AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

Lois Pereiro

Na foto está Lois co seu irmá Xosé Manuel na praia de Riazor. (Arquivo familiar Sánchez Pereiro)


Mar Sueiro subíu á rede unha interesante e concisa AUDIOBIOGRAFÍA DE LOIS PEREIRO que podemos escoitar aquí:



A continuación temos unha presentación sobre o poeta Lois Pereiro realizada polo EDLG do CEIP As Covas (Meaño):




Máis información en:

Web oficial de Lois Pereiro

Lois Pereiro na Galipedia

Lois Pereiro na RAG

Lois Pereiro na web da CGENDL


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 06. Letras Galegas - Publicado o 13-05-2011 09:54
# Ligazón permanente a este artigo
Está aquí o VENDAVAL LOIS!!!

Anda a rede que ferve coa palabra de Lois Pereiro escrita, recitada, cantada, berrada... e nesa vaga expansiva e contaxiosa, hoxe á noitiña será espallada ao vento a súa poesía desde os catro puntos cardinais, polas vilas galegas e polo mundo adiante.


Está aquí o VENDAVAL LOIS!!! Déixate levar!!!



Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 06. Letras Galegas - Publicado o 12-05-2011 19:44
# Ligazón permanente a este artigo
En que posto está o galego?


Autores: Manuel Núñez Singala e Manuel Bermúdez, membros do Servizo de Normalización Lingüística da USC.


"Se che gusta, compárteo, se che gusta, reenvíao"


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 15. Reflexións sobre a lingua - Publicado o 05-05-2011 22:31
# Ligazón permanente a este artigo
Contaxio



Autores: Manuel Núñez Singala e Manuel Bermúdez, membros do Servizo de Normalización Lingüística da USC.


"Se che gusta, compárteo, se che gusta, reenvíao"


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 15. Reflexións sobre a lingua - Publicado o 05-05-2011 22:22
# Ligazón permanente a este artigo
Liberdade


Autores: Manuel Núñez Singala e Manuel Bermúdez, membros do Servizo de Normalización Lingüística da USC.


"Se che gusta, compárteo, se che gusta, reenvíao"


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 15. Reflexións sobre a lingua - Publicado o 05-05-2011 22:22
# Ligazón permanente a este artigo
Responsabilidade



Autores: Manuel Núñez Singala e Manuel Bermúdez, membros do Servizo de Normalización Lingüística da USC.


"Se che gusta, compárteo, se che gusta, reenvíao"


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 15. Reflexións sobre a lingua - Publicado o 05-05-2011 22:22
# Ligazón permanente a este artigo
En galego por deferencia

Foi durante unha conferencia nunha sala ampla ateigada de xente nunha localidade da Comunidade Autónoma Galega. Non lembro o nome das persoas agás o de Fernando Ónega, o xornalista que fixo carreira en Madrid que agora acompaña con anuncios para o Banco Pastor.

Logo das correspondentes presentacións, tomou a palabra o citado xornalista. Abriu dun xeito semellante a isto:

?Como sabedes eu son galego. Sei falar galego e gústame moito a fala da miña terra. É un tesouro que temos. Pero como aquí diante temos a dous colegas de Madrid, por deferencia con eles, voume expresar en castelán. As linguas están para comunicarnos?.

Falou, logo, nun castelán empiricamente bo malia que o puidese facer nun galego supostamente tan bo.

A seguir falaba unha señora. Mágoa non lembrar o nome. Comezou:

?Como sabedes eu son galega. Sei falar galego e gústame moito a fala da miña terra. É un tesouro que temos. Pero como aquí diante temos a dous colegas de Francia, por deferencia con eles, voume expresar en francés. As linguas están para comunicarnos? [Nesa sala non había francés ningún].

A xente entendeu perfectamente. Non o francés, senón o galego que esta señora recuperaría aos cinco minutos pero cheo de prestixio. Xusto o que lle arrancaran, por deferencia, había media hora.
Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 15. Reflexións sobre a lingua - Publicado o 05-05-2011 22:21
# Ligazón permanente a este artigo
Alalá da noite. Berrrogüetto
Berrogüetto é o gañador do Premio da Música 2011 á mellor canción en galego pola súa versión do poema "Alalá" de Manuel Rivas. Recollerá o galardón en Madrid o próximo 18 de maio.

A canción, que leva o título "Alalá da noite", foi musicada por Quico Comesaña e Xabier Díaz. (Podemos escoitar como se xestou a partir do minuto 7 desta entrevista para CNN+)

Podemos vela neste vídeo gravado na presentación de Kosmogonías de Berrogüetto en Pontevedra no Pazo da Cultura (09/04/2010):





ALALÁ

Á vella maneira

A Cachi e Amparo

Eu de noite iría de noite,
no medio do temporal.
Ir de día á luz do día
dáme medo, miña nai.

No fondo do teu ollare
unha gamela abanea.
Quen se puidera afogare
na ardora dunha misteira.

O que soño é verdade
como o silencio é un falare.
Se roubei o teu retrato
foi pra aprender a mirare.

Eu non sabía que había
tanta alegría nas bágoas
nin neve nas bidueiras
nin esperanza nas mágoas.


Rivas, Manuel (2009), A desaparición da neve, (Madrid: Alfaguara)


A versión de estudio da canción pódese escoitar en Son de Poetas.


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 01-05-2011 12:51
# Ligazón permanente a este artigo
Maxicamente vello. Roi Casal



A FALA

O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pesar máis profundo.

O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o murmurio do vento,
a palabra de amor.

O idioma é o tempo,
é a voz dos avós
e ese breve ronsel
que deixaremos nós.

O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.

O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.

O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
¡Se perdemos a fala
non seremos ninguén!

O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.

Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer.
¡Precisamos a lingua
se queremos vencer!

Poema de Manuel María (2001) musicado por Roi Casal baixo o título "Maxicamente vello", o mesmo nome que lle deu ao seu segundo disco en solitario.

Tamén podemos escoitalo en Son de Poetas.







Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 01-05-2011 00:05
# Ligazón permanente a este artigo
O galego é a chave coa que abrimos o mundo


Acto pola lingua en Santiago organizado pola Plataforma Queremos Galego!.

Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 13. A cidadanía na defensa do galego - Publicado o 30-04-2011 01:33
# Ligazón permanente a este artigo
E recollemos un premio!!!

Rocío e Laura recibiron o segundo premio na Categoría de 2º ciclo de ESO e Postobrigatorio no XI Concurso de relato oral: Tíralle da Lingua falando da vida de quen estuda 2º de Bacharelato. E elas sabían moi ben do que falaban!!!

Parabéns, mozas!!!


Deixa o teu comentario (1) - Categoría: 01. IES Breamo - Publicado o 30-04-2011 01:19
# Ligazón permanente a este artigo
Representantes do Breamo no Tíralle da Lingua 2011

Santiago, 28 de abril de 2011

Este foi o segundo ano que houbo representación do Breamo no Tíralle da Lingua en Santiago!!!

Grazas aos seis por participardes!!!


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 01. IES Breamo - Publicado o 30-04-2011 01:19
# Ligazón permanente a este artigo
En Santiago

Participantes e animadores e animadoras do Breamo momentos antes de asistir á final da undécima edición do Tíralle da Lingua (28/04/2011).


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 01. IES Breamo - Publicado o 30-04-2011 01:18
# Ligazón permanente a este artigo
Final do Tíralle da Lingua 2011 en Santiago

Pois si, máis un ano a AS-PG puxo en marcha a festa da oralidade en Santiago e encheu o Teatro Principal de contos, monólogos, diálogos...

E este ano o condutor da gala do Tíralle da Lingua foi o noso querido Pedro Brandariz!!!


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 01. IES Breamo - Publicado o 30-04-2011 01:16
# Ligazón permanente a este artigo
Final do Tíralle da lingua 2011 no Breamo

Participantes no certame Tíralle da Lingua no Breamo (14/04/2011)



Tivemos a primeira fase do Tíralle da Lingua no centro a semana previa ás vacacións e xa temos quen represente o Breamo este xoves en Santiago.

PARABÉNS ÁS GAÑADORAS E ACCÉSITS!!! E grazas a tod@s por participar e facer posible que realicemos este certame no centro por segundo ano consecutivo e ademais poidamos sumarnos á festa da narración oral en Santiago!!!




Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 01. IES Breamo - Publicado o 26-04-2011 22:16
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0