AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

Pásate ao galego! no ferrolán Café da Vaca
A Mocidade da Mesa da comarca ferrolá pon a andar hoxe sábado a iniciativa 'Pásate ao Galego!'. A partir das 18 horas, todas as persoas interesadas teñen unha cita no ferrolán Café da Vaca (Rúa Dores, 34).

Segundo diferentes estudos sociolingüísticos Ferrol e a súa comarca destaca como unha das contornas xeográficas máis desgaleguizadas, sinaladamente entre a poboación menor de 25 anos. Así, segundo a Enquisa de Condicións de Vida das Familias Galegas, só no 3'93% dos fogares ferroláns o galego é lingua habitual.

A Mocidade pola Normalización Lingüística da comarca ferrolá está composto por mozas/os que perciben como unha das grandes eivas ás que se enfronta a xente nova que desexaría mudar para o galego é a ausencia de espazos onde a lingua propia do país sexa a vehicular.

Intentando remover este atranco, o colectivo xuvenil da Mesa en Ferrol inicia este sábado 1 de maio a partir das 18 horas a iniciativa 'Pásate ao Galego'!, en parte tomada das exitosas 'Conversas Galegas' que desde hai xa meses se desenvolven na cidade da Coruña.

A idea básica da iniciativa é a de se xuntaren, en principio cada sábado á tarde, un grupo de persoas para conversaren sobre os temas máis variados, segundo a súa propia elección, coa condición de que o idioma a empregar sexa na medida do posíbel o galego.


Fonte: A Mesa pola Normalización Lingüística
Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 10. Novos Falantes - Publicado o 01-05-2010 14:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet