AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

O castelán é o idioma hexemónico nas principais cidades costeiras do país
Datos do Instituto Galego de Estatística

O último informe do Instituto Galego de Estatística constata que a punta de lanza do proceso de desgaleguización segue a estar nas áreas urbanas, en especial en Ferrol, Vigo e A Coruña.

No municipio de Vigo, un 3,96% das familias declara falar sempre en galego fronte a un 24,87% que afirman empregar exclusivamente o castelán. Na Coruña, a porcentaxe a prol do galego é dun 5,34% fronte a un 19,47% de familias que empregan sempre o castelán.

Unha cidades onde se nota unha fenda máis profunda é na de Ferrol. Fronte ao 28,93% dos fogares que se declaran só castelánfalantes contrasta o 3,93 dos que se expresan sempre na lingua do país. As diferenzas tamén son moi palpábeis en Pontevedra cun 24,65% (castelán) fronte a un 6,74 (galego).

As cidades cunha situación máis equilibrada son as tres restantes. Así en Compostela a porcentaxe de familias que afirman empregar sempre o galego é dun 10,62% fronte a un 6,87 que din expresarse só en castelán. En Ourense a porcentaxe de familias galegofalantes é lixeiramente superior ás que só falan castelán, 13,59% fronte a un 13,53%. E no municipio de Lugo os resultados son de 10,45% (galego) e 11,96% (castelán).


Podes ver aquí o informe completo do IGE

Fonte: Vieiros (18/04/2010)


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 16. Sociolingüística - Publicado o 18-04-2010 18:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet