AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

As portas están abertas
As nosas portas están abertas un curso máis, e xa imos polo quinto, para darmos comezo a unha nova travesía virtual destas Gabarras eumesas.

Agardámosvos quentando motores!






Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 01. IES Breamo - Publicado o 19-09-2011 22:13
# Ligazón permanente a este artigo
Feliz verán á xente toda!!!!!!!!!
E aquí estamos por fin desexándovos un feliz verán, non sen antes darvos as grazas a todas e todos.

Aos que estivestes co Equipo desde o primeiro día e aos que vos incorporastes despois. Á xente que colaborou dando ideas e á que arrimou o ombreiro para levalas adiante. A quen deu a cara no escenario e a quen animou desde o patio de butacas. Grazas por tanta enerxía e disposición.

Eis unha memoria gráfica do curso que remata. E o curso que vén, máis!




Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 01. IES Breamo - Publicado o 04-07-2011 11:08
# Ligazón permanente a este artigo
Fala Londres
Fala Londres é o nome do blog do grupo de alumn@s de lingua e literatura galega do I.E. Vicente Cañada Blanch de Londres, sito no 317 de Portobello Road.

Así é como se presentan:

Un somos galeg@s nacid@s en Galicia. Outros somos galeg@s nacid@s en Londres. E outr@s queremos saber máis de Galicia. Somos de distintos niveis, dende Primaria ata Bacharelato. Algúns somos galego-falantes e outr@s habemos de selo.

E estas son actividades súas deste curso. Un exemplo estimulante:




Recomendamos vivamente o blog, en especial a súa sección OS NOSOS VÍDEOS.


Deixa o teu comentario (3) - Categoría: 05. Sitios Web - Publicado o 04-07-2011 10:29
# Ligazón permanente a este artigo
A festa non vai parar. Máis un videoclip
Adrián e Mario, de 3º ESO A, agasalláronnos cun novo videoclip a partir do tema dance do Dj Son1c "A festa non vai parar" e aquí o compartimos convosco:




Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 00. Gabarra de Música - Publicado o 03-07-2011 11:46
# Ligazón permanente a este artigo
O merengue do porquiño
O merengue do porquiño de Joselito gañou o A polo Ghit do ano 2009.

A partir deste tema, Diego e Luís, de 3º ESO A, fixeron este videoclip. Que diremos? Gozade da festa ou bo proveito?:






Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 00. Gabarra de Música - Publicado o 03-07-2011 11:46
# Ligazón permanente a este artigo
Consellos para este verán: Música galega ao vivo!
Eis os consellos de Román Landín para este verán publicados na revista Irimia, o que podedes ver ampliado premendo no seguinte enlace:

O verán, tempo para as músicas ao vivo.




Pódese consultar o calendario de actuacións musicais en MUSIQUEoh!, un novo sitio na rede que centraliza as páxinas dedicadas á música galega.


Fonte: Caderno de Lingua


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 03-07-2011 11:45
# Ligazón permanente a este artigo
Transformando a indignación colectiva en creatividade, ilusión e esperanza para construír futuro para o galego.

Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 13. A cidadanía na defensa do galego - Publicado o 03-07-2011 11:28
# Ligazón permanente a este artigo
Vinte anos normalizando no ensino
Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 14. Campañas dinamizadoras - Publicado o 03-07-2011 11:28
# Ligazón permanente a este artigo
O peche de medios de comunicación, un empobrecemento colectivo
Comunicado da RAG ante a desaparición de Galicia Hoxe:



A Coruña, 30 de xuño de 2011



Perante o peche de Galicia Hoxe, xornal de información xeral, escrito na súa integridade no idioma galego, a Real Academia Galega considérase na obriga de expor ante a opinión pública e as institucións de Galicia unha chamada de inquietude, alerta e responsabilidade:

1. O devandito peche de Galicia Hoxe non é un feito illado, senón que vén precedido da desaparición doutros medios do espazo de comunicación en galego, sinaladamente o xornal dixital Vieiros e as revistas A Peneira e A Nosa Terra, de información xeral. Todos eles, algúns dos poucos e principais vimbios que termaban dun espazo de comunicación na lingua propia de Galicia.

2. Estamos, pois, ante algo máis que un síntoma preocupante ou que un "dano colateral" producido como efecto da crise económica. A concorrencia de peches ten a dimensión dun devalo brutal, dunha catástrofe no espazo da comunicación, que afecta á supervivencia e espallamento do idioma de Galicia, que limita a imprescindíbel pluralidade nunha sociedade democrática, que supón unha perda empresarial e empobrece e pon en precario, aínda máis, a situación dos profesionais e traballadores no eido xornalístico.

3. Os bens e medios de comunicación son un elemento basilar no uso público dunha lingua e a historia da normalización do galego a través dos xornais ofrécenos unha cartografía na que nos situar no mundo. Porque os medios de comunicación son un baremo decisivo para medir o estado xeral dunha sociedade, do seu apagamento ou da saída á luz. Cando un xornal se silencia, cando son varios os que se acalan, é a sociedade e o país enteiro o que pode ficar ermo, sumido nun foxo histórico anacrónico, sen pulso de liberdade.

4. As institucións públicas, e nomeadamente o Goberno galego, non poden quedar pasivas ante este devalo, que ten tan graves consecuencias en todos os eidos, no futuro lingüístico e cultural, mais tamén no social, empresarial e dos dereitos democráticos. O Goberno galego, co resto das institucións políticas, non pode adiar máis as súas responsabilidades. Ten que desenvolver e regular de xeito transparente as obrigas que se derivan do Estatuto de Autonomía, da Lei de Normalización Lingüística e do Plan xeral de normalización da lingua galega, que declara explicitamente como un dos seus obxectivos o de iniciar un proceso de incremento anual e constante do uso do galego nos medios de comunicación públicos e privados que supere a actual situación de marxinación e de confinamento no eido cultural. As prestacións, a publicidade, as subscricións, e outros recursos públicos, deben distribuírse con rigor e xustiza, de xeito claro e con supervisión de organismos independentes, tendo en conta sempre, como un valor engadido, o apoio ao uso do idioma galego. Por ser unha esixencia legal democrática, ao estar nunha desigualdade de condicións históricas.

5. A RAG, tal como fixo no 2001, co texto "Propostas da Real Academia Galega ao Goberno e mais ao Parlamento de Galicia", elaborará un novo informe que afonde nas causas e posíbeis solucións ante o devalo do espazo da comunicación en Galicia.


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 15. Reflexións sobre a lingua - Publicado o 03-07-2011 11:18
# Ligazón permanente a este artigo
Perdemos outra batalla
Artigo de Ceferino Díaz
A Nosa Terra (30/06/2011):

Asistimos con moita mágoa hai meses ao peche forzoso do semanario A Nosa Terra, que abandonaba o soporte papel para ficar resistindo na rede. Tócalle agora a Galicia Hoxe, nun evidente signo de que as cousas non se están facendo ben. Que sexan precisamente dous medios de comunicación escritos integramente na nosa lingua os que paran a rotativa non pode ser casualidade.

Pese a quen lle pese, a existencia de medios de comunicación co galego como única lingua (si, tamén a televisión) é imprescindíbel para poder normalizalo, pero non só; tamén o bilingüismo harmónico precisa deses medios en aras de conquerir o necesario equilibrio.

O artigo completo
Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 15. Reflexións sobre a lingua - Publicado o 03-07-2011 11:15
# Ligazón permanente a este artigo
Galicia Hoxe


Artigo de Manuel Bragado
no blog Brétemas (28/06/2011)

O peche de Galicia Hoxe é o enésimo fracaso colectivo do proxecto de Galicia como nación cidadá. O ecosistema da lectura en galego, esa arboriña que agarimamos dende hai máis de cento cincuenta anos, perde outro dos seus froitos máis preciosos. Inevitablemente, dende hoxe todo este ecosistema e toda a súa biodiversidade quedará moi danado; sen esquecer que despois de ter desaparecida xa toda a prensa impresa en galego, os perigos que corremos outros sectores do tecido empresarial da lectura en galego son moi considerables.

Artigo completo


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 15. Reflexións sobre a lingua - Publicado o 03-07-2011 11:13
# Ligazón permanente a este artigo
Parabéns para Arjé Teatro


Este xuño, o grupo Arjé Teatro do IES Breamo gañou dous premios e catro mencións no XIV Certame Candilejas Don Bosco, celebrado no Colexio Calvo Sotelo da Coruña, coa obra As Sombras de Electra.


Premio á mellor actriz xuvenil 2011 para Xoana Arias no papel de Electra.

Quinto premio ao grupo xuvenil para todos os integrantes de Arjé Teatro.

E as mencións destacadas foron para as actuacións de:

Silvia Legaspi -Clitemnestra

Carlos Fernández -Orestes

Ismael Barbeito -Aio

Martín Carballeira -Cidadán arxivo



Parabéns a todas e todos polo tan merecido éxito!


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 01. IES Breamo - Publicado o 03-07-2011 11:10
# Ligazón permanente a este artigo
Os ultramarinos
Sara recibiu un accésit no certame de narración oral TÍRALLE DA LINGUA do IES Breamo, na modalidade de 1º Ciclo de ESO, e fíxoo cunha narración baseada nun monólogo de Róber Bodegas.

E co mesmo relato participou en Santiago na Final do XI Concurso de relato oral: TÍRALLE DA LINGUA, organizado pola AS-PG. E tocoulle actuar de primeira na súa categoría e romper o xeo e fíxoo tan disposta:


Teatro Principal de Santiago.
28 de abril de 2011



Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 02. Contando contos - Publicado o 02-07-2011 20:04
# Ligazón permanente a este artigo
A condución
Carla foi a gañadora do certame de narración oral TÍRALLE DA LINGUA do IES Breamo, na modalidade de 1º Ciclo de ESO, e gañou cunha narración baseada nun monólogo de Carlos Blanco.

E alá foi despois participar a Santiago na Final do XI Concurso de relato oral: TÍRALLE DA LINGUA, organizado pola AS-PG:


Teatro Principal de Santiago.
28 de abril de 2011




Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 02. Contando contos - Publicado o 02-07-2011 20:01
# Ligazón permanente a este artigo
A verdade
Caetán e Antonio fixeron pública unha verdade oculta máis de catrocentos anos... e recibiron un accesit no certame de narración oral TÍRALLE DA LINGUA do IES Breamo, na categoría de 2º Ciclo de ESO e Bacharelato.


IES Breamo de Pontedeume
15 de abril de 2011.


E aquí temos a súa contada na Final do XI Concurso de relato oral: TÍRALLE DA LINGUA, organizado pola AS-PG, na que representaron o Breamo por segundo ano consecutivo:


Teatro Principal de Santiago.
28 de abril de 2011



Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 02. Contando contos - Publicado o 02-07-2011 19:54
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0