AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

Temos lingua propia! Queremos vivir nela!
A Mesa pola Normalización Lingüística, a propósito do Día das Letras 2007, redactou o manifesto "Temos lingua propia! Queremos vivir nela!" defendendo un maior uso do galego no ensino, na administración e nos medios de comunicación e convida a todos os colectivos e persoas preocupadas pola situación do idioma a que o asinen.

Se queredes ler o manifesto e achegar o voso apoio á iniciativa da Mesa, podedes facelo entrando no sitio web http://www.amesanl.org/17maio2007.htm. Ademais, en relación coas ideas expresadas no manifesto, tamén podedes enviar documentos de protesta ao Defensor do Espectador de RTVE e ao Defensor do Contribuínte.

Grazas por adiantado polo voso apoio.


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 14. Campañas dinamizadoras - Publicado o 02-05-2007 20:51
# Ligazón permanente a este artigo
Monólogo de Carlos Blanco. A condución.
Deixa o teu comentario (5) - Categoría: 02. Contando contos - Publicado o 02-05-2007 10:25
# Ligazón permanente a este artigo
Monólogo de Carlos Blanco. Os galegos polo mundo.
Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 02. Contando contos - Publicado o 02-05-2007 10:24
# Ligazón permanente a este artigo
Fatriqueira. A Carolina.
Aquí temos a Faltriqueira novamente, esta vez cantando unha cantiga popular "A Carolina". Nesta versión as eumesas mesturan felizmente a nosa tradición cos ritmos africanos.



Deixa o teu comentario (1) - Categoría: 04. Música - Publicado o 30-04-2007 15:06
# Ligazón permanente a este artigo
Faltriqueira na homenaxe a Zeca Afonso. As sete mulheres do Minho.
Aquí temos a Faltriqueira na homenaxe a Zeca Afonso cantando As sete mulheres do Minho.


As sete mulheres do Minho

As sete mulheres do Minho
Mulheres de grande valor
Armadas de fuso e roca
Correram com o regador
Essa mulher lá do Minho

Que da foice fez espada
Há-de ter na lusa História
Uma página doirada

Viva a Maria da Fonte
Com as pistolas na mão
Para matar os cabrais
Que são falsos à nação


Deixa o teu comentario (4) - Categoría: 04. Música - Publicado o 30-04-2007 14:46
# Ligazón permanente a este artigo
Delicatessenweb

A Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia puxo en marcha en 2006 a iniciativa "MÁIS INTERNET, MÁIS GALEGO, MÁIS FUTURO" para conmemorar o 17 de maio o Día de Internet, o Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información e o Día das Letras Galegas.

Na campaña "+INTERNET+GALEGO+FUTURO" deste ano 2007, desde a páxina www.maisinternetmaisgalego.org proponse, entre outras, unha actividade chamada Delicatessenweb que se desenvolverá entre o 1 e o 17 de maio.

A actividade consiste en facer un catálogo de webs con contidos en lingua galega. Os internautas poderán (poderemos) recomendar aquelas webs en lingua galega que consideren (consideremos) de maior interese polos seus contidos e utilidades e confomar así de modo colectivo un catálogo galego de espazos web.

Sería interesante que participase moita xente facendo propostas e votando as que xa fixeron outros.




Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 05. Sitios Web - Publicado o 30-04-2007 11:16
# Ligazón permanente a este artigo
Abrimos unha sección de páxinas webs
A rede en galego está medrando e non sempre sabemos todo o que podemos atopar en Internet, así que aquí imos comezar a promocionar páxinas en galego que nos parezan especialmente interesantes.

Só pretendemos ir presentando algunhas das moitas páxinas web que hai en galego que poidan ser de utilidade ou simplemente divertidas para a xente do noso centro.

Colaborade presentando as vosas páxinas web favoritas!





Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 05. Sitios Web - Publicado o 30-04-2007 08:57
# Ligazón permanente a este artigo
Uxía na homenaxe a Zeca Afonso. Verdes são os campos.
Como xa mencionou Inés no seu artigo sobre Faltriqueira, a TVG fíxolle unha homenaxe a Zeca Afonso este mércores 25 de abril. Entre outros moitos artistas cantou Uxía Senlle "Verdes são os campos". Fermosa canción que Zeca Afonso compuxo con letra de Luís de Camões. Aquí vai a actuación de Uxía e tamén un momento da gala no que se falou da forte vinculación afectiva de Zeca Afonso con Galicia e dos galegos co Zeca.


Verdes são os campos

Verdes são os campos,
De cor de limão:
Assim são os olhos
Do meu coração.

Campo, que te estendes
Com verdura bela;
Ovelhas, que nela
Vosso pasto tendes,
De ervas vos mantendes
Que traz o Verão,
E eu das lembranças
Do meu coração.

Gados que pasceis
Com contentamento,
Vosso mantimento
Não no entendereis;
Isso que comeis
Não são ervas, não:
São graças dos olhos
Do meu coração.


Luís de Camões
Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 28-04-2007 11:41
# Ligazón permanente a este artigo
Zeca Afonso. Grândola Vila Morena.
Grândola, vila morena foi composta por Zeca Afonso como homenaxe á "Sociedade Musical Fraternidade Operaria Grandolense" no municipio de Grândola, no "Alentejo" (lembrade que o "jo" portugués lese moi parecido ao galego "xo", non ao "jo" do castelán), onde actuou no día 17 de Maio de 1964.

Esta canción fíxose famosa ao ser escollida como sinal para a revolución do 25 de abril de 1974 en Portugal. Houbo dous sinais. O primeiro, ás 23h, foi a canción E despois do adeus, de Paulo de Carvalho. Grândola, que foi o segundo sinal, foi emitida no programa "Limite" de Radio Renascença ás 0.20h do día 25. Foi o sinal para o arrinque das tropas de Lisboa e a confirmación de que a revolución gañaba terreo.

Grândola, vila morena simboliza non só a Revolución dos Caraveis ou dos Cravos en Portugal, senón tamén as ansias de liberdade de todos os pobos oprimidos polas ditaduras.



Grândola, vila morena
Terra da fraternidade,
O povo é quem mais ordena
Dentro de ti, ó cidade.
Dentro de ti, ó cidade
O povo é quem mais ordena,
Terra da fraternidade
Grândola, vila morena.

Em cada esquina um amigo
Em cada rosto igualdade,
Grândola, vila morena
Terra da fraternidade.

Terra da fraternidade
Grândola, vila morena
Em cada rosto igualdade
O povo é quem mais ordena.

À sombra duma azinheira
Que já não sabia a idade
Jurei ter por companheira
Grândola a tua vontade.

Grândola a tua vontade
Jurei ter por companheira,
À sombra duma azinheira
Que já não sabia a idade.


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 28-04-2007 10:51
# Ligazón permanente a este artigo
Faltriqueira

María, Ana, Teresa e Carolina, catro nomes de catro mulleres eumesas que forman o grupo Faltriqueira.

Todo comezou hai máis de dez anos, cando unha mestra de pandeireta e baile as animou a quedar para ensaiar un par de pandeiradas. O que comezou como un divertimento foinas levando de bar en bar primeiro e, anos despois, de escenario en escenario, grazas a grupos como o vasco Oskorri, o galego Luar na Lubre ou ao gaiteiro asturiano Hevia e ás estupendas colaboracións que fixeron con eles.

No 2002 sacan o seu primeiro traballo de nome Faltriqueira, o que presentan en lugares como Namibia, o Forum Barcelona, o festival Rock in Río..., percorrendo media España e parte do estranxeiro.

No 2006 sacaron un segundo disco, Efecto Faltriqueira que as levou a colaborar con Victor Manuel, Tejedor... e actuar en festivais e galas como a emitida este mércores pola TVG en homenaxe a Zeca Afonso.

Non lles gusta que lles chamen pandereteiras, son "Faltriqueira". A súa musica rompeu fronteiras, e agardo, dende aquí, que sigan enchendo os escenarios coa graza e a alegría que tan ben saben transmitir a todo o mundo, e que as ferreñas da súa pandeireta tarden moito en deixar de soar.


Artigo realizado por Inés (3º ESO-A)
Deixa o teu comentario (5) - Categoría: 04. Música - Publicado o 27-04-2007 09:24
# Ligazón permanente a este artigo
Abrimos un apartado de música
A música amansa as feras. A música cóllenos por sorpresa e consegue chegar a lugares do noso corazón que non acada ningunha outra arte... Por iso pensamos que dar información sobre os grupos musicais e cantantes que utilizan o galego pode facer moito pola normalización lingüística, mais tamén pola nosa felicidade.

Animádevos e promocionade os vosos grupos e cantantes favoritos. Aquí caben todos os estilos.
Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 27-04-2007 00:09
# Ligazón permanente a este artigo
Monólogo de Carlos Blanco. Os alcumes.
Aquí temos un dos monólogos de Carlos Blanco emitidos o verán pasado en Somos unha potenzia adicado aos alcumes ou alcuños.

Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 02. Contando contos - Publicado o 25-04-2007 01:00
# Ligazón permanente a este artigo
Somos unha potenzia
Somos unha potenzia foi presentado e dirixido polo vilagarcián Carlos Blanco e producido por Antón Reixa. Un binomio que logo de empezar na televisión con Sitio Distinto, volveu ao ataque cun programa que trataba de derrubar os complexos dos galegos e demostrar que este país é unha potenzia en moitísimas cousas.

Somos unha potenzia tiña un formato de late night show semellante aos que fan, no ámbito español, Manel Fuentes, Andreu Buenafuente ou Eva Hache e que vén dunha longa e exitosa tradición televisiva nos Estados Unidos que encumbrou a carismáticos presentadores.

Neste espazo televisivo emitido no verán de 2006, ademais de entrevistas, seccións en vídeo e distintos colaboradores, Carlos Blanco abordaba tamén monólogos en clave de humor sobre un tema monográfico en cada emisión.

Velaí un fragmento da entrevista que Carlos Blanco lle fixo aos actores do dúo Os Tonechos no seu programa.






Deixa o teu comentario (1) - Categoría: 03. Humor - Publicado o 25-04-2007 00:44
# Ligazón permanente a este artigo
Os Tonechos. Un heavy no dentista.
O dúo Os Tonechos é todo un fenómeno social e non necesita presentación, pero non está de máis presentar os actores que o integran: Víctor Fábregas no papel de Tucho e Roberto Vilar no papel de Tonecho. En Galicia habitualmente coñecemos os personaxes famosos da tele, pero non os actores e actrices que lles dan vida, o cal indica que lle prestamos pouca atención ao seu traballo.

No sketch do Show dos Tonechos que temos aquí, o personaxe heavy está interpretado por Víctor Fábregas e o dentista por Roberto Vilar.


Deixa o teu comentario (5) - Categoría: 03. Humor - Publicado o 24-04-2007 02:04
# Ligazón permanente a este artigo
Air Galicia. Beti está noutra dimensión.
Air Galicia é unha serie de humor da Galega que comezou a emitirse en marzo e intenta reflectir de maneira irónica a relación que as galegas e galegos mantemos con diferentes temas. Emítese os xoves ás 21:30.

Aquí temos un sketch no que interveñen, por orde de aparición, Federico Pérez como Paquiño (o pai), Patricia Vázquez como Palmira (a nai) e Sabela Risco como Beti (a filla).

Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 03. Humor - Publicado o 24-04-2007 00:01
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0