AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

Catapalabras

A Asociación Sociopedagóxica Galega (AS-PG) amplia a súa oferta de xogos educativos na rede co Catapalabras, un xogo no que poden participar de dous a catro xogadores e que consiste basicamente en que cada quen escriba palabras que encaixen en certas categorías elixidas ao azar (froitas, animais etc.) e que comecen por unha letra determinada obtida tamén aleatoriamente a través dun dado de 20 caras.

O obxectivo é conseguir a puntuación máis elevada posible, que dependerá da cantidade de palabras correctas que se escriban e do número de persoas que escriban a mesma palabra, xa que as palabras repetidas non puntúan.

Este xogo vense sumar ao Trivial, ao Letrad@s e ao xogo da Curuxa, todos eles cun alto índice de aceptación e participación, e pretende contribuír a galeguización dun espazo vital, o do lecer e o xogo, que na actualidade sofre unha importante carencia de posibilidades pensadas desde Galiza

Podes ver aquí toda a información sobre o xogo, as características e normas


Fonte: AS-PG


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 05. Sitios Web - Publicado o 30-04-2010 10:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet