AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

Por que As Gabarras?
Por que lle chamamos así a este blog? Porque ese era o nome do lugar onde está edificado o noso instituto e porque lles queremos ás palabras e non podemos deixar de quererlles aos nomes propios dos lugares (topónimos), mesmo aos dos máis pequenos (microtopónimos), pois en cada nome de lugar vive a historia de centos de persoas que pasaron por el e que o nomearon.

As gabarras son embarcacións de construción sólida, pequenas e de fondo chato, destinadas á carga e descarga nos portos e tamén ao transporte de mercadorías pola costa.

Queremos usar este vehículo na rede para compartir convosco as nosas inquedanzas e ilusións polo futuro da lingua.


http://www.blogoteca.com/asgabarras/
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet