AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

Antón e a morte
Estando Antón a punto de facer os deberes, escoita un ruído estraño que provén do seu caderno e, cando vai mirar, resulta que hai unha mensaxe escrita que di así:

- Eu son a Morte e envíoche o aviso de que en breve virei por ti. É preciso que asines este aviso para que non me boten do traballo.

- Si claro, pois eu non cho asino, ala. Así, se me levas, saberei que a miña vinganza se cumpre e así descansarei en paz. - Escribe Antón a modo de resposta.

- Veña, se é unha firmiña de nada, non me fagas isto.

- Eu non asino nada ata que non me prometas que non me levas contigo.

- Pero se no teu estado, calquera preferiría vir comigo. Es vello, tes febre, non podes andar, vomitas cada dous por tres, estás aburrido, dóeche a cabeza, do feo que es ninguén te quere ver, no asilo no que estás trátante fatal... Despois de todo isto é millor que veñas comigo.

- Eu iría, se me pasase todo iso que acabas de escribir, pero é que eu só teño 12 anos e creo que son moi novo para morrer.

- Non es tí Xoán Manoel Pereira González?

- Non, eu son Antón Carro Fuentes, e estou en 1º ESO B.

- Anda, confundinme de personaxe, resulta que o meu está dúas rúas máis abaixo. Perdoe as molestias, adeus.

Aquí rematou o intercambio de mensaxes. Ademais as que escribira a Morte desapareceran da pantalla, o que lle fixo pensar na posibilidade de que o que acababa de presenciar foran imaxinacións súas. Ó día seguinte Antón contou a súa experiencia, pero ninguén lla creu. A fin de contas as mensaxes da Morte desapareceran e as que escribira el non servían como proba.

Anos despois Antón elevou unha queixa ante o Altísimo e despediron a Morte contratando a outra con diploma, que xamais na súa vida cometeu o erro que a outra cometera, pois comprou unha axenda na que apuntou os nomes e os enderezos dos seus ? clientes ?.

Fin.

Conto de Antón Carro Fuentes (1º ESO - B)





Deixa o teu comentario (1) - Categoría: 01. IES Breamo - Publicado o 25-02-2008 12:22
# Ligazón permanente a este artigo
A festa do amor
Segundo nos informan desde a Coordinadora de Traballadores de Normalización da Lingua, o 2 de febreiro, día da Candeloria, é cando ?casan os paxariños?, e tradicionalmente foi o día dos namorados en Galiza.

Aínda que a festa do 2 de febreiro parece ser que naceu pola procesión realizada dentro da igrexa con candeas benditas, en Galiza a celebración sempre foi máis aló do relixioso e encheuse de significado no mundo agrario. Converteuse na data na que ?casan os paxariños?, polo que se instaurou como a festa do amor.

Aínda así, por diversas razóns, sobre todo comerciais, o 14 de febreiro, día de San Valentín, patrón dos namorados, cada vez está tendo máis peso no noso país como día dos namorados.

En fin, sexa cal sexa a data que prefirades para celebrar o amor, non a deixedes pasar. Nas Gabarras aproveitamos a ocasión para deixarvos unha canción de amor: "Amei-te tanto" de Fanny + Alexander. A letra é de Pilar Pallarés.


Podedes escoitar e descargar máis música de Fanny + Alexander en www.myspace.com/fannyealexander


Deixa o teu comentario (1) - Categoría: 04. Música - Publicado o 14-02-2008 12:15
# Ligazón permanente a este artigo
PÁXINAS FAVORITAS


Dicía unha campaña da Universidade de Santiago que ?en galego estamos no mundo?. O galego identifícanos e as páxinas web en galego son unha garantía de proximidade, pero ademais internet é unha ferramenta de comunicación que pode e debe integrarnos nun contexto global desde a nosa identidade.

Aínda que falta moito camiño por percorrer, son xa moitas as páxinas web en galego imprescindibles para coñecer a nosa realidade. O curso pasado, o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo realizou unha pequena selección desas webs para poder compartilas convosco. Agora podedes acceder a elas desde As Gabarras entrando na sección de Páxinas Favoritas do blog. Agardamos que esta iniciativa contribúa ao uso da nosa lingua no ciberespazo, ao tempo que permita o coñecemento da creación artística, da literatura, da música, do deporte, do ensino, etc, que se están a facer en Galicia. Porque aínda temos moito que compartir e podemos facelo en galego.


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 05. Sitios Web - Publicado o 10-02-2008 19:25
# Ligazón permanente a este artigo
ARTES PLÁSTICAS

CGAC. CENTRO GALEGO DE ARTE CONTEMPORÁNEA
http://www.cgac.org

COLECCIÓN CAIXANOVA
http://www.coleccioncaixanova.com

FUNDACIÓN CAIXA GALICIA
Ademais da Colección de arte Caixa Galicia, nesta páxina podemos atopar información das sucesivas exposicións que teñen lugar nas diversas sedes da Fundación Caixa Galicia.
http://www.fundacioncaixagalicia.org

FUNDACIÓN LUÍS SEOANE
http://www.luisseoanefund.org

MUSEO DE BELAS ARTES DA CORUÑA
http://museobelasartescoruna.xunta.es

MUSEO DE PONTEVEDRA
http://www.museo.depo.es


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 05. Sitios Web - Publicado o 10-02-2008 19:24
# Ligazón permanente a este artigo
AUDIOVISUAL


AUDIOVISUAL DE GALICIA
Proxecto da Secretaría Xeral de Comunicación, é un "agregador audiovisual" que mostra contidos que proveñen de fontes externas relacionadas co audiovisual galego. Dispón dun fluxo de vídeo continuo que se alimenta do cine creado ou filmado en Galicia.
http://www.audiovisualdegalicia.es

AXENCIA AUDIOVISUAL GALEGA
Nace para apoiar a creación audiovisual en Galicia. Na medioteca está o TeuTubo coas ligazóns aos vídeos galegos colgados na rede.
http://www.axenciaaudiovisualgalega.org

AVG. O SOPORTAL DO AUDIOVISUAL GALEGO
Páxina adicada fundamentalmente ao cine en galego. Estreas, festivais, reportaxes, trailers e vídeos, historia do cine galego? Información sobre directores, actores, guionistas?
http://www.culturagalega.org/avg

CGAI. CENTRO GALEGO DE ARTES DA IMAXE
Figuran películas, documentais e cine recuperado que pode visionarse desde a propia web.
http://www.cgai.org

ENCONTRO DO AUDIOVISUAL ESCOLAR GALEGO
Proxecto de SonCine no que, ademais de moita información sobre o audiovisual escolar, podemos ver, na pestana TVESCOLA, máis de 1500 vídeos feitos nas escolas e institutos galegos.
http://soncine.blogspot.com/p/tvescola.html

FLOCOS.TV
O cineclub do audiovisual galego de ficción, animación, documental, experimental... Máis de 300 películas en liña.
http://flocos.tv

XANELA GALIZA
Extenso sitio de reportaxes fotográficas sobre o noso país.
http://www.xanelagaliza.com


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 05. Sitios Web - Publicado o 10-02-2008 19:23
# Ligazón permanente a este artigo
BANDA DESEÑADA


BD BANDA
Podes ver publicacións, premios, actos públicos, certames e exposicións.
http://www.bdbanda.com

BD. O SOPORTAL DA BANDA DESEÑADA GALEGA
Soportal de Culturagalega.org con información sobre a banda deseñada galega.
http://www.culturagalega.org/bd

O UNIVERSO GALIMATÍAS
Espazo web complementario á revista xuvenil de historieta Galimatías.
http://www.ouniversodegalimatias.com

RETRANCA
Blog da revista de humor Retranca. Lerala de morto se non a les de vivo...
http://revistaretranca.blogspot.com

PÁXINAS DE AUTORES

MANEL CRÁNEO
Blog deste ilustrador e autor de banda deseñada.
http://manelcraneo.blogspot.com

O BICHERO
Blog de Luis Davila.
http://obichero.blogspot.com.es

Ó OUTRO LADO DO MURO
Blog de Kiko Da Silva vencellado coa documentación dun proxecto que publicará Xerais.
http://ooutroladomuro.blogspot.com


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 05. Sitios Web - Publicado o 10-02-2008 19:23
# Ligazón permanente a este artigo
BUSCADORES


JUJEL
É o mesmo buscador que Google, pero salientando os resultados galegos. É unha páxina simpática que saca á luz a gheada e o seseo tan galegos, pero tamén é un sevizo público e serio, que en cooperación con Google Inc., limita as búsquedas a referencias galegas.
http://www.jujel.es

PÁXINAS.COM.
Páxinas.com é un buscador de información de Galicia en Internet.
http://paxinas.com

VIEIROS
Buscador temático centrado en recursos exclusivamente de Galicia.
http://buscador.vieiros.com/ligazons/buscador

Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 05. Sitios Web - Publicado o 10-02-2008 19:22
# Ligazón permanente a este artigo
CAMISETAS CREATIVAS EN GALEGO

CARAMUXO
Adaptación da cultura e da retranca galega ao mundo das camisetas.
http://www.caramuxo.com

LOBISOME
Camisetas galegas e de Ourense.
http://www.lobisome.com/index.php

NICETRIP
Camisetas creativas desde A Coruña.
http://www.nicetripgalicia.com

REI ZENTOLO
Camisetas, chapas, tazas...
http://www.reizentolo.es

TINTA DE LURA
As camisolas de Tinta de Lura forman parte dun proxecto que quere difundir poesía por canles diferentes e achegala a un público máis amplo.
http://www.tintadelura.com


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 05. Sitios Web - Publicado o 10-02-2008 19:21
# Ligazón permanente a este artigo
COMUNIDADE BLOG

BLOGALEGO
É un sistema gratuito para a creación, xestión e aloxamento de blogs, ideal para usuarios con baixos coñecementos técnicos.
http://www.blogalego.com

BLOGALIZA. O BLOGOMILLO FEITO WEB
Catálogo das bitácoras que forman parte da comunidade da BLOGALIZA. Desde aquí tamén podes acceder á lista do BLOGOMILLO na que están todos os blogues que existen en galego. Ademais podes crear e xestionar o teu desde aquí.
http://www.blogaliza.org

BLOGOTECA
Sistema gratuíto e en galego para a creación, xestión e aloxamento de blogs.
http://www.blogoteca.com


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 05. Sitios Web - Publicado o 10-02-2008 19:20
# Ligazón permanente a este artigo
CULTURA POPULAR


ARQUIVO DO PATRIMONIO ORAL DA IDENTIDADE
Importante recompilación de gravacións dixitalizadas do noso patrimonio inmaterial.
http://www.apoi-mpg.org

ASOCIACIÓN GALEGA DO XOGO POPULAR E TRADICIONAL
Pretende unir esforzos para favorecer a práctica dos xogos e deportes tradicionais e populares galegos. Entre outras moitas cousas, esta páxina ofrece un interesante catálogo de xogos.
http://www.agxpt.org

DICIONARIO DA VESTIMENTA TRADICIONAL GALEGA
http://dvtg.msoutopico.es

ECOMUSEO FORNO DO FORTE
Páxina deste museo que nos amosa o xeito de vida tradicional dos "oleiros" (alfareiros) de Buño.
http://www.concellomalpica.com/fornodoforte

MUSEO DO POBO GALEGO
Información sobre o Museo do Pobo Galego, o edificio, as salas, as exposicións, etc.
http://www.museodopobo.es

O APALPADOR
Este personaxe mítico, que durante anos sobreviviu recollido nos montes do Courel e o Cebreiro, xa ten a súa propia páxina web.
http://www.apalpador.com

ORELLA PENDELLA
Páxina que se ocupa de difundir a literatura popular infantil de Galicia.
http://www.orellapendella.org

PATRIMONIO INMATERIAL GALEGO-PORTUGUÉS
Web da candidatura das tradicións orais galego-portuguesas a ser declaradas patrimonio inmaterial da humanidade pola Unesco. Información sobre as tradicións e todas as iniciativas.
http://www.opatrimonio.org/gz/principal.asp

PORTAL DO PATRIMONIO CULTURAL INMATERIAL DE GALICIA
Aquí temos fotos, música, vídeos e moita información sobre oficios tradicionais, festas, literatura oral, música popular, etc, froito do traballo de campo realizado para o Proxecto Ronsel (plan de recuperación do patrimonio inmaterial de Galicia que xorde da colaboración entre a Xunta de Galicia e as Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo).
http://webs.uvigo.es/ronsel

XOGOS POPULARES
Para aprender a xogar xogos tradicionais, participar en concursos e competicións e gañar premios.
http://www.xogospopulares.com

GALICIA ENCANTADA
Enciclopedia da fantasía popular de Galicia. Misterios e lendas de Galicia.
http://www.galiciaencantada.com


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 05. Sitios Web - Publicado o 10-02-2008 19:20
# Ligazón permanente a este artigo
DEPORTES

CANAL SELECCIÓNS
Ten fotos, foros, chats, enquisas, noticias e un espazo para deixar a nosa opinión.
http://www.vieiros.com/seleccions

CLUB NÁUTICO FIRRETE
Información sobre o club de piragüismo de Pontedeume.
http://www.firrete.es

DEPORTE GALEGO
Web institucional do deporte galego.
http://deporte.xunta.es

FEDERACIÓN GALEGA DE BALONCESTO
http://www.fegaba.com

FEDERACIÓN GALEGA DE SURF E BODYBOARD
Web oficial da Federación Galega de Surf.
http://www.fgsurf.org

LAJAREU POR BARLOVENTO
Asociación cultural e deportiva que se adica á promoción da navegación tradicional en dorna.
http://lajareu.blogspot.com

SURF GZ
Xornal on-line que ademais de informar á comunidade surfeira galega, persegue fortalecer o surfing galego e facelo máis visible en internet.
http://www.surfgz.com.


Deixa o teu comentario (2) - Categoría: 05. Sitios Web - Publicado o 10-02-2008 19:17
# Ligazón permanente a este artigo
ECOLOXISMO

ASOCIACIÓN PARA A DEFENSA ECOLÓXICA DE GALIZA (ADEGA)
Web desta asociación ecoloxista. Información sobre as súas actividades e campañas.
http://adega.info

A VIDA NOS RÍOS GALEGOS
Extraordinaria páxina de Secundino Lorenzo Fernández na que podemos atopar moitísima información sobre a flora e fauna que vive nos nosos ríos, á beira deles ou non lonxe dos mesmos, ademais de denuncias, lendas, contos, poemas, fotos..., que nos axudan a coñecelos mellor.
http://www.rios-galegos.com

PROXECTO RÍOS
Páxina do Proxecto Ríos, unha iniciativa de educación ambiental e participación cidadá en defensa dos nosos ríos.
http://www.proxectorios.org

VERDEGAIA
Traballan en temas como a enerxía, o transporte, montes, contaminación, urbanismo, etc.
http://www.verdegaia.org


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 05. Sitios Web - Publicado o 10-02-2008 19:17
# Ligazón permanente a este artigo
EDUCACIÓN


ASOCIACIÓN SOCIO-PEDAGÓXICA GALEGA
Movemento de renovación pedagóxica pioneiro en Galiza.
http://www.as-pg.com

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Portal educativo da Xunta de Galicia.
http://www.edu.xunta.es

IES BREAMO
http://www.edu.xunta.es/centros/iesbreamo

IES FRAGAS DO EUME
http://centros.edu.xunta.es/iesfragadoeume

NOVA ESCOLA GALEGA
Asociación que ten como finalidade impulsar a renovación pedagóxica e a galeguización lingüística e curricular do sistema educativo de Galiza.
http://www.nova-escola-galega.org

UNIVERSIDADE DA CORUÑA
http://www.udc.es

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
http://www.usc.es

UNIVERSIDADE DE VIGO
http://www.uvigo.es

Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 05. Sitios Web - Publicado o 10-02-2008 19:16
# Ligazón permanente a este artigo
FERRAMENTAS LINGÜÍSTICAS


CORRECTORES:

CORRECTOR ORTOGRÁFICO EN LIÑA DO GALEGO. ORTOGAL
A Universidade de Vigo ten en marcha OrtoGal e podemos acceder a el a través da rede.
http://sli.uvigo.es/corrector

CURSOS DE GALEGO:

CELGA
Neste apartado da páxina da Secretaría Xeral de Política Lingüística atoparedes toda a información sobre os CELGA (sistema de certificación de lingua galega adaptado ao Marco europeo común de referencia para as linguas).
http://www.xunta.es/linguagalega/celga

CURSO DE GALEGO
Curso multimedia de galego de nivel intermedio dirixido a falantes de castelán. Non está adaptado ao cambio normativo.
http://e-galego.cesga.es/inicio.htm

GALINGUA
Curso interactivo para a autoaprendizaxe da lingua galega.
http://www.edu.xunta.es/galingua

DICIONARIOS:

DICIONARIO DE GALEGO IR INDO
http://digalego.com/diccionario/html/index.php

DICIONARIO DA REAL ACADEMIA GALEGA
http://www.realacademiagalega.org/dicionario

DICIONARIO ELECTRÓNICO ESTRAVIZ
Nova versión do máis completo dicionario galego na rede. Non segue a normativa ortográfica oficial.
http://www.estraviz.org

DICIONARIO VISUAL INTERACTIVO
Creado para que o alumnado procedente do estranxeiro explore os escenarios do contorno educativo e aprenda os termos máis comúns.
http://www.edu.xunta.es/contidos/dicionariovisual/dicionario.html


DICIONARIOS E LÉXICOS TEMÁTICOS:

DICIONARIO DA VESTIMENTA TRADICIONAL GALEGA
http://dvtg.msoutopico.es

DiGaTIC. DICIONARIO GALEGO DAS TIC
O primeiro dicionario enciclopédico galego sobre novas tecnoloxías que dispón de máis de catro mil termos e que se pode consultar na rede. Ademais ofrece unha utilísima serie de enlaces de interese.
http://www.digatic.com

VOCABULARIO MULTILINGÜE DE ECONOMÍA
Vocabulario de economía en galego, catalán, castelán, inglés e vasco.
http://www.iula.upf.edu/rec/ricoterm/docums/vocecon/gal/index.html

VOCABULARIOS TEMÁTICOS
http://www.xunta.es/linguagalega/dicionarios_e_lexicos2


DICIONARIOS BILINGÜES:

DICIONARIO CLUVI INGLÉS-GALEGO
No Corpus Lingüístico da Universidade de Vigo atopamos este dicionario en liña que nos permite traducir directamente do inglés ao galego e viceversa.
http://sli.uvigo.es/CLIG/clig.html

DICIONARIO GALEGO-ALEMÁN
http://193.147.87.248/dicionario/index.php


TRADUTORES:

LUCY KWIK TRANSLATOR
Permite traducir textos curtos e webs do inglés e do castelán ao galego e viceversa.
http://www.lucysoftware.com/cms/front_content.php?idcat=45

OPENTRAD.
Sistema de tradución automática en código aberto deseñado inicialmente para todas as linguas do Estado e de uso gratuíto. Actualmente está dispoñible a tradución bilateral do galego co castelán, co inglés e co portugués.
http://www.opentrad.org

TRADUCÍNDOTE
Tradutor gratuíto de documentos .odt, OpenOffice, ás diferentes linguas do estado, inglés e portugués.
http://www.traducindote.com

TRADUTOR APERTIUM
Tradutor español-galego e galego-español de textos, ficheiros e sitios web.
http://sli.uvigo.es/tradutor

TRADUTOR DA XUNTA
Ferramenta de tradución automática castelán-galego, francés-galego e catalán- galego que permite a consideración da totalidade da oración no proceso de tradución. O acceso é aberto e gratuíto, cun volume limitado (2.500 caracteres). As entidades públicas dispoñen de licenzas que permiten un volume maior de tradución.
http://www.xunta.es/tradutor

TRADUTOR DO INSTITUTO CERVANTES
Permite traducir até 10.000 palabras do español ao galego e do galego ao español.
http://traductor.cervantes.es


OUTROS RECURSOS:

CONSULTAS LINGÜÍSTICAS
A Secretaría Xeral de Política Lingüística ten na súa páxina a área de asesoramento lingüístico, que atende calquera consulta relacionada coa lingua galega (sobre fonética, ortografía, morfoloxía, sintaxe...) ou de carácter terminolóxico, en colaboración co Servizo de Terminoloxía da Real Academia Galega (Termigal).
http://www.xunta.es/linguagalega/consultas_linguisticas

CONXUGADOR CILENIS
A empresa Cilenis elaborou este conxugador verbal que nos ofrece a posibilidade de conxugar os verbos en galego e portugués.
http://conxugador.cilenis.com/index.php

DICIONARIO DE PRONUNCIA DA LINGUA GALEGA
Dicionario impulsado polo ILG que permite escoitar a palabra desexada no galego estándar nun rexistro formal.
http://ilg.usc.es/pronuncia

DÚBIDAS LINGÜÍSTICAS
Neste blog podedes esclarecer algunhas dúbidas lingüísticas moi frecuentes.
http://www.blogoteca.com/dubidas

EXERIA
Aplicación que facilita a revisión lingüística de textos e ofrece alternativas para un uso non sexista da linguaxe.
http://www.exeria.net

GALAPPS
ConxuGalego, DicionarioGalego e TradutorGalego son as ferramentas lingüísticas da suite GalApps que están dispoñíbeis para móbiles Android e para iPhone e iPad.
http://galapps.es

GALEGO PARA DOCENTES
Ferramentas para a aula seleccionadas por Xosé Antón Vicente Rodríguez (CEFORE de Pontevedra).
http://centros.edu.xunta.es/cfr/pontevedra/antonvicente/index.htm

NORMAS ORTOGRÁFICAS E MORFOLÓXICAS DO IDIOMA GALEGO
Neste enderezo podemos consultar e descargar en PDF esta publicación.
normas_galego.pdf

RECURSOS PARA O GALEGO
Web da Deputación da Coruña, que nos ofrece unha interesante selección de correctores, dicionarios, vocabularios, tradutores, gramáticas e manuais dispoñíbeis na rede.
http://www.recursosparaogalego.com

VOLGA
Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega permite saber se un termo é correcto ou non ou, no caso de selo, se existen sinónimos preferibles no seu lugar.
http://www.realacademiagalega.org/recursos-volg


Última actualización: xullo 2012


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 05. Sitios Web - Publicado o 10-02-2008 19:15
# Ligazón permanente a este artigo
ENCICLOPEDIA


GALIPEDIA
Enciclopedia colaborativa en galego que ten como obxectivo a transmisión do coñecemento sen restricións editoriais nin comerciais.
http://gl.wikipedia.org


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 05. Sitios Web - Publicado o 10-02-2008 19:15
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0