AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

Toponimia de Galicia

Na nova páxina da Xunta de Galicia sobre toponimia galega, Toponimia de Galicia podemos consultar case 400.000 topónimos facendo uso de técnicas cartográficas avanzadas, SIGPAC o de Google Earth, localizando os nomes dos lugares sobre fotografías aéreas.

Do traballo que se leva feito ata o momento, despréndese que a densidade media é de 36 topónimos por quilómetro cadrado, sendo a máis elevada ata agora en Cangas (182 topónimos por quilómetro cadrado). Por outra banda, o nome que máis se repite, a falta de completar o traballo de campo en todos os concellos de Galicia, é o de A Cortiña, do que xa se levan rexistrados 1.165 casos.

Entra e fai a túa consulta na web Toponimia de Galicia.

Información procedente de: Colegas das palabras


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 08. Onomástica - Publicado o 30-05-2010 22:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet