Con este blog queremos dar comezo a unha nova andaina do Equipo de Normalización Lingüística do IES Breamo de Pontedeume, nela abrímoslle as portas a toda a comunidade educativa interesada no proceso de normalización.
Chamámoslle
AS GABARRAS porque así se chamaba o lugar onde agora está construído o noso instituto e porque lles queremos ás palabras e non podemos deixar de quererlles aos nomes propios dos lugares (topónimos), mesmo aos dos máis pequenos (
microtopónimos), pois en cada nome de lugar vive a historia de centos de persoas que pasaron por el e que o nomearon.
As
gabarras son
embarcacións de construción sólida, pequenas e de fondo chato, destinadas á carga e descarga nos portos e tamén ao transporte de mercadorías pola costa. Xa usamos hai anos
AS GABARRAS en formato revista para transportar poemas e contos e agora queremos usar este vehículo na rede para compartir convosco as nosas inquedanzas e ilusións polo futuro da lingua.