesmo tempo que contribuímos á unha importante redución de emisións contaminantes.
Un dos obxectivos principais que persegue a actual Directiva con este curso é contribuír, de acordo aos seus fins fundacionais, á conservación do medio natural, dado que desde a súa creación, a Asociación MMRR Fraga das Saímas, está a apostar pola colaboración, fomento e participación en todos aqueles Programas innovadores que promoven as distintas administracións públicas e privadas e que contribúen ao desenvolvemento sostible do noso rural e animan ao resto das asociacións a sumarse a este tipo de iniciativas.
A directiva atópase moi satisfeita pola boa acollida que tivo este curso entre as súas socias e veciños, amosando as participantes un grande interese e entusiasmo durante as clases impartidas por persoal da Fundación Sotavento.
AS MULLERES DA ASOCIACIÓN “FRAGA DAS SAÍMAS” VIAXAN Á COSTA DA MORTE PARA COÑECER EN VIVO O OFICIO DOS ARTESÁNS DA OLERÍA DE BUÑO E A ARTE DAS PALILLEIRAS DE CAMARIÑAS.
O sábado, 7 de xuño  as mulleres da Asociación Fraga das Saímas desprazáronse ata o espectacular e misterioso Territorio da Costa da Morte para coñecer parte da cultura, patrimonio e historia de catro dos dezasete concellos que o conforman. Empezaron a visita polo Concello de Malpica, pasando, a continuación, polos Concellos de Ponteceso e Laxe ata deterse en Camariñas. Pola tarde continuaron a ruta ata Vimianzo e por último achegáronse ao fin da terra (Fisterra).
Esta viaxe pola Costa da Morte, onde participaron 50 socias xunto coas súas familias permitiulles coñecer da man de guías locais como era a vida dunha casa oleira, a evolución da olería de Buño e as novas formas desta, así como tamén lles explicaron a historia do Castelo de Vimianzo. Ademais pudieron ver en directo o traballo de artesáns da olería de Buño no Ecomuseo do Forno do Forte e do liño, cristal e do encaixe de Camariñas no Museo de Artesanía en Vivo do Castelo de Vimianzo. Pero sobre todo foron testemuñas da espectacular beleza dos Cabos declarados Lugares de Interese Comunitario: o Cabo de Fisterra, e do Cabo de Vilán, onde tiveron ocasión, neste último, de visitar o Centro de Interpretación dos Naufraxios e dos Faros.
Tarta de queixo
-seis ovos
-250grs de queixo fresco
-200ml de nata líquida
-200grs de azúcre
-200grs de fariña
-1 sobre de levadura royal
-4 yogures de vainilla
2.PREPARACIÓN
O primeiro paso é votar os ovos e o queixo fresco nun recipiente.
Despois hai que batilos ben,votar a nata, o azúcre,os yogures e batir todo moi ben.
A continuación votar a fariña e a levadura e batir  todo bien.
O paso final trátase de untar o molde  coa mantequilla.
Poñer o forno a quentar a 250º.
O tempo de  cocción  é de 45 minutos.
Mabel Cuadrado
Ollomol ao limón
-1 ollomol de 1,5kg
-2 dentes de allo
-2 culleradas de  pirixel picado
-1 limón ás rodas
-1 cullerada de sal
-medio baso de viño branco
-zume de 1 limón
2.PREPARACION
Ao ollomol lavado,limpo e enxoito, facémoslle   uns cortes ao través para meter cadansúa roda  de limon.
Cubrímolo co resto dos ingredientes,ben machacados nun morteiro,e asamos 20 minutos a 170ºC no forno xa quente.
Bacalao en tarteira
-allos
-cebolas
-pemento verde
-pemento vermello
-viño branco
-pirixel