AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

Estudar 2º de Bacharelato
Este ano Laura e Rocío gañaron o 2º premio no XI Concurso de relato oral: TÍRALLE DA LINGUA, na categoría de 2º Ciclo de ESO e ensino postobrigatorio.

O certame organízao cada ano a AS-PG e desenvólvese en dúas fases, a primeira nos centros de ensino e a final en Santiago, na que participan as alumnas e alumnos de toda Galicia escollidos polos propios centros para representalos.

A contada de Rocío e Laura centrouse nos estudos de 2º de Bacharelato, algo que as dúas coñecen moi ben.

Aquí as temos despois de gañar no Breamo:


IES Breamo de Pontedeume
15 de abril de 2011


E aquí as podemos ver no escenario do Teatro Principal de Santiago onde serían recompensadas co segundo premio da súa categoría:


Teatro Principal de Santiago.
28 de abril de 2011



Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 02. Contando contos - Publicado o 02-07-2011 19:53
# Ligazón permanente a este artigo
A festa non vai parar. Vídeo gañador no I Concurso de Videoclips do Breamo
Este foi o vídeo gañador no I Concurso de Videoclips do Breamo convocado polo EDLG do IES Breamo na Semana da Música (maio 2011).

Idea e montaxe: Ana Varela García e Laura Cortizas Feal (3º ESO)

Música: "A festa non vai parar" de Dj SON1C feat. ISIS (www.moguda.com)




Deixa o teu comentario (2) - Categoría: 00. Gabarra de Música - Publicado o 08-06-2011 23:08
# Ligazón permanente a este artigo
Os videoclips favoritos do público na Semana da Música do Breamo
Esta lista de música recolle, respectando a orde de preferencia, os sete videoclips máis votados polo público do IES Breamo na Semana da Música que tivo lugar este mes de maio:

GgAaL-EGO por El Puto Coke (2010)
Quedamos nesa praza de Som do Galpóm (2009)
Herdeiros da ditadura de Dios Ke Te Crew (2006)
Calamar por The Homens (2007)
Camiños de Lamatumbá (2008)
Ninfa das frescas augas de Roi Casal (2008)
Espida de credo de Fanny + Alexander (2009)


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 00. Gabarra de Música - Publicado o 06-06-2011 18:28
# Ligazón permanente a este artigo
GgAaL-EGO. El Puto Coke
El Puto Coke, que leva 16 anos rimando, ofreceunos esta primavera o primeiro videoclip do seu último traballo discográfico e escolleu para facelo o tema 'GgAaL-EGO' e un lema que é toda unha declaración de principios: 'O galego é práctico'.

O resultado é un modelo de como o galego pode chegar a públicos e rexistros de todo tipo, rachando cos estereotipos trasnoitados que llo impiden.

O videoclip 'GgAaL-EGO' foi o favorito do público na Semana da Música que tivo lugar no Breamo este pasado mes de maio:



Lírica: El Puto Coke para Licorkafe.com
Producido por: Bleis
Gaita e Whistles: Anxo Lorenzo
Voces Adicionais: Wöyza
Scratch: Dj Fabian

Máis información en:

"Orgullo de ser galego a ritmo de rap"

"El Puto Coke, o galego é práctico"


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 06-06-2011 14:03
# Ligazón permanente a este artigo
Microrrelatos premiados no II CONCURSO DE MICRORRELATOS DO IES BREAMO

Estes son os microrrelatos premiados no II Concurso de Microrrelatos do IES Breamo, convocado polo EDLG do IES Breamo e a ANPA ?Augabar" do centro, co patrocinio do Concello de Pontedeume e da Deputación da Coruña:


UN SEÑOR CON SÍNDROME DE DIÓXENES

Un día presentáronme a un señor con síndrome de Dióxenes ou, mellor dito, obrigáronme a coñecer a un pobre señor con esta horrible enfermidade. El era intelixente e tiña un gran patrimonio, aínda que repartía mal os seus cartos nas súas preferencias.

Eu estaba desexando coñecelo, pero agora sei que me equivoquei e que esta persoa ten un grave problema, non para de ensuciar a súa propia casa e está a danala. Este problema debería solucionalo porque, se non o fai pronto, botarano da súa propia vivenda. Agora teño que convivir con este señor, el chámase Humanidade. Se o coñecedes pídovos axuda para convencelo e que deixe de coleccionar lixo na súa vivenda, tan bonita como era esta e estase estropeando.

Luís Crego Rodríguez (3º ESO A)
PREMIADO NA CATEGORÍA A (aberta ao alumnado de 1º, 2º e 3º ESO)


AMOR IMPOSIBLE

Coñecina unha noite. Foi amor a primeira vista, algo misterioso, desconcertante, envolvente facía que non quixera saír de xunto daquela dama. Con ela sentía cousas que non sentía con ninguén máis. Era un amor prohibido, pero eu queríaa. Matei, dediqueime á delincuencia, e todo por ela, para manter o seu alto nivel de vida. Ninguén ma ía roubar. Era miña.

Separáronnos. A miña familia está desfeita e din que é pola súa culpa, pero ela non é a culpable, non comprenden que non podo vivir sen ela. Agora somos a mesma persoa. Non poden reterme máis tempo aquí, mañá cumpro os dezaoito anos. Chámase Droga, e sei que segue a agardarme nalgún recuncho da cidade.

Silvia Legaspi Grueiro (2º Bacharelato B)
PREMIADA NA CATEGORÍA B (alumnado de 4º ESO e Bacharelato)


A ÚLTIMA BOCA

A terra de Mauthausen é máis lixeira que a dos Loureiros. Boa para cavar fondo.

Cavo á forza, e córtome o traxe de terra. Lémbrote, costureiriña, cortándome o traxe que levei á festa do Castro no trinta e cinco, antes de que todo isto comezase. Alisábasme a lapela, costureiriña; bicábasme na caluga. Os teus labios quentes, coma de veludo, a facerme cóxegas na alma.

Dentro de nada serei nada. Serei aire para enredarme na túa saia, serei folla de ameneiro, serei pinga de orballo e anaco de pensamento. Serei ti, serei contigo. Mágoa que a última boca que xa me arrefría o pescozo non sexa a túa, costureiriña, senón a boca de ferro dunha arma regulamentaria disposta a ceibarme o bico derradeiro, na caluga.

Miguel Rodríguez Carnota (Profesor de Inglés)
PREMIADO NA CATEGORÍA C (aberta a profesorado, persoal non docente e nais e pais)


ANIMALADAS

Na cuberta de Riazor, nos domingos de partido, quedan gaivotas a ver o fútbol. Malia ser aves palmípedas, parece que unha delas ten bastante ollo para os fóras de xogo. Se o árbitro se equivoca, manifesta o seu desacordo desde as alturas cun graznido. Troski, o can de Onofre, só se aventura a atravesar polo paso de peóns despois de escoitar: ?Avenida da Mariña, pode cruzar?. A pesar de ser un can de palleiro, cando sae de paseo sabe moi ben onde pode mexar. Onofre expresa o seu desacordo nas manifestacións queimando papeleiras e caixeiros automáticos. E cando vén de retirada para a casa os domingos pola mañá tén por costume vaciar a vexiga de cervexa nos portais da súa rúa, pese a que ten enmarcado no salón da casa un título de licenciado universitario.

Juan José Vázquez Pousada (Profesor de Lingua e Literatura Castelá)
MENCIÓN ESPECIAL NA CATEGORÍA C (aberta a profesorado, persoal non docente e nais e pais)


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 01. IES Breamo - Publicado o 31-05-2011 22:30
# Ligazón permanente a este artigo
Agasallo para o mundo de Hugo Torreiro e Yhadira García


Pódense escoitar outras versións en Agasallo para o mundo

Toda a información sobre a acción en Agasallo sincronizado para o mundo (GalegoLab)




Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 14. Campañas dinamizadoras - Publicado o 17-05-2011 21:36
# Ligazón permanente a este artigo
Agasallo para o mundo dos Mordecáns


Pódense escoitar outras versións en Agasallo para o mundo

Toda a información sobre a acción en Agasallo sincronizado para o mundo (GalegoLab)




Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 14. Campañas dinamizadoras - Publicado o 17-05-2011 21:32
# Ligazón permanente a este artigo
Agasallo para o mundo de Ángeles Dorrio e Sergio Delgado


Pódense escoitar outras versións en Agasallo para o mundo

Toda a información sobre a acción en Agasallo sincronizado para o mundo (GalegoLab)



Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 14. Campañas dinamizadoras - Publicado o 17-05-2011 21:24
# Ligazón permanente a este artigo
Felices Letras!
No Caderno de Lingua descubrimos esta pequena xoia para celebrar as Letras: o grupo de infantil (5 anos) do CEIP Felipe de Castro de Noia interpreta o poema "Revisando os danos", de Lois Pereiro, durante unha clase de Educación Física:



A man dereita á dereita do corpo,
a man esquerda á esquerda.
En plenas facultades,
teño a cabeza no centro do mundo
e voulle cambiando os argumentos
ós meus soños escasos e prudentes.

nadal, 94

Poemas póstumos (1992-94)

PEREIRO, Lois, 1995, Poesía última de amor e enfermidade 1992-1995, Santiago de Compostela: Positivas


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 06. Letras Galegas - Publicado o 17-05-2011 11:32
# Ligazón permanente a este artigo
Modesta proposición. Lois Pereiro
AGORA AÍNDA TEÑO OPCIÓN PARA EXILIAR O MEU ESPÍRITO NO ÁRTICO, EN ASIA OU NO NEPAL, E TEÑO PERMISO PARA QUE NADA HUMÁN ME SEXA ALLEO. POR ISO PODO DECIDIR MILITAR NA MIÑA PROPIA LINGUA, "PORQUE QUERO, ME PETA E ME DA A GAÑA..." MOITAS CULTURAS SE CRUZAN NO MEU ESPÍRITO E NO MEU CORAZÓN NON HAI FRONTEIRAS. NINGUÉN ME IMPEDIU NUNCA SER MÁIS CRÍTICO E SARCÁSTICO CO QUE EU SINTO MEU, PROPIO E HERDADO.

DEFENDÁMONOS, LOGO, CALADAMENTE, CON FURIA, OU CON HUMOR TIBETANO, PERO NON TRANSIXAMOS CUNHA SOIA AGRESIÓN MÁIS, PORQUE OS ATAQUES ESTÁN SENDO MÁIS SUTÍS, MÁIS CHEOS DE ARGUMENTOS, DE FALSA ERUDICIÓN, EN NOME DO PROGRESO OU DUNHA INCERTA IRMANDADE UNIVERSAL QUE SÓ AVANZA CARA A UNIFORMIDADE TECNOLÓXICA. ESTÁ EN XOGO A NOSA SUPERVIVENCIA, E NON SÓ COMO POBO, SENÓN COMO SERES HUMÁNS: OS MESMOS QUE DESDE AS SÚAS ORIXES COMA ESPECIE FORON CREANDO MILLEIROS DE LINGUAS E CULTURAS QUE PERVIVEN OU NON, CREADAS POLA PURA NECESIDADE DE AUTOSUPERACIÓN E TRASCENDENCIA DO ESPÍRITO HUMÁN.

A REFLEXIÓN, AS IDEAS, A CREACIÓN OU AS PALABRAS. A ARTE E A CULTURA É SEMPRE O QUE ME SALVA DA TENTACIÓN DA MORTE, E ME ANIMA A REINICIAR, A REANUDARME NO COÑECEMENTO E NA TRANSFORMACIÓN DA MIÑA ALMA EXTRAVIADA.


Lois Pereiro, Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 06. Letras Galegas - Publicado o 17-05-2011 11:09
# Ligazón permanente a este artigo
En Leonberg. Manu Clavijo
Manu Clavijo musicou o poema que Lois Pereiro escribiu con este título e aquí podemos ver o videoclip coa súa canción:



Realización: Gonzalo Enríquez
Produción: Mr Misto Films


"Bid adieu, adieu, adieu,
Bid adieu to girlish days".
J. JOYCE
("Chamber music", XI)



ABURRIDO
un olor a café
na indiferencia de Praga.
Prumas na cabeza, verde artificial.
Unha entrada excitante
para un xogo final de namorados.

Un tenor azul canta o turno da pasión cando
cae o único inocente.

Sobre o fondo exipcio
a testa ladeada, de perfil.


PEREIRO, Lois, 1996, Poemas para unha loia, A Coruña: Espiral Maior


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 15-05-2011 21:45
# Ligazón permanente a este artigo
Narcisismo. Radio Océano
"Narcisismo", na onda post-punk sinistra de principios dos 80 e con letra de Lois Pereiro, foi a canción que máis sona lle deu a Radio Océano e, curiosamente, a única que non apareceu no seu único álbum Nin falta que fai, manténdose inédita na súa discografía.



Ademais de fotos daquel único álbum Nin falta que fai e a única instantánea do grupo na época, este vídeo ten imaxes do grupo na súa única reunión, 25 anos despois, o 22 de abril de 2010, na Sala Nasa de Santiago de Compostela.

Realización: Xavier Valiño


Letra: Lois Pereiro

Sigo os pasos do sangue no meu corpo
e coa unlla do meu dedo máis firme
abro un sulco vermello en media lúa
na vea que me acolle tan azul

Narcisismo
narcisismo...


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 13-05-2011 22:02
# Ligazón permanente a este artigo
A obra de Lois Pereiro

Aínda que Lois Pereiro só publicou dous poemarios en vida, unha parte importante da súa obra foi publicada despois da súa morte. Accede á bibliografía de Lois Pereiro na CGENDL



Pero ademais de ler os seus libros, na actualidade tamén podemos escoitar a súa voz en entrevistas que lle fixeron para a radio, o poeta falando da súa obra e recitando os seus versos, poemas seus recitados por outra xente ou cantados... Escóitao na fonoteca da CGENDL.


MÁIS POEMAS DE LOIS PEREIRO no blog Literalingua


A continuación temos a Arturo Casas, Antón Losada, Paco Macías, Antón Patiño e Antón Lopo lendo cinco poemas de Lois Pereiro nun vídeo de Luís Aldegunde e Sara Paz:




Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 06. Letras Galegas - Publicado o 13-05-2011 18:25
# Ligazón permanente a este artigo
Lois vive



Teaser do documental baseado na vida e obra do falecido poeta galego Lois Pereiro. Xunto coa achega musical de Manu Clavijo, este documental pretende homenaxear nunha doble vertente, a figura deste magnífico escritor e artista: por un lado a súa parte máis humana e por outro, a súa rica faceta literaria.

Guión e realización por Gonzalo Enríquez. Produción de Mr Misto Films.

Máis vídeos na web da CGENDL sobre Lois Pereiro e sobre a súa obra.
Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 06. Letras Galegas - Publicado o 13-05-2011 17:09
# Ligazón permanente a este artigo
Lois Pereiro por Séchu Sende

"Lois dentro dumha caixinha" por Séchu Sende

A imaxe publicouna Séchu Sende no seu blog, Made in Galiza (13/03/2011), onde nos permite gozar de máis imaxes desta pequena obra de arte.



Vía: Web de Lois Pereiro


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 06. Letras Galegas - Publicado o 13-05-2011 10:07
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [7] [8] [9] 10 [11] [12] [13] ... [66]
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0