Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo |
|
 |
|

|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Maxicamente vello. Roi Casal |
|
A FALA
O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pesar máis profundo.
O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o murmurio do vento,
a palabra de amor.
O idioma é o tempo,
é a voz dos avós
e ese breve ronsel
que deixaremos nós.
O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.
O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.
O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
¡Se perdemos a fala
non seremos ninguén!
O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.
Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer.
¡Precisamos a lingua
se queremos vencer!
Poema de Manuel María (2001) musicado por Roi Casal baixo o título "Maxicamente vello", o mesmo nome que lle deu ao seu segundo disco en solitario.
Tamén podemos escoitalo en Son de Poetas.
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|