AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

ALDAO+LADO. Versión bilingüe do poema de Celso Emilio Ferreiro
Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 03. Humor - Publicado o 18-04-2011 17:39
# Ligazón permanente a este artigo
Lucía Aldao recita "A raíz do toxo verde"
Lucía Aldao recitou o poema "A flor do toxo verde" no Breamo.

Eis un fragmento:



Espectáculo poético-musical "Moita poesía, pouca diversión".

Pontedeume, 12 de abril de 2011


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 01. IES Breamo - Publicado o 18-04-2011 15:22
# Ligazón permanente a este artigo
As pintadas nun poema de Lucía Aldao
"Coruña Rabuña, pueblo inculto y majadero" dá título a un poema de Lucía Aldao construído coas pintadas que lle chamaron a atención polas rúas da súa vida.

Quen dixo que hai temas que non lle acaen a un poema? E que a poesía non pode ser divertida? E que non sintoniza cos mundos de hoxe?




Espectáculo poético-musical "Moita poesía, pouca diversión".

Pontedeume, 12 de abril de 2011



Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 01. IES Breamo - Publicado o 18-04-2011 14:42
# Ligazón permanente a este artigo
Desesperada e demente. Poema dadaísta no Breamo
María Lado le o cadáver exquisito resultante da suma de versos de diferentes poetas, no momento máis álxido do espectáculo poético-musical "Moita poesía, pouca diversión" no Breamo.

A casualidade e a vontade colectiva fixeron que este fose o resultado:



Pontedeume, 12 de abril de 2011


Mirade outros resultados noutros institutos:

Poema colectivo "Non hai máis butano, amor" no IES García Barbón de Verín (Fonte: Blog Chumaceira)

Quen ten un versiño por aí? IES do Son (Fonte: SonCine)


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 01. IES Breamo - Publicado o 18-04-2011 14:30
# Ligazón permanente a este artigo
María Lado no Breamo recitando "Cuqui"

Texto de María Lado e ilustración de David Rubín para postal


No vídeo temos a María Lado recitando o seu poema "Cuqui" no espectáculo poético-musical "Moita poesía, pouca diversión":




Pontedeume, 12 de abril de 2011


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 01. IES Breamo - Publicado o 18-04-2011 14:23
# Ligazón permanente a este artigo
María Lado: "É bonito porque che miro e só che vexo sorrir"
María Lado recitando un fragmento do seu poema "escribindo cápsulas para paleón".

Acompáñana a guitarra e a voz de Lucía Aldao.



Espectáculo poético-musical "Moita poesía, pouca diversión".

Pontedeume, 12 de abril de 2011

Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 01. IES Breamo - Publicado o 18-04-2011 14:20
# Ligazón permanente a este artigo
María Lado: "Cotiá"
María Lado recita o seu poema "Cotiá", acompañada pola voz e a guitarra Lucía Aldao:



Espectáculo poético-musical "Moita poesía, pouca diversión".

Pontedeume, 12 de abril de 2011


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 01. IES Breamo - Publicado o 18-04-2011 14:15
# Ligazón permanente a este artigo
GalegoLab recibiu o Mestre Mateo á mellor obra interactiva
A Academia Galega do Audiovisual vén de darlle o premio a GalegoLab como a mellor obra interactiva.

GalegoLab é unha organización sen fin de lucro, fundada en 2010, que ten como obxectivo o impulso de accións concretas de promoción da lingua galega. A súa ferramenta principal é a web GalegoLab, unha rede social de crowdsourcing, para concitar apoios ás accións propias e as que propoñan os usuarios e outros colectivos.


Máis información sobre GalegoLab

Web GalegoLab

Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 14. Campañas dinamizadoras - Publicado o 18-04-2011 01:48
# Ligazón permanente a este artigo
"Orgullosos do galego" Premio Mestre Mateo á mellor obra publicitaria


Os Equipos de Normalización Lingüística estamos de noraboa!

A campaña da CGENDL "Orgullosos do noso, orgullosos do galego" acaba de ser premiada na gala dos Mestre Mateo como a mellor obra publicitaria.

Parabéns a todas as persoas que a fixeron posible e colaboraron nela só por amor á nosa lingua.

Campaña da CGENDL


Deixa o teu comentario (1) - Categoría: 14. Campañas dinamizadoras - Publicado o 18-04-2011 01:24
# Ligazón permanente a este artigo
María Lado + Lucía Aldao. Poesía e diversión no Breamo



As poetas María Lado e Lucía Aldao estiveron o martes no noso instituto co seu espectáculo poético-musical "Moita poesía, pouca diversión".


A ironía do título non defraudou e as poetas engancháronnos nunha divertida travesía chea de poesía.



Aquí temos un suave momento do inicio:





Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 01. IES Breamo - Publicado o 17-04-2011 15:33
# Ligazón permanente a este artigo
II CONCURSO DE MICRORRELATOS DO IES BREAMO
Como xa veriades nos taboleiros de avisos do centro, máis un ano emprázase a toda a comunidade educativa do Breamo a escribir un microrrelato. Pois aquí podedes consultar con calma as bases.

E non esquezades que poden participar pais, nais, persoal non docente, profes e alumnado.




O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Breamo e a ANPA ?Augabar? do centro, convocan o segundo certame de microrrelatos dirixido á comunidade educativa do IES Breamo, de acordo coas bases que a continuación se especifican.

1. FORMATO: O texto presentado debe de ser en galego e non conter máis de 600 caracteres, (aproximadamente 8 liñas), sen contar o título e o pseudónimo da persoa participante. O formato do texto será: Times New Roman, tamaño 12, xustificado a dobre espazo. O microrrelato estará precedido por un título en negriña e asinado por pseudónimo en cursiva (o mesmo pseudónimo para todas as obras enviadas pola mesma persoa) e a categoría á que pertence.

2. TEMA: A temática será libre.

3. CATEGORÍAS: Establécense tres categorías:
Categoría A: alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO.
Categoría B: alumnado de 4º de ESO e Bacharelato.
Categoría C: profesorado, persoal non docente, pais e nais de alumnos-as do centro.

4. PROCEDEMENTO: A persoa participante no concurso deberá entregar na Secretaría do instituto un sobre grande anónimo que conteña no seu interior o microrrelato (ou microrrelatos) que presente a concurso, sen que conste o nome, pero si o título e o pseudónimo, e un sobre pequeno ou plica, pechado, no que deberá escribir por fóra: II Concurso de microrrelatos do IES Breamo e o pseudónimo empregado, e dentro incluír os seus datos persoais: o nome e apelidos, curso e categoría á que se presenta e no caso da categoría C farase constar tamén o documento de identidade, un número de teléfono e, se é pai ou nai dun alumno ou alumna do centro, indicará tamén o nome do seu fillo ou filla.

5. PRAZO: As obras poderán ser presentadas na Secretaría do IES Breamo ata o venres 13 de maio. Os microrrelatos gañadores daranse a coñecer no blog do EDLG As Gabarras, na web da ANPA e na web do IES Breamo na semana das Letras Galegas, despois do fallo do xurado.

6. XURADO: O xurado estará composto por un representante do EDLG, un representante da ANPA, dous representantes do alumnado pertencentes ao EDLG, un representante do profesorado, un representante do persoal non docente e un membro da dirección que actuará como secretario con voz e voto.

7. PREMIOS: Haberá un premio en cada categoría consistente nun reprodutor mp4. O acto de entrega terá lugar no Salón de Actos do IES Breamo o día e hora que se indique cando se faga público o fallo do xurado.

8. Os traballos premiados en todas as categorías poderán ser expostos nas páxinas webs e blogues do centro.

9. A participación neste concurso supón a aceptación destas bases.

Patrocinan o Concello de Pontedeume e a Deputación da Coruña.


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 01. IES Breamo - Publicado o 17-04-2011 13:16
# Ligazón permanente a este artigo
Algúns exemplos de Lingüística Gastronómica


Sesión de narración oral de Avelino González no Breamo o 7 de abril de 2011.

Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 02. Contando contos - Publicado o 12-04-2011 15:26
# Ligazón permanente a este artigo
De como os galegos falamos portugués ao acatarrármonos


Sesión de narración oral de Avelino González no Breamo o 7 de abril de 2011.

Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 02. Contando contos - Publicado o 12-04-2011 15:26
# Ligazón permanente a este artigo
Unha visita inésperada

O coñecido Rubén Riós, achegouse por sorpresa ao Breamo o mércores 7 de abril e asistiu á contada de Avelino González.

@s fans máis arrichad@s asaltárono na cafetaría do centro momentos antes de que chegase o tropel reclamando bocadillos e larpeiradas. En fin, que o pillaron polos pelos, pero conseguiron os seus autógrafos...
Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 01. IES Breamo - Publicado o 11-04-2011 19:01
# Ligazón permanente a este artigo
Avelino asinando autógrafos


O pasado mércores 7 de abril, minutos antes de que soase o timbre do recreo, Avelino González pensaba tomar un café tranquilamente... Pero alguén se foi da lingua e non lle quedou máis remedio que atender o seu público... Non tivo escapatoria...

Éche o que ten ser famoso!
Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 01. IES Breamo - Publicado o 11-04-2011 18:46
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0