AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

Falar galego na Coruña


Xa sabemos que na Coruña sempre houbo e aínda hai moitísima xente galego falante, mais tamén sabemos que moitas e moitos deses falantes non llelo falaron aos seus fillos e fillas, así que cada vez hai máis xente nova que non fala galego nunca e ten mesmo dificultades para expresarse en galego con xeito... Pero que non o falen, non sempre quere dicir que non queiran falalo e, como mostra, aquí temos o caso duns mozos coruñeses que ante a falta de espazos galegófonos na cidade, decidiron montar o seu propio espazo para poder lanzarse máis doadamente a falar en galego.

Trátase das Conversas no Matthew's, unhas xuntanzas semanais que teñen lugar as tardes dos sábados no bar irlandés Matthew's e nas que se pode falar de calquera tema coa única premisa de que sexa en galego.

Xa levan un ano "normalizando entre música e unhas cervexas" (Xornal, 19/04/2009), e compartindo felizmente a súa andaina na rede no blog Conversas no Matthew's, así que lles enviamos os nosos parabéns!

E, seguindo na cidade de cristal, podemos facer a continuación un percorrido pola Coruña que fala galego da man de Isabel Risco para EuFalo.TV:



Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 15. Reflexións sobre a lingua - Publicado o 18-04-2010 18:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet