AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

Craig Patterson e a identidade galega
O galés Craig Patterson é profesor da Universidade de Cardiff e especialista en Otero Pedrayo.

Segundo Patterson a súa terra, Gales, e Galicia teñen moito en común: "Son países europeos que comparten vínculos perennes, cunha base rural común, unha paisaxe non tan distinta e unha cosmovisión máis ben nórdica ou atlántica".

Chegou a España para estudar durante un ano na Universidade de Salamanca e aventurouse alá polo ano 95 a coñecer Galicia. "Alugamos un amigo galés e mais eu un Ford Fiesta e subimos polas terras de León ata chegar a unha Compostela raiolada por un barroco invernizo. Namoreime. E sigo namorado", afirma o profesor galés.

Viviu durante o ano 1996 en Galicia: "Aprendín galego como bolseiro. Cheguei en setembro, e xa en novembro tiña convertido o meu castelán en galego básico e funcional".

Realizou o seu doutoramento en identidade galega traballando sobre a figura de Otero, baixo o título O devalar da idea. Otero Pedrayo e a identidade galega. Ademais do escritor ourensán, Mendez Ferrín, Manolo Rivas e Castelao son outras figuras que Patterson considera fundamentais na contribución á cultura galega.

Na actualidade está traballando na tradución ao inglés de Sempre en Galiza e colabora no xornal Galicia Hoxe.

Visita dúas veces no ano Galicia. "As cidades de Nova York e Santiago de Compostela son dous lugares onde máis quixera botar tempo serio". O profesor entende que Galicia sabe acoller os novos chegados ás súas costas "por herdanza dos ronseis do mar e do camiño de Santiago"..

No referente ao galego como lingua considera que hai que avanzar con pragmatismo e optimismo, sen deixar por iso de facer caso ás cifras alarmantes. O experto en Galicia cre que "hai que ter en conta que o galego sobreviviu a séculos escuros mergullado nun pesimismo pésimo".


Fontes:

Craig Patterson, profesor en Cardiff, presentó su obra sobre Otero Pedrayo, La Voz de Galicia (30/06/2008)

"Aprendín galego como bolseiro")Galicia Hoxe (09/07/2008)


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 10. Novos Falantes - Publicado o 09-05-2010 21:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet