AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

Camiño de rosas


O camiño cara á normalización do galego inaugurado no século XVIII polo ilustrado Frei Martiño Sarmiento nunca contou co apoio dos poderosos. A nosa lingua sobreviviu longos séculos sen o apoio de reis nin de ministros e tivo que agardar a chegada da democracia no século XX para ser recoñecida polo Estatuto de Autonomía de Galicia no seu Título Preliminar como a única lingua propia de Galicia e como lingua oficial xunto co castelán. E aínda así trátase dunha cooficialidade asimétrica, pois ningún galego ten a obriga de coñecer o galego, mentres si ten a obriga de coñecer o castelán.

Amparada por esta desigualdade xurídica entre o galego e o castelán en Galicia, a reacción antigalego desprega a retórica das liberdades individuais dos falantes da lingua hexemónica para blindar os seus privilexios monolingües. Onde queda, pois, a liberdade lingüística dos galegofalantes? Acaso no "dereito" a cambiar de lingua e culminar o proceso de substitución lingüística do galego polo castelán?

Por razóns así traballan as diversas plataformas cidadás na reivindicación da igualdade legal e efectiva das dúas linguas oficiais de Galicia.

E tamén por razóns así traballamos no proceso de normalización do galego desde os Equipos nos centros de ensino, tal como establece a lexislación vixente, e, aínda que sabemos que o camiño que conduce á recuperación do galego non é un camiño de rosas, faremos todo o posible por facelo co entusiasmo que proporcionan as causas xustas.


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 13. A cidadanía na defensa do galego - Publicado o 22-10-2010 08:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet