AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

O novo Proxecto Trasno

Como xa contamos no seu momento, ante o desmantelamento de Mancomún pola Xunta de Feijoo, a comunidade de tradución de sóftware libre decidiu organizarse fóra das institucións, e nesa iniciativa estaba, entre outros, Proxecto Trasno, un dos pioneiros na tradución ao galego de sóftware libre, un grupo de persoas voluntarias que leva 10 anos traballando a prol do sóftware libre en galego ou, o que é o mesmo, a prol do galego no sófware libre.

Foi así como o 17 de outubro de 2009 se creou a Asociación Cultural para a Galeguización de Software Libre Proxecto Trasno entre cuxos obxectivos estaba "A localización de software libre ao galego co fin de que a comunidade galegofalante poida dispor de software libre adaptado ás súas necesidades e requirimentos lingüísticos e culturais."

Agora o Proxecto Trasno vén de presentar o seu novo web, con novas ferramentas e novas maneiras de establecer comunicación cos usuarios e entre os tradutores (foro, perfís en Facebook, Twiter, Latri.ca e en Identi.ca...), para convertir o seu nun proxecto "máis aberto, máis funcional e máis interoperable, con fe anovada no sóftware libre e na forza do traballo colaborativo".

Parabéns, pois, polos logros obtidos e longa vida ao Proxecto Trasno e ao sóftware libre en galego.


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 05. Sitios Web - Publicado o 21-05-2010 19:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet