AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

Desexamos compartir ilusión e esperanza cada día de 2012!!!


Desde As Gabarras queremos desexarvos un feliz 2012 cheo de ilusión e esperanza!!!

E ilustramos o noso desexo con este precioso calendario elaborado no IES Leliadoura de Ribeira e que atopamos no blog PARAUGAS DA LINGUA, da Coordinadora de ENDL da Barbanza


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 01. IES Breamo - Publicado o 31-12-2011 21:19
# Ligazón permanente a este artigo
Boa entrada no 2012!!!


Desde Ponteceso deséxannos un feliz ano 2012 a todos e todas con este fermoso vídeo. "Aos que co seu labor diario son o empuxe da educación. Que teñades un ano no que gozar dos mellores momentos e afrontar os non tan bos con ánimo e esperanza; e no que a educación siga sendo co labor de todos e todas a plataforma onde coller impulso para atrapar os soños. Dende o IES Ponteceso, FELIZ 2012"


Bonita felicitación que queremos facer tamén nosa e compartila nas Gabarras con tod@s vós!!!


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 01. IES Breamo - Publicado o 31-12-2011 21:17
# Ligazón permanente a este artigo
Pechan 15 servizos de normalización lingüística
A eliminación das axudas por parte da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a irresponsábel tardanza da nova e minguada convocatoria por parte da Deputación da Coruña e da Xunta favorecen o despedimento de 15 técnicos/as de normalización lingüística e o peche doutros tantos servizos.

Cumpriuse a peor das previsións, e o ano remata co peche de 15 servizos de normalización lingüística (SNL) de concellos galegos.

Ler máis


Fonte: Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 12. Política Lingüística - Publicado o 31-12-2011 20:58
# Ligazón permanente a este artigo
Xa é Nadal!!!
Desexámoslle á xente toda un Bo Nadal e nesta ocasión queremos facelo cun anuncio de Nadal dos humoristas de Gato Fedorento.



O spot foi creado para MEO, o servizo de televisión de pago de PT Comunicações e descríbenos todas as claves necesarias para facer publicidade no Nadal: as campaniñas, a neve, a aparición dunha “figura coñecida do mundo da música” (neste caso Lúcia Moniz, á que fóra de Portugal coñecemos como “a portuguesa de ‘Love Actually’“), a coral infantil para intensificar a proximidade emocional, as mamá Noel lixeiras de roupa para o público masculino, a xente de toda raza e condición para ser politicamente correctos…


Fonte: Disquecool

Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 03. Humor - Publicado o 24-12-2011 20:16
# Ligazón permanente a este artigo
Regalemos galego

O Apalpador nunha ilustración de Leandro Lamas


Para quen lle pide os agasallos ao Apalpador e para quen llelos pide aos Reis, REGALEMOS GALEGO.


Deixa o teu comentario (1) - Categoría: 14. Campañas dinamizadoras - Publicado o 24-12-2011 20:01
# Ligazón permanente a este artigo
Regala igualdade

A Concellaría de Igualdade e Xuventude de Vigo presentou unha nova edición da campaña "Polo uso non sexista de xogos e xoguetes", baixo o lema "Regala/Comparte igualdade".
Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 14. Campañas dinamizadoras - Publicado o 24-12-2011 20:01
# Ligazón permanente a este artigo
Música en galego na televisión serbia


Djurdja Pokraja, unha rapaza serbia, cantou en galego no casting do "X Factor" ou "Got Talent" do seu país, "Ja imam talenat" (Eu teño talento), coas cancións "Lela" e "Negra sombra".

Foi na televisión serbia e á moza xa a entrevistaron a semana pasada na Radio Galega grazas ás xestións de Jairo Dorado, que fala e traduce ao galego do serbo-croata, do húngaro e dunha chea de linguas máis, e fixo de intérprete galego-serbio e aproveitou para largar un par de andanadas contra os que desconsideran e desprezan o noso idioma, para que tomen exemplo desta rapaza da Voivódina serbia.

Non sabemos nada da historia lingüística desta moza, pero o caso é que o seu galego non soa nada mal. E se non o credes, escoitádea no vídeo.


Fonte: Prolingua


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 12-12-2011 21:53
# Ligazón permanente a este artigo
O skyline da industria cultural galega


DESCARGA AQUÍ O MAPA AMPLIADO


"Se premedes a ligazón situada debaixo da imaxe, tedes a oportunidade de explorar os rañaceos que forman este mapa visual das empresas culturais do país. Ideámolo como un mapa o máis completo posible, aínda que somos conscientes de que é unha ferramenta en progreso, susceptible de ser ampliada e mellorada. No mapa veredes catro barrios: o editorial, o das artes escénicas, o audiovisual e o da música. En cada edificio agrupamos as empresas por actividade. Flotando entre unhas e outras construcións atopamos multitude de servizos asociados en forma de nube."


Máis información en NÓCOMÚM


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 15. Reflexións sobre a lingua - Publicado o 12-12-2011 21:44
# Ligazón permanente a este artigo
A química fala galego no IES Elviña da Coruña



Experimentos realizados pol@s alumn@s de 1º de Bacharelato de ciencias do IES Elviña para conmemorar o Día da ciencia en galego 2011.

Departamentos responsables: Física e química e Normalización lingüística


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 14. Campañas dinamizadoras - Publicado o 12-12-2011 21:40
# Ligazón permanente a este artigo
Disquecool, o medio de tendencias made in Galicia



Disquecool é unha revista dixital de tendencias feita en Galicia que, desde que botou a andar o 1 de maio de 2011, non parou de medrar en contidos e seguidoras/es.

Porque Disquecool informa dun xeito desenfadado do máis cool da moda, da música, do deseño, do cine, da televisión, do márqueting, das letras, da tecnoloxía, de estilos de vida...

Pero Disquecool é moito máis. Entra e verás.





Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 05. Sitios Web - Publicado o 10-12-2011 10:08
# Ligazón permanente a este artigo
Culturgal 2011. Un soño que se consolida

O Pazo da Cultura de Pontevedra estivo ateigado de xente a pasada fin de semana na cuarta edición da Feira das Industrias Culturais.

A satisfacción do sector é unánime, tanto pola masiva resposta do público como pola crecente sintonía acadada entre as empresas dos distintos gremios. “O soño Culturgal é hoxe un proxecto consolidado”, sentencia Manuel Bragado, presidente da AGE, mentres Xulio Amigo, presidente da asociación Culturgal, recorda que o obxectivo desta edición era cualitativo: “a Feira estivo toda a fin de semana ateigada de público, pero para nós é aínda máis importante saber que toda esa xente estivo cómoda no fogar da cultura galega, que é o seu fogar”.


Fonte: Web do Culturgal


Para coñecer o máis destacado do Culturgal 2011 podemos ver a selección achegada por Culturagalega.org: O Culturgal básico


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 14. Campañas dinamizadoras - Publicado o 07-12-2011 23:17
# Ligazón permanente a este artigo
Carlos Blanco. A TVG


Reflexións de Carlos Blanco sobre a tele pública galega.
Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 15. Reflexións sobre a lingua - Publicado o 07-12-2011 22:59
# Ligazón permanente a este artigo
Tempos Dixital e Praza, dous novos medios en galego na rede
Despois de ver con impotencia como se foron pechando no último ano moitos medios de comunicación escritos en galego, asistimos agora con esperanza ao nacemento de novos medios dixitais na nosa lingua.

Algunhas destas iniciativas xa se están materializando e outras están a punto, aquí temos a presentación de dous destes proxectos xornalísticos, Praza e Tempos Dixital, a edición dixital de Tempos Novos, no programa da Radio Galega Galicia por diante.



Fonte: Radio Galega (02/11/2011)


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 15. Reflexións sobre a lingua - Publicado o 07-12-2011 22:53
# Ligazón permanente a este artigo
Enkenda
Enkenda. Profesionais dende outra perspectiva.

Descubre en 60 segundos cales son as vantaxes que fan de Enkenda o xeito máis sinxelo de solicitar orzamentos online para realizar a túa reforma:




Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 05. Sitios Web - Publicado o 07-12-2011 22:25
# Ligazón permanente a este artigo
Dicionario Galego para Android
    

Falas a lingua de Galicia? Discutiches algunha vez con alguén sobre se en galego se escribe "abogado" ou "avogado"? Dubidas do significado dalgunha palabra galega? Con DicionarioGalego iso é historia. Agora podes buscar calquera palabra no DRAG calquera móbil con Android.

Pódese descargar de balde a actualización do DicionarioGalego no Android Market, cunha pequena nota coas novas introducidas na normativa do 2003




Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 05. Sitios Web - Publicado o 05-12-2011 23:47
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [4] [5] [6] 7 [8] [9] [10] ... [66]
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet