AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

Linguas cruzadas



Fonte: Flocos.TV


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 15. Reflexións sobre a lingua - Publicado o 03-06-2007 20:06
# Ligazón permanente a este artigo
Andrés do Barro. O tren.
Andrés do Barro foi o primeiro cantante pop en galego na ditadura franquista e, pese a iso, a súa canción "O tren" foi número un nas principais emisoras radiofónicas estatais. Corría o ano 1969... Pasaron moitos anos e seguimos agardando que outros cantantes ocupen o seu baleiro na música pop.

Esta noite homenaxearon a Andrés do Barro na Galega e nós queremos sumarnos á homenaxe e declararnos dobarristas.


Deixa o teu comentario (1) - Categoría: 04. Música - Publicado o 03-06-2007 00:49
# Ligazón permanente a este artigo
"Por seres ti" gañadora do 1º premio Lingua de @mor
"Por seres ti" gañadora do 1º premio Lingua de Amor. "Nós" e "Apareciches ti" foron as gañadoras do segundo e terceiro premio.

O xurado estivo composto por cinco membros: Dolores Vilavedra, crítica literaria, que acudiu en representación do CCG; Azucena Rodríguez, secretaria xeral do CXG e que acudiu en representación de Dolores Rodríguez Amoroso, presidenta do CXG; a técnica do Servizo de Normalización Lingüística do CXG e os representantes da Libraría Couceiro e da Librería Follas Novas.

A primeira edición de Lingua de Amor, que tivo lugar con motivo do Día das Letras Galegas e do Día Internacional de Internet, comezou a súa andaina o día 9 de abril. Tras unha ampla difusión por institutos, oficinas de información xuvenil e facultades, o concurso finalizou o pasado día 15 de maio e alcanzou o millar de declaracións.

As gañadoras do concurso foron as seguintes:

1º Premio: Rebeca Silva Trasbach, coa declaración "Por seres ti". "Polos zumes de laranxa e pomelo que me fas cada mañá. Por deixarme que poña a Morrissey 26 horas ó día. Por non te rires da miña manía de poñer sempre o mesmo calcetín no mesmo pé. Por aturar as miñas arroutadas cun sorriso. Polos bicos que curan a resaca. Por seres o que máis me gusta de min. Porque non cho dixen no seu momento. Quérote".

2º Premio: María Teresa Villanueva Gesteira, coa declaración "Nós". "Deixou de gustarme o singular porque xa non quero ser EU quero ser NÓS".

3º Premio: Cristina Rey Piñeiro, coa declaración "E apareciches ti" "Quería non sentir, non escoitar, non ver, non querer, non ansiar, non soñar, non anhelar, non entregar... Non quería esperar doces apertas, bicos de mel e lume, palabras de amor, tremores de paixón, caricias de abandono e devoción... e apareciches ti..."

Os premios, cedidos por Activa Galicia, a libraría Couceiro e a libraría Follas Novas, son unha Videocámara Mini DV Samsung VPD361 máis un lote de libros en galego para o primeiro gañador, unha cámara Sanyo PSDCN912 máis outro lote de libros para o segundo gañador e finalmente un MP4 Blu:Sens 1027 máis un lote de libros en galego para o terceiro premiado.

Ademais, os 200 primeiros/as participantes recibirán un agasallo cedido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística que consiste nunha memoria USB da campaña de fomento do galego "E logo!".

O vindeiro venres 1 de xuño, ás 18:00 h, haberá un acto de entrega de premios no Consello da Cultura Galega.
Deixa o teu comentario (2) - Categoría: 14. Campañas dinamizadoras - Publicado o 28-05-2007 23:17
# Ligazón permanente a este artigo
Guía sexual da sociolingüística
Artigo de Sechu Sende

Segundo clasificado no III Premio a artigos xornalísticos normalizadores. Concello de Carballo 2007


Normalmente a primeira vez que outra persoa entra no noso corpo, ou a primeira que nós entramos dentro doutra persoa, é coa lingua. Si, pode ser que antes lle chuchemos o dedo a alguén ou que lle mordamos o lóbulo da orella, mais son as nosas linguas as primeiras que nos exploran por dentro en serio, de verdade. A nosa lingua é unha das principais vías para o coñecemento humano.

Por iso é difícil esquecer a primeira vez que lle metes a lingua a alguén, a primeira vez que unha lingua entra na túa boca. Porque non deixa de ser a primeira vez que lle permitimos a outra persoa entrar dentro nosa. Ao descubrirmos a nosa intimidade, coa lingua expresamos a nosa identidade.

A que non sabías que durante un beixo se moven 29 músculos? E que os batimentos cardíacos aumentan de 70 para 150 e melloran a oxixenación do sangue? Si, o beixo beneficia o corazón. E ademais adelgaza. Nun bo morreo gastamos preto de 12 calorías!

Tamén é importante saber que o morreo é cousa de dous. Un morreo é un diálogo entre papilas gustativas, entre a lingua e o ceo do padal, entre o cuspe e os dentes. E nun diálogo entre dúas persoas hai que dar e recibir, ofrecer e aceptar, avanzar e retroceder, facer ruído e gardar silencio, entrar e saír. Morrear é unha das máximas expresións da comunicación humana.

O proceso de normalización da lingua galega é un proceso comunicativo conflitivo. Os axentes sociais máis críticos denunciamos a ineficaz política lingüística da administración, o desprezo dos media ou a eficacia da escola para desgaleguizar as novas xeracións. É un proceso no que o enfrontamento e a queixa son continuos. A perda da lingua é un drama, abofé. Mais que pasaría se ligásemos o discurso da normalización da lingua ao pracer? Se falásemos desde o discurso da satisfacción e a analoxía do bico? Un pouco de humor tamén é necesario e podemos falar de cousas serias cun sorriso nos labios. Estabamos falando de beixos con lingua?Eis a Guía Sexual da Sociolingüística.

1. Exixamos para a nosa lingua o mesmo pracer do que goza calquera lingua.

2. Se aínda nunca o fixeches busca alguén con quen te sintas cómoda ou cómodo e adiante! Aínda que ás veces facelo con persoas descoñecidas, así de súpeto, resulta mellor.

3. O proceso de normalización é un proceso social que parte de cada persoa e que se basea no intercambio de comunicacións. Podemos facer moitas cousas en solitario?, mais non nos podemos morrear a nós mesmas.

4. Se teu pai e túa nai non che aprenderon nin che dixeron como se fai, non pasa nada? Aínda estás a tempo de aprender pola túa conta.

5. Sobre este tema sempre houbo ?e hai? tabús, falsos mitos, pouca información e moita ignorancia? Pasa dos prexuízos doutros tempos e adiante.

6. Hai xente á que lle gustaría probar porque intúen que lles vai gustar mais..., dálles corte! Non te acovardes, desinhíbete e goza coa lingua.

7. Aínda hai xente que pensa que darlle á lingua non é fino e xente que pensa que é un pouco vulgar?. He, non teñen nin idea!

8. A lingua é un instrumento imprescindíbel para relacionármonos, integrarnos, darnos a coñecer e coñecer xente. Sen non usas a lingua fechas portas. Non sexas pechado ou pechada.

9. Pode ser un rollo dunha noite. Ou unha relación para toda a vida.

10. A eficacia da lingua depende da práctica. A lingua mellora co uso. Ninguén nace aprendido!

11. Hai persoas que teñen problemas psicolóxicos que lles impiden darlle á lingua con normalidade. Eses problemas ?identificados pola Sociolingüística como diglosia, autoodio?? teñen solución.

12. Hai persoas que teñen problemas ideolóxicos que dificultan ou impiden o uso natural da lingua. Esas problemas teñen máis difícil solución?

13. Isto tamén é un feito cultural. Respecta a cultura da túa sociedade. Se vivísemos no polo norte entre esquimós sería normal dármonos os beixos chocando o nariz.

14. Hai persoas que consideran que a súa lingua é máis útil, máis áxil, máis atractiva e mellor. A ignorancia non ocupa lugar.

15. O morreo, como a lingua, non diferencia ás persoas, é democrático: non debe discriminar por idade, raza, sexo, clase social ou lugar de nacemento.

16. É bo para a saúde e para a túa calidade de vida persoal e social. Unha habilidade necesaria no mundo de hoxe.

17. Hai quen pensa que son as linguas as que lles dan prestixio ás persoas cando realmente somos as persoas as que prestixiamos ou desprestixiamos a nosa lingua. E se nós non valoramos a nosa lingua, quen o vai facer?

A lingua é a mellor forma de descubrirnos e descubrir outras persoas. O mellor é ter como obxectivo vivir a nosa lingua como a nosa sexualidade: de forma libre, satisfactoria, consciente, responsábel e saudábel. Con normalidade!

Da relación da Sociolingüística co sexo oral falaremos noutro momento.



Fonte: Vieiros (19/05/2009)


Deixa o teu comentario (1) - Categoría: 15. Reflexións sobre a lingua - Publicado o 23-05-2007 00:41
# Ligazón permanente a este artigo
...E o galego revolucionou internet
A lingua galega triunfa en blogs e comunidades pero segue a ser minoría nas webs de empresas, turismo e medios dixitais. O 80% dos blogs de Galicia están escritos en galego.

Cando nos anos 90 internet comezaba a espallarse polos lares galegos, moitos -aínda que calados- tremaban pensando que o novo paso tecnolóxico da rede aterraría a lingua galega. Máis dunha década despois, o miragre sucedeu da man de blogs e comunidades virtuais. Para facerse unha idea neste Día de Internet e das Letras Galegas adicado a María Mariño, un dato: o 80 por cento dos blogs da comunidade son monolingües no idioma de Castelao.

"Ninguén esperaba que houbese tantos sitios escritos en lingua galega. O panorama a finais dos anos 90 -lembra Manolo Gago do Consello da Cultura Galega e blogueiro de `Capítulo 0´- era máis ca complicado pero hoxe en día o volume de páxinas en galego multiplicouse desde a eclosión do 2003".

O salto débese sobre todo á aportación dos blogs (cadernos de bitácora onde os internautas mostran as súas teimas e abren a participación ao resto dos navegantes) que só en galego poden andar polo millar, segundo as fontes consultadas. "Gracias aos blogs, moita xente le tódolos días en galego. Sen estas páxinas, non o farían", engade o escritor e tamén blogueiro Francisco Castro. Se ben a maior parte destas páxinas tratan sobre a lingua e a literatura galegas, nas que o blog Brétemas do editor de Xerais, Manuel Bragado, é unha referencia, cada vez hai máis diversidade na temática. Así, pódese ler en galego en blogs de cinema, tecnoloxía, ensino, sexo...

Sí, o erotismo e a sexualidade poden vivirse desde Internet en lingua galaica e levan un nome propio: fodemillo, o nome que aglutina as bitácoras con esta temática. Un exemplo é o sitio http://asminhasmulleres.wordpress.com. Desde alí, outros vencellos ábrense cara outros blogs con fotos, comentarios para todos e todas.

Sen embargo, hai outras maneiras de disfrutar cos blogs, unha delas é co paladar de man dos blogogastrónomos que comparten información e tertulias vía internet para despois ter encontros culinarios na vida real.

Unha xanela a estes e outros blogs é "Blogaliza.org" que emprega o símbolo da vaca para identificarse. Blogaliza ten máis de 800 enderezos, ademais de propostas culturetas como o seu I Concurso de Microrrelatos Lemosgalego. Lanzado co gallo do Día das Letras Galegas, dará a coñecer hoxe cal é o mellor relato de dúas e tres liñas da rede, por suposto, en galego. Pero non todo o que aparece nesta lingua na rede figura nos blogs. Na web aregueifa.net, por exemplo, numerosos grupos colgan a súa música baixo a carta de liberdade da creative commons. Isto último permite, por exemplo, baixarse rap do país sen quebrantar a lei dos dereitos de autor.

Outro selo discográfico (netlable) é "alg-a". Claro que este enderezo vai máis aló ao representar unha comunidade virtual de artistas que empregan a rede como galería para as súas obras e mesmo crear iniciativas como "Fronteiras 2007". Isaac Cordal de alg-a sinala que o obxectivo desta última proposta é elixir cinco artistas galegos e outros tantos portugueses para traballar en conxunto e expoñer.
Quen tamén aproveita a súa presenza en galego na internet para formar unha comunidade é redesescarlata.org, onde a política e a lingua son a preocupación común.

"Nós -explica Elvira Riveiro- tratamos de remover as conciencias de facer cousas con certo impacto desde a rede", como argallar xornadas de declamación de versos pola rúa o visitas ao Courel para "sacar a cultura do centro, das cidades".

Iniciativas como estas e outras en galego, sen embargo, contrarrestan outra parte da web castelanizada. "Seguimos tendo problemas de presenza do galego na empresa, no turismo, nos medios...", lamenta Manolo Gago.

Artigo de Mar Mato publicado o 17 de maio en El Faro de Vigo e o 18 de maio en La Opinión.



Deixa o teu comentario (2) - Categoría: 16. Sociolingüística - Publicado o 21-05-2007 01:42
# Ligazón permanente a este artigo
Que pasa despois do Día das Letras Galegas?


Humor do Carrabouxo.
Deixa o teu comentario (3) - Categoría: 03. Humor - Publicado o 21-05-2007 01:04
# Ligazón permanente a este artigo
Heredeiros da Crus. Radio Cotilla
Aquí tedes un videoclip dos Heredeiros da Crus. Un rock'n'roll que nos recomendan Natalia e Noelia (3ºESO-A).

Deixa o teu comentario (2) - Categoría: 04. Música - Publicado o 18-05-2007 15:41
# Ligazón permanente a este artigo
Heredeiros da Crus
Heredeiros da Crus é un grupo de rock galego fundado en 1992 por Antón Axeitos (Toñito de Poi) en Riveira, provincia da Coruña. A el uniríanse Antonio Novo (Tuchiño) como guitarrista, Francisco Velo (Ou Jran fran) como baixo e Javier Vázquez Maneiro (Jarfuxo) como voz. Desde a súa fundación pasaron polo grupo varios baterías, sendo o derradeiro Pedro Rodríguez Trelles, despois de ocupar ese posto Avelino, Benito, Medin ou Marcos.
En 1994 publican o seu primeiro traballo, A cuadrilla de Pepa a loba, no que se inclúen cancións que rapidamente alcanzan popularidade entre a mocidade galega dos 90 como Quero josar o R7-O Jran batacaso, aínda que o éxito chegaralles da man do single Que jallo é que se emitía no programa Xabarín Club.
Destacan como influencias musicais do grupo os grandes clásicos do rock and roll, sobre todo os Rolling Stones, grupo de cabeceira do principal creador das cancións, Tuchiño. En canto á temática e estética do grupo e ás letras, poderían parecerse máis a AC/DC.
Cando con Está que te cajas Heredeiros da Crus se converten no grupo galego con mellor aceptación comercial, queda sentenciado o seu éxito. Tamén son o primeiro grupo de rock en galego en gravar un dobre directo All right Chicago (rock'n'roll) ou un DVD Chicarrón. Ademais as súas pequenas escapadas ao estranxeiro: Portugal, Nueva York, Londres... contaron cunha boa afluencia de público.
En 1997, Heredeiros da Crus foi unha das bandas que colaborou no disco de reivindicación L'asturianu muévese, reversionando o seu tema "Frenaso no calsonsillo" como "Frenazu nel calzonciellu" coa colaboración de Xune Elipe.
No ano 2005 houbo un parón na actividade dos Heredeiros por marcharse Tonhito de Poi, o cal ten agora o seu propio grupo, A Banda de Poi, xunto a músicos galegos e portugueses. Outro membro, Javier Vázquez Maneiro, é integrante agora do grupo Jabon Blue que conta coa colaboración de Tuchiño á guitarra.

Discografía oficial completa
? A Cuadrilla de Pepa a loba
? Recambios Tucho
? Está que te cajas
? Criatura
? Des minutos
? Erecsiones Munisipales
? All Right Chicago (dobre directo)
? Chicarrón

Artigo realizado por Natalia e Noelia (3ºESO-A)
Deixa o teu comentario (1) - Categoría: 04. Música - Publicado o 18-05-2007 14:09
# Ligazón permanente a este artigo
Poema de María Mariño cantado por Uxía
En Álbum de mulleres de culturagalega.org atopamos información moi interesante sobre a vida e obra de María Mariño e ademais unha galería con fotos da poeta e un apartado multimedia cun poema de Mariña Mariño con música e voz de Uxía Senlle.

Escoitade aquí "Vogar", poema de María Mariño cantado por Uxía.
Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 06. Letras Galegas - Publicado o 15-05-2007 00:07
# Ligazón permanente a este artigo
Podcast con poemas de María Mariño

Entrando en mensaxenunhabotella podedes escoitar un fermoso podcast con poemas de María Mariño recitados por alumnas e alumnos de Técnicas de Expresión Escrita do IES David Buján de Cambre.
Deixa o teu comentario (1) - Categoría: 06. Letras Galegas - Publicado o 15-05-2007 00:07
# Ligazón permanente a este artigo
Letras Galegas 2007
Este ano o Día das Letras Galegas adícaselle a María Mariño Carou e hai múltiples referencias a ela na rede, aquí queremos presentar un destes traballos sobre a súa vida e obra.

Se entrades en cabrafanada, o cosmocaderno de Fran Alonso, podedes disfrutar dunha fotobiografía de María Mariño realizada polo escritor. Animádevos e entrade, descubriredes unha poeta inxustamente descoñecida.
Deixa o teu comentario (2) - Categoría: 06. Letras Galegas - Publicado o 14-05-2007 23:19
# Ligazón permanente a este artigo
Carlos Blanco. Mulleres bravas.
Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 02. Contando contos - Publicado o 12-05-2007 22:58
# Ligazón permanente a este artigo
Máis de 1700 visitas nun mes
O tempo pasa axiña e hoxe fai un mes que abrimos as portas do blog As Gabarras e neste tempo xa tivemos máis de mil setecentas visitas. :-O

Grazas a todos os que pasastes por aquí. :-D

Aproveitamos a ocasión para lembrarvos que esta é unha empresa colectiva e que desexamos seguir contando coa vosa colaboración, ben a través dos vosos artigos, ben a través dos vosos comentarios e suxestións.

Grazas de novo e lembrade que vos seguimos agardando nesta vosa casa. :-*
Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 01. IES Breamo - Publicado o 11-05-2007 15:00
# Ligazón permanente a este artigo
Os Tonechos. Heavy no banquiño.

Heavy interpretado por Víctor Fábregas.
Adestrador por Roberto Vilar.



Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 03. Humor - Publicado o 11-05-2007 02:06
# Ligazón permanente a este artigo
Air Galicia. No Vaticano.
Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 03. Humor - Publicado o 11-05-2007 02:05
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0