Música do dúo galaico-italiano 2nafronteira para un poema de Paz-Andrade, "Pranto matricial", que el adicou ao retorno de Castelao a Galiza. Gravado no estudio de Gino Borio, Cascinette d' Ivrea, abril 2012.
NA MATRICIAL GALIZA, SEMPRE TÚA,
que dende a Torre de Hércules ao Miño
un facho acenderá por cada illa,
cando ti volvas polo mare;
de toxo unha fogueira en cada monte;
cando ti volvas polo mare;
dos castros na coroa unha cachela,
cando ti volvas polo mare;
unha loura candea en cada pino,
cando ti volvas polo mare;
o seu cirio de frouma os alciprestes,
cando ti volvas polo mare;
luces de ardora branca en cada mastro,
cando ti volvas polo mare;
un farol mariñeiro en cada dorna,
cando ti volvas polo mare;
veliñas á xanela en cada casa,
cando ti volvas polo mare;
e as pérolas das bágoas derramadas,
cando ti chegues polo mare;
cando ti chegues polo mare...
Representantes da Plataforma unitaria Queremos Galego denunciaron publicamente a actitude do concello de Santiago que, con tan só 48 horas de antelación á manifestación convocada para hoxe, Día das Letras Galegas, comunicaba a denegación dos permisos necesarios para o normal desenvolvemento da mesma. Isto obrigou a plataforma a presentar un recurso pola vía de urxencia no contencioso-administrativo. A xustiza por fin concedeu todas as autorizacións pertinentes.
Carlos Callón: ?Non só é un ataque contra a liberdade de opción lingüística, é un ataque contra a liberdade de expresión?
Rapaces e rapazas do CEIP de Barrantes de Tomiño (Pontevedra) gravaron unha biografía cantada de Valentín Paz-Andrade. O título da canción, ?Oitenta e nove mil primaveras?, é unha homenaxe implícita aos 89 anos de vida do autor homenaxeado e tamén ao epitafio de Cunqueiro.
OUTRAS ACTIIVIDADES SOBRE A FIGURA DE VALENTÍN PAZ-ANDRADE
MATERIAIS DO SEMINARIO GALÁN para imprimir e actividades en liña para infantil e primaria, que tamén poden usarse en 1º de ESO.
LIM SOBRE VALENTÍN PAZ-ANDRADE, realizado polo CEIP de Rebordáns de Tui (Pontevedra), onde podedes realizar actividades en rede de diversa índole como crebacabezas, sopas de letras...
VALENTÍN PAZ-ANDRADE. EMPRESA EN GALEGO. Iniciativa da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) para dinamizar o mundo empresarial.
A actriz, autora, directora e contacontos Paula Carballeira estará hoxe connosco no Breamo!!!
Aínda que é moi coñecida polo seu traballo na tele, destaca en moitos outros ámbitos. Velaí vai unha síntese da súa traxectoria:
Paula Carballeira, que naceu en Maniños (Fene) en 1972, adícase profesionalmente ao teatro e á narración oral dende 1994.
É membro da compañía Berrobambán dende 1996, pero tamén desenvolve a súa traxectoria como actriz e directora noutras compañías, como o Centro Dramático Galego, Talía Teatro ou Magrinyana.
Traballa tamén como contadora de contos e actriz en diferentes series e espazos da TVG e como colaboradora na Radio Galega.
Pero Paula ademais é unha escritora prolífica e, desde o ano 1990, no que apareceu o seu primeiro libro A percura, non deixou de publicar numerosos títulos de literatura infantil e xuvenil, poesía, teatro e narrativa.
Recibiu en 1998 o 2º Premio do Concurso Nacional de Contos Infantís O Facho por A morte do mar. E foi gañadora do I Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil, no 2006, por Boas noites e do VI Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil no 2011, por O refugallo.