Recomendado por Xoana, chega por fin ás Gabarras o "Bilingüismo Harmónico" do sen par
Leo i Arremecághona!, unha adaptación do "Should I Stay Or Should I Go" de The Clash. Mágoa que neste vídeo hai demasiadas interferencias...
A verdade é que tardamos en subilo ao blog porque non sabiamos se encaixaba mellor nesta sección de música, na de humor ou na de reflexión sobre a lingua, pois en realidade encaixa á perfección nos tres apartados, así que será mellor escoitarmos esta canción á vez que reflexionamos sobre a lingua e, como nos di a propia Xoana, botando unhas risas: