Neste vídeo explícase o que é o proxecto Carvalho. Un proxecto de tradución automática gratuíto e en liña entre o inglés e o galego encadrado dentro da plataforma de servizos de tradución automática Opentrad.
Tradución automática, código aberto e sustentábel son os tres eixos do Proxecto Carvalho (nome tomado de Ricardo Carvalho Calero, como homenaxe no centenario do seu nacemento, e da árbore máis emblemática dos nosos montes, o carballo).
A proposta está ideada por Imaxin-Software, quen, baseándose nunha nova liña de investigación, partiu dun método estatístico. Esta innovadora metodoloxía, que é a que actualmente utiliza o tradutor de google, parte de relacións estátiscas de aliñamento entre palabras concorrentes nos corpus lingüísticos de galego e inglés. Porén, como no galego non existen aínda este tipo de corpus, a metodoloxía levou a Imaxin a utilizar textos e termos do portugués para alimentar o sistema e adaptalos, despois, á normativa galega actual.
Así, como explica Diego Vázquez, director da área de I+D de Imaxin-Software, ?grazas á lusofonía o galego pode acceder a ferramentas lingüístico-informáticas que, doutro xeito, serían inviábeis?. ?Tiramos dos textos en portugués que forman parte dos fondos europeos?, explica Vázquez, quen apunta que se ben ?a calidade da tradución é moi boa? son necesarios textos de temáticas diferentes para facer un corpus máis potente.
Dende Imaxin amósanse moi satisfeitos do resultado desta iniciativa, que ofrece un tradutor gratuíto e en liña entre a nosa lingua e o inglés, algo até o de agora impensábel.