Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo |
|
 |
|

|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
INFORMACIÓN XERAL |
|

|
|
|
|
LINGUA E NORMALIZACIÓN |
|
 A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Seguimento das noticias relacionadas co uso do galego, campañas que está levando a cabo A Mesa e coas que se pode colaborar, lexislación, ligazóns e tenda. Tamén podes recibir as noticias da Mesa no teu computador de man (PDA).
http://www.amesanl.org
CENTRO DE DOCUMENTACIÓN SOCIOLINGÜÍSTICA DE GALICIA. LOIA
Guía aberta á lingua galega. Mapas, historia, a situación do galego en Galicia, fóra de Galicia. Ferramentas para a autoaprendizaxe.
http://www.consellodacultura.org/arquivos/cdsg/loia
CIBERIRMANDADE DA FALA
Web deste colectivo que traballa pola defensa da nosa lingua na rede. Todo o mundo pode colaborar nas súas ciberaccións enviando correos electrónicos aos obxectivos propostos, propondo novos obxectivos, etc.
http://www.ciberirmandade.org
COORDINADORA GALEGA DE EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
http://www.coordinadoraendl.org
CORRELINGUA
Información sobre esta actividade lúdico-educativa na que participan escolares de toda Galicia.
http://www.correlingua.org
GALEGO.ORG
Novas sobre o proceso de normalización lingüística no portal Vieiros.
http://www.galego.org
REAL ACADEMIA GALEGA
Todo sobre a RAG: seccións, membros, biblioteca, arquivo, etc.
http://www.realacademiagalega.org
SECRETARÍA XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA
Enderezos de interese, novidades relativas á lingua galega, campañas que se están a desenvolverder desde a Secretaría Xeral de Política Lingüística e desde outras institucións, actividades dos ENDL, etc. Permite subscribirse ao seu boletín electrónico.
http://www.xunta.es/linguagalega
SERVIZO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA
http://www.udc.es/snl
SERVIZO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
http://www.usc.es/snl
|
|
|
|
LITERATURA |
|

2.0 EDITORA
Editorial dixital que combina os soportes tradicionais e os novos soporte dixitais (para ebooks, móbiles...).
http://www.20editora.com
ANDEL VIRTUAL
Librería virtual e física especializada no libro galego e en música de Galicia.
http://www.andelvirtual.com
ASOCIACIÓN DE ESCRITORES/AS EN LINGUA GALEGA
Web da Asociación dos nosos escritores/as con información sobre as actividades, biografías dos integrantes, etc.
http://www.aelg.org
ASOCIACIÓN GALEGA DE EDITORES
http://www.editoresgalegos.org
BAÍA EDICIÓNS
http://www.baiaedicions.net
BIBLIOTECA DAS LETRAS GALEGAS
Portal da Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes, que facilita aos usuarios da rede obras dixitalizadas da literatura galega desde as primeiras manifestacións medievais até a actualidade.
http://www.letrasgalegas.org/
BIBLIOTECA VIRTUAL DE LITERATURA UNIVERSAL EN GALEGO
Proxecto da Asociación de Tradutores/as Galegos que ofrece a literatura universal na nosa lingua propia.
http://www.bivir.com
BIBLIOTECA VIRTUAL GALEGA
Información sobre autores e obras e posibilidade de ler textos, de escoitalos e mesmo de ver vídeos de poetas recitando os seus poemas ou de fragmentos de representacións teatrais. Tamén permite facer unha viaxe virtual por Galicia.
http://bvg.udc.es
BIBLOS CLUBE DE LECTORES
Web deste club de lectores/as. Novidades literarias e venda de libros.
http://www.biblosclube.com
EDUGALIZA. DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Xogos relacionados coa literatura.
http://www.edugaliza.org/inicio/letrasgalegas/2007
BLIX. BIBLIOTECA DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL
Páxina de información sobre a literatura infantil e xuvenil elaborada coa colaboración de Gálix e Biblioteca Nova 33.
http://www.filix.org
EDICIÓNS POSITIVAS
http://www.edicionspositivas.com
EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA
http://www.xerais.es
EDITORIAL GALAXIA
http://www.editorialgalaxia.es
FAKTORÍA K DE LIBROS
http://www.faktoriakdelibros.com
FUNDACIÓN CURROS ENRÍQUEZ
Mostra a vida e obra do poeta e unha interesante ruta currosiana.
http://www.currosenriquez.es
FUNDACIÓN ROSALÍA DE CASTRO
Informa amplamente sobre a autora, poemas e unha ruta rosaliana que percorre os lugares máis importantes da súa biografía.
http://www.rosaliadecastro.org
KALANDRAKA
Baixo o lema "Libros para Soñar", Kalandraka especializouse na edición do álbum infantil ilustrado en galego e axiña se abriu ao mercado internacional. As adaptacións dos contos tradicionais, os clásicos da literatura infantil de todos os tempos e as obras de nova creación enchen un catálogo esmerado e repleto de obras premiadas dentro e fóra de Galicia.
http://www.kalandraka.com
Lg3. CULTURA GALEGA. LITERATURA
Soportal de información literaria do Consello da Cultura Galega.
http://www.culturagalega.org/lg3
PRAZA DAS LETRAS
Portal web da Consellería de Cultura e Deporte, que aspira a converterse no referente do libro galego en Internet e dinamizar a actividade social, creativa e económica do sector do libro e da lectura.
http://www.prazadasletras.org
RINOCERONTE EDITORA
Editorial que ten como obxectivo prioritario traducir ao galego literatura estranxeira, fundamentalmente recente, e especialmente de ámbitos culturais desde os que nunca se importara nada á nosa lingua. Foron os primeiros en traducir dende o finés, o húngaro, o xaponés, o islandés ou o hebreo.
http://rinoceronte.es
TOUPA.NET.
Tenda online de cultura galega. Discos, libros, películas, banda deseñada, revistas. A creatividade de Galicia nun só portal.
http://www.toupa.net
|
|
|
|
MÚSICA E ESPECTÁCULOS MUSICAIS |
|

A CORUÑA SON 10
Nesta páxina recóllense as cancións dos participantes no concurso A Coruña Son 10, pero nela tamén se poden escoitar e descargar os discos colectivos das convocatorias de anos anteriores, A Coruña Son 08 e A Coruña Son 09.
http://acorunason.eu
A POLO GHIT
Desde esta páxina pódense escoitar as cancións dos participantes deste concurso no que se escolle cada ano a mellor canción galega do verán.
http://apologhit.vieiros.com
AGADIC. AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS
Información sobre a danza, maxia, música e teatro que se está a facer en Galicia. Inclúe a carteleira da Rede Galega de Teatros e Auditorios.
http://www.agadic.info
FALCATRUADA
Selo discográfico que ofrece servizos musicais e apoio aos músicos emerxentes en Galicia.
http://www.falcatruada.com
FESTIVAL DE ORTIGUEIRA
http://www.festivaldeortigueira.com
GALIZAELECTRONICA.COM
Toda a actualidade sobre a música electrónica na Galiza e no exterior.
http://www.galizaelectronica.com/webv2
Tamén se pode acceder á web vella para consulta de artigos publicados dende abril de 2008 ata decembro de 2011.
http://www.galizaelectronica.com
GHASTAS PISTA?
Últimas novidades discográficas da música folk e tradicional de Galicia, discos históricos da nosa música, de grupos galegos desde a emigración ou grupos doutros países que tocan música galega.
http://www.ghastaspista.com
KOMUNICANDO
Punto de encontro na música galega non subvencionada. Tenta ser un foro de debate para cuestionar o panorama vixente, crear unha base estrutural... Pódese baixar música gratuíta.
http://www.komunikando.net
MeGA. MÚSICA EN GALICIA
O soportal da música en Galicia do Consello da Cultura Galega
http://www.culturagalega.org/mega
MÚSICA EN GALEGO
Sitio de música galega de todos os estilos: FUSIÓN, POP REGGAE, HIP HOP, SKA, FOLKCELTA, RUMBA, HARD CORE, JAZZ. Tamén conta con RADIO EN LIÑA.
http://musicaengalego.blogspot.com.es
MUSIQUE oh!
Agregador de páxinas que falan de música galega. Actualízase cada hora presentando de xeito cómodo e compacto as novas que se xeran nas moitas webs que existen en galego sobre música.
http://www.musiqueoh.com
NSAIO. REDE GALEGA DE LOCAIS DE ENSAIO
Programa promovido pola Consellería de Traballo e Benestar a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, que pretende proporcionarlle á mocidade galega espazos axeitados para a expresión das súas manifestacións artísticas musicais. Nesta web podemos escoitar moita música e obter información sobre os grupos que están comezando.
http://www.nsaio.org
RECUNCHO ROCK
Novo radio-blog rockanroleiro centrado na música rock en galego (novidades, concertos, incorporacións, discos, radio, chat...).
http://recunchorock.blogspot.com.es
A REGUEIFA PLATAFORMA
Quen queira difundir, distribuír e amosar a súa obra baixo licenza Creative Commons pode facelo desde aquí. Pódese descargar moita música de todas as tendencias.
http://aregueifanetlabel.blogspot.com
TOUPA.NET.
Tenda online de cultura galega. Discos, libros, películas, banda deseñada, revistas. A creatividade de Galicia nun só portal.
http://www.toupa.net
O TOXO RABUDO NETLABEL
Netlabel no que solistas e grupos comparten libremente a súa música, baixo licenza Creative Commons.
http://otoxorabudonetlabel.blogspot.com.es
CANTANTES, MÚSICOS E GRUPOS
A COMPAÑÍA DO RUÍDO
Grupo de música de taberna.
http://www.myspace.com/acompaniadoruido
ALBERTO CONDE
Pianista e compositor.
http://www.albertoconde.com
BERROGÜETTO
Esta é a páxina dun dos grupos de música folk máis prestixiosos. No seu repertorio conxugan con destreza a música tradicional e a modernidade.
http://www.berroguetto.com/
CENTRO COREOGRÁFICO GALEGO
http://www.centrocoreografico.org/ccg
DIOS KE TE CREW
Web oficial do colectivo de MC´S, DJ´S, graffiteiros e breakers de Ordes:
http://www.diosketecrew.com
Dios Ke Te Crew no MySpace:
http://www.myspace.com/diosketecrew
FALTRIQUEIRA
Grupo eumés de éxito internacional que fusiona con acerto a música tradicional con ritmos doutras latitudes.
http://www.faltriqueira.com
FANNY + ALEXANDER
Banda indie galega.
http://www.fannyalexander.net
KASTOMÄ
Na páxina desta banda de rocanrol de Ordes pódese escoitar e descargar de balde a súa música.
www.kastoma.com
LAMATUMBÁ
Información deste grupo que fusiona reggae, samba, rumba e rock.
http://www.myspace.com/lorettamartin
LORETTA MARTIN
Myspace deste trío coruñés que fai funk-fusión.
http://www.myspace.com/lorettamartin
LUAR NA LUBRE
Páxina oficial duns dos nosos grupos de folk máis internacionais. Nela podemos ver as letras e partituras das cancións. Tamén se poden descargar cancións.
http://www.luarnalubre.com
MACHINA
Páxina desta banda de rock post-bravú de Cerceda desde a que se pode escoitar e mesmo descargar de balde a súa música.
http:www.machinagz.com
MERCEDES PEÓN
Cantante e gaiteira.
http://www.mercedespeon.es
NONRESIDENTZ
Hip hop en galego.
http://nonresidentz.com
NOVA GALEGA DE DANZA
Esta é a páxina oficial desta compañía que fusiona danza contemporánea e tradicional.
http://www.novagalegadedanza.com
OS RESENTIDOS
http://osresentidos.com
RUXE RUXE
Myspace do grupo deste grupo de rock e punk galego desde o que podemos escoitar e descargar a súa música.
http://www.myspace.com/ruxeruxe
SUSANA SEIVANE
Páxina oficial da gaiteira.
http://www.susanaseivane.com
THE HOMENS
No seu Myspace aínda podemos acceder aos temas desta banda pop, descargar cancións e ver os seus vídeos.
http://www.myspace.com/thehomens
XABIER DÍAZ
Cantante e músico galego contemporáneo.
http://www.xabierdiaz.com
ZËNZAR
Páxina oficial deste grupo de rock de Cerceda.
http://www.zenzar.info
|
|
|
|
SOFTWARE, TECNOLOXÍA E REDE GALEGA |
|

CÓDIGO CERO
Diario tecnolóxico de Galicia.Podes subscribirte ao seu boletín por correo electrónico para recibir información das novas tecnolóxicas.
http://www.codigocero.com
EGALEGO.COM
Proporciona traducións ao galego das aplicacións informáticas máis empregadas.
http://www.egalego.com
GALAPPS
ConxuGalego, DicionarioGalego e TradutorGalego son as ferramentas lingüísticas da suite GalApps que están dispoñíbeis para móbiles Android e para iPhone e iPad.
http://galapps.es
G11N.NET
Plataforma informática creada para garantir a pervivencia das actividades que desenvolveu nos últimos anos Mancomún, mais sen depender das institucións, de partidos políticos ou empresas. Traballa coas achegas de persoas voluntarias na xestión de proxectos de galeguización.
http://www.g11n.net
MANCOMÚN
Iniciativa galega polo software libre. Este portal é o punto de encontro do sofware libre galego. Iniciativas, eventos, recursos, espazo colaborativo, etc.
http://www.mancomun.org
PROXECTO TRASNO
Pioneiros na tradución ao galego do sóftware libre, agrupa persoas voluntarias dedicadas á tradución de aplicativos, co fin de que a comunidade galegofalante poida dispor de software libre adaptado ás súas necesidades e requirimentos lingüísticos e culturais.
http://trasno.net
PUNTOGAL
Iniciativa para a procura do dominio de internet .gal para a cultura galega.
http://www.puntogal.org
TREBELLOS
Weblog colectivo no cal se trata a actualidade dos gadgets e artiluxios máis novidosos e máis curiosos que saen ao mercado (robótica, periféricos, telefonía...).
http://www.trebellos.org
|
|
|
|
TURISMO, PAISAXE E PATRIMONIO CULTURAL |
|
 EUMETURISMO
Información sobre aloxamentos, restaurantes e actividades na natureza na comarca do Eume.
http://www.eumeturismo.org
GALICIA TURISMO
Buscador de aloxamentos turísticos en todo o país.
http://www.galiciaturismo.es
OWN THE WAY RUTAS
Acceso a audioguías gratuítas para móbiles de rutas turísticas de Galicia principalmente. A maioría dispoñen de versión en galego.
http://www.owntheway.com/rutas
PATRIMONIO CULTURAL GALEGO
Nesta páxina podemos informarnos e navegar polas imaxes do noso patrimonio histórico, arquitectónico, paleontolóxico, arqueolóxico, etnográfico, científico e técnico, ademais do patrimonio documental e bibliográfico, os conxuntos urbanos, os lugares etnográficos, os xacementos e zonas arqueolóxicas, así como os lugares naturais, xardíns e parques que teñan valor artístico, histórico ou antropolóxico.
http://www.patrimonio.org
ROTEIROS DA CULTURA GALEGA
Nesta aplicación web o Consello da Cultura Galega ofrécenos viaxes temáticas a redor do noso territorio, soportadas polas últimas tecnoloxías. Estreouse cos Roteiros do Rexurdimento, con roteiros en coche (Rosalía de Castro, Curros Henríquez en Ourense e Eduardo Pondal) e a pé (Curros na cidade da Coruña).
http://www.culturagalega.org/roteiros
TUR GALICIA
Para facer turismo pola nosa terra. Información de onde comer e aloxarse, que ver e que facer.
http://www.turgalicia.es
|
|
|
|
XOGOS NA REDE |
|

A PÁXINA DE BULI. A PÁXINA DOS XOGOS ENIGMÍSTICOS
Anagramas, cadeados, calembures, charadas, enigmas puros..., están agardando ser resoltos neste blog creado para fomentar a actividade enigmística en galego.
http://www.blogoteca.com/buli
CATAPALABRAS
Xogo no que poden participar de dous a catro xogadores que consiste basicamente en que cada quen escriba palabras que encaixen en certas categorías elixidas ao azar (froitas, animais etc.) e que comecen por unha letra determinada obtida tamén aleatoriamente a través dun dado de 20 caras.
http://www.as-pg.com/catapalabras
LETRAD@S.GZ
Versión on-line en galego do scrabble realizada pola AS-PG, coa colaboración da Secretaria Xeral de Política Lingüistica. É un xogo de mesa xa clásico que consiste en crear palabras entrelazadas sobre un taboleiro. Pódense disputar partidas de varios xogadores (de 2 a 4) e tamén dun xogador contra o computador.
http://www.as-pg.com/letradas.gz
MEGA XOGOS
O portal en galego de xogos gratuítos na rede. Xogos de aventuras, deportes, condución, maquillaxe, memoria... Se queres vestir a Hannah Montana, conducir con toda precisión ou cazar moitos monstros, aquí podes.
http://www.megaxogos.com
MEMORIA PIXELADA
A mellor web en galego sobre videoxogos.
http://memoriapixelada.com
O AFORCADO DE SAN XOÁN
O clásico xogo do aforcado. Só hai que adiviñar a palabra agochada en cinco oportunidades, antes de que o lume queime o Meco.
http://www.edu.xunta.es/contidos/xogos/aforcado/aforcado.html
O MISTERIO DAS 7 PEZAS
Sete pezas básicas de Santiago desaparecen misteriosamente. Como consecuencia a cidade perde peso e queda suspensa no aire. Ti tes que resolver o misterio. Atréveste? Entra nesta páxina e descarga o xogo.
http://www.culturagalega.org/especiais/misterio/index.htm
O PREGUNTOIRO
Aprende o idioma e a cultura galega respondendo ás preguntas do xogo. Bioloxía, Lingua, Literatura, Adiviñas, Enografia, Refráns, Xeografía, Historia e Arte...
http://www.edu.xunta.es/preguntoiro
O XOGO DA CURUXA
Baseado no xogo da oca, o que o distingue do xogo clásico, é que neste, cando alguén cae nun cadro deberá superar unha proba para poder ficar nel, evitar un castigo, etc.
http://www.as-pg.com/curuxa
TRIVIAL.GZ
Este trivial feito pola AS-PG ten máis de 6000 preguntas e máis de 4000 usuari@s rexistrados. Rexístrate e participa nos próximos campionatos.
http://www.as-pg.com/trivial.gz
TRIVIALINGUA
Nesta páxina podes xogar a un trivial de cen preguntas.
http://mais.vieiros.com/ciberlingua/trivialingua.php
XOGA CON NÓS. XOGOS EN REDE
Xogos do máis clásico, como o aforcado, os quebracabezas, o preguntoiro...
http://www.edu.xunta.es/xogos/
|
|
|
|
XUVENTUDE |
|

CONSELLO DA XUVENTUDE DE GALICIA
Entidade institucional representativa das asociacións xuvenís do noso país. Información para os xoves sobre cursos, subvencións, premios e actividades.
http://www.cxg.org
QUÉROTE
Centro de asesoramento afectivo-sexual para a mocidade dependente da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade da Xunta de Galicia.
http://www.querote.org
XUVENTUDE.NET
Portal de información para a mocidade da Xunta de Galicia (vivenda, emprego, cursos, premios, actividades, carné xove, turismo xuvenil, etc.).
http://www.xuventude.net
|
|
|
|
The Homens |
|
 Hoxe veño, amigos gabarrenses, para falarvos do grupo The Homens, integrado por tres homes especializados no lado máis pop ( power pop, para ser máis exactos) da música galega. Xocas encárgase da batería, Roi do baixo e da voz e Martin Wu da guitarra e tamén da voz.
Este grupo foi creado a finais do 2004 e xa editaron dous Eps, #1 no ano 2005 e #2 no 2006. O seu primeiro disco "longo", como eles o chaman, é Tres e foi editado por Falcatruada en outubro do 2007 nun formato especial: con vinilo, cd de audio, mp3 e mais un póster. As cancións pódense escoitar ademais na súa páxina The homens.com.
Tres, ademais de ter unha presentación de calidade, é un bo traballo musical. Pódese adquirir nos concertos do grupo, en tendas de discos ou na web trastenda.com.
Os títulos dos temas que aparecen en Tres son os seguintes: 1.-Calamar, 2.-Cen días, 3.-Mr. Vai Mal, 4.-Monumentos, 5.-Mira por ti, 6.-Opositora, 7.-Monte Moriah, 8.-A bolsa de Tokio, 9.-Dance the troita, 10.-La Colombiere, 11.-Prende o sol. En fin, en total 11 cancións que agardo que busquedes e escoitedes.
Para abrirvos boca, e poñer os dentes longos, déixovos aquí o vídeo de "Calamar", o primeiro tema do disco e no que se nota o máis puro estilo pop. The Homens soen vir de xira pola nosa zona, así que estade atentos. Tamén podedes contactar con eles por medio do correo electrónico.
Unha aperta.
Artigo de Rafael Lago Cascudo (3ºESO - B)
|
|
|
|
"Biocultivos" de Sacha na horta |
|
Ola, eu son un neno de 1º da ESO e este é o meu primeiro artigo para o noso blog ?As Gabarras?. Espero que vos guste esta canción porque a moitos galegos e portugueses gustoulles, xa que foi a campiona do concuso A Polo Ghit, que se celebra cada verán. A min a canción gústame moito e creo que o grupo que a interpreta é digno de admirar. . .
Sacha na Horta son un grupo de mulleres da compostelá rúa das Hortas que se presenta así:
"Sete da manhá. Rúa das Hortas. Chego a casa enchoupada, pingando. Deixo o sacho. A cabeça nom trabalha. Pitan-me os oídos. Uns mexilhóns apodrecen na cocinha. Fede. Hai gente a durmir no chan. Entro no quarto. Hai gente a durmir no meu quarto. Almas en pena, coitadas, pelexas... Volta a colher o sacho. A Terra do Sol precisa ser trabalhada. Cada día. Cada instante. Cada quem. É veram. Chove, pero aquí vai calor".
Aquí vos queda a canción "Biocultivos":
Artigo realizado por Marcos Legaspi (1º ESO-A)
|
|
|
|
Loretta Martin |
|

Viñeron os Reis e marcharon. Que vos trouxeron? Literatura? Música? Cine? Xogos? Algo en galego? Mellor non fago máis preguntas... Aquí nas Gabarras deixáronnos o Funk do grupo coruñés Loretta Martin.
|
|
|
|
Superheroe |
|
A banda ferrolá Blood Filloas xa non existe, pero aquí vos deixo un dos seus temas que seguramente coñecedes polo Xabarín Club... E, por suposto, feliz 2008!!!
|
|
|
|
Vinde ver o neno |
|
Para os que credes e para as que non credes, para os que sodes de Papá Noel e para as que sodes dos Reis Magos, para quen canta panxoliñas e para quen prefire os cantos de reis, para quen ten motivos de tristeza e para quen ten motivos de ledicia, para os que vos gusta facer festa de comer e para as que vos gusta facer festa de bailar, para quen ten a casa chea de xente e para quen está só, para os que lles gusta o mogollón e para as que preferides aillarvos do mundo, desde As Gabarras, desexámosvos bo Nadal!
|
|
|
|
Rituais do Nadal |
|
 Baseándose en crenzas relacionadas co solsticio do inverno, o Nadal posúe os seus propios rituais. Símbolo do sol, o neno recén nado ilumina a raza humana ameazada pola escuridade: é o fillo da Deusa, a Virxe, e a súa forza transcende ata presentarse como unha auténtica manifestación divina: a do Deus Sol. Entroncando con este significado, atópanse diferentes rituais de Nadal:
? Recoméndase prender lume no fogar e, se é posible, conservar algún dos leños como símbolo ou talismán de protección da casa (entronca coa tradición galega do Tizón de Nadal).
? Tamén é recomendable colocar na casa ferraduras, campaíñas, visgo ou acivro para a protección do fogar.
? Pódese mercar un agasallo (non importa a cuantía económica) para entregar a alguén que amemos, ou a persoas necesitadas como unha forma de agradecer o recibido e de facernos merecentes dos regalos do Cosmos.
? O máis estendido ritual de Nadal consiste en prender unha candea ?símbolo de poder de acción e de forza solar- con mistos de madeira ó tempo que se di: ?Poderes do Sol e da Luz, neste día, cando o Sol acada a súa menor forza e, ó mesmo tempo, comeza o seu lento camiño de renacemento, cando nace o neno Deus Sol, pedímosvos que iluminedes esta candea coa forza do renacemento e do poder de crecemento?. Se o ritual se fai en grupo débese prender unha candea por cada persoa presente ?ata un máximo de tres- para, despois de deixalas arder uns minutos, apagalas sen soplar e deixando arder a central ata consumirse. As apagadas gardaranse para volvelas prender ó longo do ano se se fan peticións relacionadas con saúde, prosperidade, amor e protección, deixándoas consumir totalmente ó tempo que se formula unha oración xunto coa petición, permanecendo diante da candea uns quince minutos. Débese, tamén, botar purpurina dourada ó aire, sobre un mesmo, os presentes e as entradas da casa ó tempo que se pronuncia: ?que este po dourado ilumine o camiño de chegada á boa fortuna?. Logo do ritual, se se fai en grupo, recoméndase ter un agasallo que intercambiar cos demais presentes. Se o ritual se fai en solitario, o agasallo pódeselle entregar posteriormente a unha persoa apreciada ou a alguén necesitado.
Artigo de Adrián Campos (3º ESO-B)
|
|
|
|
Anacos de Buxo |
|

Anacos de Buxo nace no mes de setembro do 2002, co fin de cumprir o gusto de catro xoves rapaces con ilusión pola nosa música tradicional. O seu obxectivo era presentarse ao "Concurso de cuartetos tradicionais de Ponteareas" pero grazas ao éxito acadado decidiron continuar como grupo.
Teñen participado en concursos de todo o país e actuado en diversos festivais folk, tamén fóra da Galiza, incluído o prestixioso Festival Toxos e Xestas de Barcelona ou o Festival de Lorient no 2005, acadando premios como o do Concurso de Música Tradicional de Santiago de Compostela
No 2004 gravan o seu primeiro traballo discográfico chamado Sempervirente. Trátase dun percorrido a través do seu repertorio, tanto tradicional como de autor, todo el arranxado polo grupo.
Os compoñentes do grupo teñen un alto nivel de formación musical, grazas aos seus estudos no Conservatorio Profesional de Música de Vigo e á súa actividade en bandas de gaitas, concretamente na Banda de gaitas Xarabal, Banda de gaitas Moxenas e diversos grupos de Vigo e comarcas.
Anacos de Buxo son: Xurxo Fernández e Pedro Álvarez ás gaitas; e Iván Blanco e Álex Covelo ás percusións.
Máis información en http://usuarios.lycos.es/anacosdebuxo.
Artigo de Silvia Legaspi e María Andrade (3º ESO-D)
|
|
|
|
|
|
|
|
|