AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

OS HITS DUNHA DÉCADA
Por fin se realizaron as votacións e podemos facer públicos os temas favoritos da música galega desta última década, a primeira do século XXI, para a rapazada do Breamo.

Encabezan a lista temas dance e hip-hop, mais nesta escolla podedes comprobar que houbo espazo para unha gran variedade de estilos musicais.

Constatamos ademais que a maioría das seleccionadas son cancións destes últimos catro anos, polo que podemos dicir que a nova música galega vén petando forte, aínda que a radio e a televisión lle pechen as portas, e conecta á perfección coas novas xeracións, o que supón unha moi boa noticia para a música emerxente do noso país e, por suposto, para a nosa lingua.

Grazas desde aquí a todo o mundo polas suxestións achegadas a través dos comentarios e a viva voz e grazas tamén a todos e todas por participardes nas votacións.


E OS PRIMEIROS NOS CORAZÓNS DO BREAMO SON:

1. A festa non vai parar de Dj Son1c (2008)

2. GZ vs Sementar Sementarei de Sonico dB feat. Fredo (2002)

3. Apagha a tele de Dios Ke Te Crew (2006)

4. Pardeconde de Gran Purismo (2007)

5. Herdeiros da ditadura de Dios Ke Te Crew (2006)

E SÉGUENOS PISANDO FORTE:

6. Escola hip-hop de Puto Coque e Wöyza (2007)
7. Ninguén de Dios Ke Te Crew e Quempallou (2007)
8. Galicia es una mierda de Ataque Escampe (2008)
9. O merengue do porquiño de Joselito (2009)
10. Deitado frente ao mar de Dios Ke Te Crew (2006)
11. Bilingüismo Harmónico de Leo i Arremecághona! (2007)
12. Canto de serea de Magín Blanco e Burgas Beat (2008)
13. Os animais de Luar na Lubre (2007)
14. Por verte sorrir de Hugo Torreiro (2009)
15. Rock and Roll de Ruxe Ruxe (2008)
16. Quedamos nesa praza de Som do Galpóm (2009)
17. Camiños de Lamatumbá (2008)
18. Era un airiño soave por Kedro & Dj Kiko (2008)
19. As cores do solpor de Loretta Martin (2006)
20. Ninfa das frescas augas de Roi Casal (2008)


Deixa o teu comentario (3) - Categoría: 00. Gabarra de Música - Publicado o 18-06-2010 19:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Moitas grazas por compartir tantas actividades e recursos. Gustamos moito desta selecció#blgtk08#n musiqueira e completou a nosa amplamente. Moitos beixos dende Ourense. Boas vacacións!
Comentario por colegas das palabras (28-06-2010 13:04)
2 Grazas polo correo, gustáronme moito tanto a idea como a selección resultante. Mañá publicarei#blgtk08# na Profa unha reseña deste post que seguro que lle interesa a máis xente. Parabéns e saúdos.
Comentario por A profa (09-09-2010 12:09)
3 Moitos beixos dende Ou#blgtk08#rense. Boas vacacións!
Comentario por acupuncture infertility miami (31-05-2011 09:19)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0