AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

Que non che mintan, princesa



Igualdade Coruña é o blog do Concello da Coruña para as políticas de igualdade.

Citamos aquí este espazo web porque recolle todos os aspectos da campaña Que non che mintan, princesa, que a Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá do Concello da Coruña puxo en marcha este ano con motivo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero.

É certo que non só con campañas publicitarias se soluciona un problema tan grave e enraizado na nosa sociedade como o da violencia machista, pero as campañas seguen sendo necesarias e esta é unha campaña diferente.

Vai dirixida ás nenas e adolescentes de hoxe e ás nenas e adolescentes de onte. Porque todas podemos ser vítimas, pero o final do conto podemos escollelo nós.

Unha das actuacións desta campaña foi a exhibición nos buses urbanos do seguinte vídeo:



Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 05. Sitios Web - Publicado o 15-12-2010 21:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet