AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

ConxuGalego para Android


O enxeñeiro informático Xurxo Méndez e a deseñadora Sabela Barreiro lanzaron o 15 de novembro ConxuGalego, unha aplicación para dispositivos co sistema operativo Android que permite introducir o infinitivo de calquera verbo en galego, sexa regular ou irregular, e obter a conxugación deste en tódalas súas formas verbais.

O conxugador é software libre e está baseado en Conshuga do Departamento de Gramática da Universidade de Santiago de Compostela.

O conxugador funciona para móbiles con Android 2.0 en adiante e está dispoñible no Android Market de balde.



Fonte: Galicia Confidencial e Código Cero


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 05. Sitios Web - Publicado o 05-12-2011 23:47
# Ligazón permanente a este artigo
Medo e sorpresas no Breamo
Este ano tamén houbo contos de medo no Breamo para o alumnado de 1º ESO. Falouse do medo ao que non existe, do medo ao que si existe e mesmo do medo de quen non ten medo.

Pero, a diferenza dos cursos anteriores, ademais das narracións preparadas pola xente do EDLG, este ano houbo sorpresas ao final, e nun arranque de euforia contadora saltaron ao escenario espontáneos de diversas idades. Recoñecedes a alguén?















Colaboraron Tamara Diz, Carla Silvar, Sara Rodríguez, Rocío Tenreiro, Ana del Pozo, Daniel Domínguez, Gloria Moares, Fernando Querol, Alejandro Carpente e Carlos Leira.

Grazas a todas e todos polo esforzo previo e pola improvisación do momento, que é a salsa da vida.



Outros momentos de medo no Breamo:

Edición especial de Cuarto Milenio no Breamo 2009

Contos de Defuntos no Breamo 2010


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 01. IES Breamo - Publicado o 05-12-2011 21:37
# Ligazón permanente a este artigo
Valentina Formoso: 'O principal reto neste momento é o de ilusionar aos equipos para seguir traballando nunhas situacións moi difíciles'

Valentina Formoso foi reelixida hai uns días presidenta da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENL) co principal obxectivo de dignificar o uso do galego e extender o seu uso dentro e fóra dos centros de ensino.


Xurxo Salgado faille unha interesante entrevista a Valentina Formoso, coordinadora da CGENDL, para Galicia Confidencial.



Fonte: Carta Xeométrica


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 12. Política Lingüística - Publicado o 26-11-2011 20:49
# Ligazón permanente a este artigo
1ª aventura da muller lamprea
Vídeo-conto creado no curso 2010-11 polo alumnado de 1º ESO C-D do IES As Barxas, en Moaña, coa técnica da stop motion ou parada de imaxe.




Vía: Carta Xeométrica


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 14. Campañas dinamizadoras - Publicado o 26-11-2011 20:27
# Ligazón permanente a este artigo
Os Equipos de Normalización e a Aula Castelao, premios Xoán Manuel Pintos 2011


O Premio Xoán Manuel Pintos ten dous obxectivos fundamentais: recoñecer a aquelas persoas, empresas, asociacións ou entidades radicadas en Galicia que impulsan o galego e a súa presenza na sociedade, e manter viva a memoria de Xoán Manuel Pintos, unha das figuras máis importantes do Rexurdimento.

Deste xeito, a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística recibiu o premio Xoán Manuel Pintos 2011 na categoría traxectoria recente, polo seu labor a prol da lingua no ano en curso.

O xurado salientou o traballo da Coordinadora non só polo labor que está a facer como asociación, senón tamén porque exemplifica e aglutina os equipos de normalización lingüística de todo o país.

Pola súa banda, a Aula Castelao de Filosofía foi merecedora do premio na categoría de toda unha traxectoria a prol da lingua, pois esta asociación leva trinta anos a defender a lingua galega e a facer posible que o galego sexa unha lingua normal na transmisión e no debate do pensamento científico máis actual.

A entrega do premio tivo lugar o venres 25 de novembro no Pazo de Mugartegui.

Os premios Xoán Manuel Pintos están convocados polo Concello de Pontevedra e a Rede de Entidades Amigas da Lingua (REAL) e non teñen dotación económica.

Máis información en www.pontevedra.eu, web do Concello de Pontevedra, e no Diario de Pontevedra


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 13. A cidadanía na defensa do galego - Publicado o 26-11-2011 20:06
# Ligazón permanente a este artigo
O portugués ao noso alcance


No curso OPS! O PORTUGUÊS SIMPLES, que impartiu esta mañá a profesora Antía Cortizas no IES Breamo, cumpríronse todas as espectativas: a aula de usos múltiples repleta de participantes, moita atención e participación ao longo dos 100 minutos que durou o obradoiro e caras de satisfacción na despedida.

E non é para menos, pois quen sabe galego parte con vantaxe nisto de aprender portugués, esa lingua que naceu en Galiza hai máis de mil anos e que é a sexta lingua máis falada do mundo e oficial en oito países. Ou sexa, que agardan por nós nada menos que 230 millóns de oportunidades!




Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 01. IES Breamo - Publicado o 17-11-2011 17:23
# Ligazón permanente a este artigo
OPS! no IES Breamo

Estamos fart@s de escoitar que se sabemos galego énos moi doado aprender portugués, mais non sempre temos a ocasión de experimentalo.

No IES Breamo terá a oportunidade de comprobalo o alumnado de Bacharelato este xoves 17, no obradoiro OPS! O PORTUGUÊS SIMPLES. E podemos asegurar que hai moita expectación!



Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 01. IES Breamo - Publicado o 16-11-2011 21:53
# Ligazón permanente a este artigo
Conxugador verbal CilenisConxugador


Contamos cunha nova ferramenta lingüística que permite conxugar os verbos galegos en liña: o CilenisConxugador.

A ferrramenta dispón ademais dunha versión en portugués para facilitar a conxugación dos verbos portugueses.

Trátase dun proxecto de Cilenis, unha nova empresa dedicada ao procesamento de linguaxe e á enxeñaría lingüística.

Aprendemos os verbos desta volta? :-)


Vía: Blog A Profa


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 05. Sitios Web - Publicado o 10-11-2011 18:27
# Ligazón permanente a este artigo
A lingua sabe a pan

Desde o cole de Cea chéganos esta declaración de amor á lingua que sabe a pan. Que rica que sabe!

Trátase dun lipdub do CPI Virxe da Saleta sobre unha versión de "Sweet Home Alabama" de Lynyrd Skynyrd, popularizada por Siniestro Total como "Miña Terra Galega".

Sobre unha idea de Álvaro Cunqueiro, naceu a letra de "A Lingua Sabe a Pan".

Contou coa participación de todo o alumnado do CPI e dos músicos Pedro Feijoo e Charly Lincoln que gravaron, misturaron e produciron nos estudios Muu! de Vigo.

Ademais, tamén nós podemos cantar a canción na versión que fixeron en Karaoke:





Fonte: Ana Veira


Deixa o teu comentario (1) - Categoría: 14. Campañas dinamizadoras - Publicado o 08-11-2011 11:16
# Ligazón permanente a este artigo
En galego tamén se fai ciencia. Entrevista a Ángel Carracedo

Ángel Carracedo from En galego tamén se fai ciencia on Vimeo.



Entrevista a Ángel Carracedo inserta na campaña "En galego tamén se fai ciencia" promovida pola Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística en 2010.

Ángel Carracedo é profesor e director do Instituto de Medicina Legal e do Grupo de Medicina Xenómica da Universidade de Santiago de Compostela.


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 15. Reflexións sobre a lingua - Publicado o 08-11-2011 11:04
# Ligazón permanente a este artigo
Aplicacións da investigación xenética: o seu uso na práctica policial

Imaxe da videoconferencia no IES Breamo


O 4 de novembro, dentro das actividades do II Día da Ciencia en Galego, máis de 6000 estudantes do Ensino Secundario de toda Galicia asistiron á videoconferencia "Aplicacións da investigación xenética: o seu uso na práctica policial", impartida polo catedrático de Medicina Legal Ángel Carracedo.

A videoconferencia, que axiña se poderá ver na rede, foi organizada pola CGENDL e a Área Multimedia e TIC da USC. O profesor Román Landín presentouna desde o CPI de Soutomaior para os 100 centros que estabamos conectados ás 12:30 da mañá e o profesor Carracedo falou dende a cidade de Natal, no Brasil, onde se atopaba nun congreso.

No Breamo, como nos demais centros participantes, había moita expectación polo tema e polo ponente e o evento non defraudou. Foi todo un éxito.

O evento púidose seguir nas redes sociais, pero os medios de comunicación profesionais apenas se fixeron eco da noticia... Será que a eles o tema non lles interesa?


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 14. Campañas dinamizadoras - Publicado o 07-11-2011 16:19
# Ligazón permanente a este artigo
II Día da Ciencia en Galego

Este 4 de novembro celébrase a segunda edición do Día da Ciencia en Galego, para defender o dereito a gozar da ciencia en galego, algo que sorprendentemente non está garantido no ensino en Galicia.


Son moitas as actividades que se desenvolverán estes días nos centros de ensino para demostrar que a ciencia se pode facer en galego e que ademais xa se está facendo en moitos lugares de Galicia e do mundo.


Convocados pola CGENDL, o ano pasado demostráronnolo catro especialistas en Física de Partículas do CERN que participaron na videoconferencia DO CERN A COMPOSTELA COA FÍSICA DE PARTÍCULAS.


Este ano será o doutor Ángel Carracedo, un referente mundial no campo da medicina xenética e legal, o que se achegará a cen institutos galegos, entre eles o noso, a través da videoconferencia APLICACIÓNS DA INVESTIGACIÓN XENÉTICA: O SEU USO NA PRÁCTICA POLICIAL.

Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 14. Campañas dinamizadoras - Publicado o 03-11-2011 16:10
# Ligazón permanente a este artigo
Como defenderes os teus dereitos lingüísticos en Pontedeume
Hoxe venres 30 de setembro ás 19:30 preséntase na Biblioteca Municipal de Pontedeume o libro de Carlos Callón Como defenderes os teus dereitos lingüísticos.

No acto, organizado polo Colectivo Cultural Terra e pola Mesa pola Normalización Lingüística de Pontedeume, intervirán Miguel Rodríguez Carnota, director do IES Breamo, e o autor.

Nesta obra con vocación de manual de autoaxuda, Carlos Callón proponnos que protagonicemos no día a día a revitalización do noso idioma a través de pequenas accións. Porque, tal e como el di, «os pequenos xestos poden orixinar grandes transformacións».



Ficha do libro en Xerais



Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 13. A cidadanía na defensa do galego - Publicado o 30-09-2011 07:28
# Ligazón permanente a este artigo
Apadriña un festivaleiro
E chegando a estas datas, despois de tanta festa estival, tanta romaría e tanta verbena, só agardamos que o pasásedes moi ben sen acadar tan lamentable estado coma estes festivaleiros:




Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 03. Humor - Publicado o 29-09-2011 23:21
# Ligazón permanente a este artigo
Capela de San Miguel de Breamo



Hoxe aló arriba había moito máis ambiente!


Fonte do vídeo: XOANARCODAVELLA


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 01. IES Breamo - Publicado o 29-09-2011 21:59
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [5] [6] [7] 8 [9] [10] [11] ... [66]
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet