AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

III CONCURSO DE MICRORRELATOS DO IES BREAMO



O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Breamo convoca o terceiro certame de microrrelatos dirixido á comunidade educativa do IES Breamo, de acordo coas bases que a continuación se especifican.

1. FORMATO: O texto presentado debe de ser en galego e non conter máis de 600 caracteres, (aproximadamente 8 liñas), sen contar o título e o pseudónimo da persoa participante. O formato do texto será: Times New Roman, tamaño 12, xustificado a dobre espazo. O microrrelato estará precedido por un título en negriña e asinado por pseudónimo en cursiva (o mesmo pseudónimo para todas as obras enviadas pola mesma persoa) e a categoría á que pertence.

2. TEMA: A temática será libre.

3. CATEGORÍAS: Establécense tres categorías:
Categoría A: alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO.
Categoría B: alumnado de 4º de ESO e Bacharelato.
Categoría C: profesorado, persoal non docente, pais e nais de alumnos-as do centro.

4. PROCEDEMENTO: A persoa participante no concurso deberá entregar na Secretaría do instituto un sobre grande anónimo que conteña no seu interior o microrrelato (ou microrrelatos) que presente a concurso, sen que conste o nome, pero si o título, o pseudónimo e a categoría, e un sobre pequeno ou plica, pechado, no que deberá escribir por fóra: III Concurso de microrrelatos do IES Breamo, o pseudónimo empregado e a categoría á que se presenta, e dentro incluír os seus datos persoais: o nome e apelidos, curso e, se se presenta á categoría C fará constar tamén o documento de identidade, un número de teléfono e, se é pai ou nai dun alumno ou alumna do centro, indicará tamén o nome do seu fillo ou filla.

5. PRAZO: As obras poderán ser presentadas na Secretaría do IES Breamo ata o venres 11 de maio. Os microrrelatos gañadores daranse a coñecer no blog do EDLG As Gabarras e na web do IES Breamo na semana das Letras Galegas, despois do fallo do xurado.

6. XURADO: O xurado estará composto por dous representantes do profesorado, dous representantes do alumnado pertencentes ao EDLG e un representante do persoal non docente.

7. PREMIOS: Haberá un premio en cada categoría. No caso de que algunha das categorías non acade premio por falta de calidade dos traballos presentados, poderá adxudicarse un segundo premio a outra categoría. O acto de entrega de premios terá lugar no Salón de Actos do IES Breamo o día e hora que se indique cando se faga público o fallo do xurado.

8. Os traballos premiados en todas as categorías, poderán ser expostos nas páxinas webs e blogues do centro.

9. A participación neste concurso supón a aceptación destas bases.


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 01. IES Breamo - Publicado o 25-04-2012 13:19
# Ligazón permanente a este artigo
Eva Veiga no Breamo




Grazas, Eva, pola túa xenerosidade. Foi un pracer enorme escoitarte falándonos de poesía no Breamo, achegármonos á emoción das túas palabras e compartirmos contigo este reencontro co teu instituto. Desexámosche moita felicidade no teu camiño nas palabras de Clarice Lispector que ti nos descubriches:

Sonhe com aquilo que você quiser. Seja o que você quer ser, porque você possui apenas uma vida e nela só se tem uma chance de fazer aquilo que se quer. Tenha felicidade bastante para fazê-la doce. Dificuldades para fa zê-la forte. Tristeza para fazê-la humana. E esperança suficiente para fazê-la feliz.

Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 01. IES Breamo - Publicado o 24-04-2012 22:32
# Ligazón permanente a este artigo
Eva Veiga vai falar de poesía no Breamo

A xornalista e poeta Eva Veiga vainos visitar mañá no instituto para falar de poesía cos alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato.

E estamos especialmente encantad@s de recibila no Breamo porque, ademais dos seus méritos como xornalista e poeta, Eva estudou o Bacharelato no noso instituto.

Eva Veiga naceu en Ombre, Pontedeume, en 1961.

Tras ter realizado estudos de Filoloxía Inglesa pola Universidade de Santiago de Compostela, traballou en El Ideal Gallego e, a partir do ano 1985, na Televisilón de Galicia, onde desenvolveu unha polifacética e intensa actividade profesional, sobre todo na dirección e presentación de programas culturais. Neste eido foi dúas veces Premio TP e Premio Galicia de Comunicación. Asemade, presentou e dirixiu para televisión a serie documental sobre a historia da arte galega Galicia no Tempo, programa que foi galardoado co Premio do Colexio de Arquitectos de Galicia e co Premio de Honra da UNESCO.

Realizou estudos de dirección de cine e de teatro con J. A. Bardem e Leonid Roberman, respectivamente.

Ten publicados os libros de poesía Fuxidíos (1993, accésit Premio Esquío), Paisaxes do baleiro (Xerais, 1999), A pedra insomne (Ferrol-Análisis, 2002), A Luz e as súas cicatrices (Esquío, 2006), Desconcerto (Biblos, 2006), Nesta hora imposible (2010) e A frecha azul do teixo (Espiral Maior, 2010).

Realiza cartafoles de poemas e gravados co artista Alfonso Costa. A súa poesía adoito comparte espazo coa doutros poetas en libros colectivos. Ten publicado tamén varios relatos.

No ano 2002 publicou unha guía sobre Compostela titulada Santiago, Cidade de peregrinación e é autora tamén, en colaboración con Ánxeles Pena, do libro Alfonso Costa (2008), un exhaustivo estudo da vida e da obra do pintor noiés.

Na actualidade colabora en diferentes xornais e revistas e forma parte do Grupo Ouriol, co que realiza espectáculos poético-musicais tanto dentro como fóra de Galicia.


POEMAS DE EVA VEIGA


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 01. IES Breamo - Publicado o 23-04-2012 09:36
# Ligazón permanente a este artigo
II Semana das Curtas no Breamo


Remata a II Semana das Curtas no Breamo e temos unha favorita do público: A escola das areas, unha preciosa curtametraxe de animación de Virginia Curiá e Tomás Conde, que se estreou no ano 2002.



Ficha artística

Dirección: Tomás Conde / Virginia Curiá
Dirección artística: Tomás Conde / Virginia Curiá
Dirección fotografía: Virginia Curiá
Guionista: Puri Seixido

Máis información sobre A escola das areas en Culturagalega.org


Autora do cartaz da II Semana das Curtas: Fina Arufe Mas


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 01. IES Breamo - Publicado o 20-04-2012 12:16
# Ligazón permanente a este artigo
Tíralle da Lingua 2012

Participantes no certame Tíralle da Lingua no Breamo (12/04/2012)


Realizada a primeira fase do Tíralle da Lingua, xa temos quen represente ao Breamo en Santiago o xoves 26 de abril.

PARABÉNS AO GAÑADOR, GAÑADORAS E ACCÉSIT!!! E moitas grazas a tod@s cant@s participastes nesta aventura un ano máis, facendo posible que esteamos por terceiro ano consecutivo na festa da narración oral en Santiago!!!



Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 01. IES Breamo - Publicado o 13-04-2012 16:52
# Ligazón permanente a este artigo
Galego, todo o que buscas
GALEGO, TODO O QUE BUSCAS é o título da curta que vén de recibir o 1º Premio do concurso do Correlingua 2012.

Os nosos parabéns a Édelingua, Producións Audiovisuais do IES O Mosteirón e ao Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES O Mosteirón polo traballo ben feito e o éxito colleitado.



Pódense ver máis vídeos dinamizadores na Canle de Youtube do Correlingua


Deixa o teu comentario (2) - Categoría: 14. Campañas dinamizadoras - Publicado o 12-04-2012 00:27
# Ligazón permanente a este artigo
As Fragas do Eume. O bosque atlántico


As Fragas en Time Lapse por Juan Luis Rúa Prieto en 2010.

Fonte: Paperblog (02/04/2012)




Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 01. IES Breamo - Publicado o 12-04-2012 00:27
# Ligazón permanente a este artigo
Facemos un videoclip?


Despois do éxito do curso pasado, que tal se este ano lle facemos un videoclip a algún destes temas?

APAGHA A TELE de Dios Ke Te Crew (2006)

PARDECONDE de Gran Purismo (2007)

EU SÓ de Projecto Mourente

GALICIA ESTÁ DE FESTA de Dj Son1c (2011)


Hai moita música Creative Commons en galego en A REGUEIFA NETLABEL e O TOXO RABUDO NETLABEL.

Tamén hai páxinas desde onde se poden descargar fotos moi boas Creative Commons para os videoclips:

PHOTOPIN FOTOS LIBRES

25 BANCOS DE IMAXES DE BALDE


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 00. Gabarra de Música - Publicado o 31-03-2012 00:03
# Ligazón permanente a este artigo
Galicia está de festa. Dj Son1c Feat. Isis

Desde que A festa non vai parar de Dj Son1c foi seleccionada para representar a España no festival internacional "Eurodance 2008", o noso músico seguiu compoñendo temas en galego e demostrando que a nosa lingua séntalle moi ben á música dance! Desde 2010 escoitamos e bailamos Sen ti e, como non hai dúas sen tres, desde 2011 podemos gozar de Galicia está de festa.

Aquí temos o videoclip oficial de Galicia está de festa de Dj Son1c Feat. Isis:




Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 30-03-2012 23:17
# Ligazón permanente a este artigo
Eu só. Projecto Mourente


Magnífica e intimista canción do álbum Kara.o.ke de Projecto Mourente, publicado no ano 2008.


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 30-03-2012 22:24
# Ligazón permanente a este artigo
Os xaponeses segundo Nucha e Mucha
Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 03. Humor - Publicado o 30-03-2012 21:46
# Ligazón permanente a este artigo
Mucha, Nucha e as súas curmás da Coruña
Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 03. Humor - Publicado o 30-03-2012 21:45
# Ligazón permanente a este artigo
Os pozos, os marcos e Google Maps segundo Mucha e Nucha
Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 03. Humor - Publicado o 30-03-2012 21:45
# Ligazón permanente a este artigo
FRASEOLOXÍA VISUAL 2
Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 09. Lingua Rica Rica - Publicado o 09-03-2012 01:04
# Ligazón permanente a este artigo
FRASEOLOXÍA VISUAL 1
Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 09. Lingua Rica Rica - Publicado o 09-03-2012 01:04
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet