AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

Nace Meubook, o portal galego dos lectores, editores e librarías
A posta en contacto de autores, lectores, libreiros e editores será o obxectivo de Meubook, unha plataforma dixital que comezará a funcionar en xullo. Un catálogo en liña, a impresión baixo demanda e mesmo unha rede social na que interactuarán todas as pezas deste universo dixital serán algúns dos servizos que ofertará este portal de internet nacido en Galicia.

“Buscamos poñer en valor os contidos dixitais que moitas veces non están á disposición dos usuarios”, explicaba onte na presentación en Santiago do proxecto o conselleiro delegado de Meubook, Jacobo Bermejo. Ao acto tamén asistiron o director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López, o director da editorial Espiral Maior, Miguel Anxo Fernán Vello; o presidente do Clúster do Produto Gráfico e do Libro Galego, Carlos del Pulgar; o director de Gradiant, Fernando Pérez; a community manager de Algueirada, Tati Mancebo, e o director de Meubook, Fernando Jiménez.



Para os lectores, Meubook ofrecerá a posibilidade de acceder a un catálogo de produtos en liña, en formato físico e dixital, e servizos de consulta e descarga de arquivos. Tamén porá a disposición dos particulares ferramentas para singularizar contidos e adoptar o papel de ser eles mesmos os seus propios autores. Poderanse enviar fotografías por correo electrónico que se converterán en caricaturas integradas dentro de contos personalizados.

TERCEIRA REVOLUCIÓN

“Trala aparición da lingua escrita e da imprenta, a posta en marcha da galaxia dixital é a terceira gran revolución, o futuro xa está aquí”, apuntaba o editor Fernán Vello. O director de Espiral Maior destacou dúas das facetas de Meubook: “O encontro creativo e a súa gran capacidade empresarial de oferta de novos contidos”.

Para as librarías, Meubook achegará as tendencias do mercado e os gustos do público. Ao mesmo tempo, estas empresas contarán co seu propio espazo na plataforma e xestionarán a venda de facsímiles e produtos personalizados. O proxecto de Meubook está impulsado por varias empresas do Clúster do Produto Gráfico e do Libro Galego, varias institucións e editoras españolas e o seu desenvolvemento técnico corre a cargo da Universidade de Vigo.


Fonte: Imos Indo


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 05. Sitios Web - Publicado o 30-05-2010 22:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet